ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

subliñados de FÓRA DE SI (Suso de Toro, Xerais)

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA,CRÓNICA DA CRÍTICA,CRÍTICA DE ACTUALIDADE — 29 Marzo 2018 @ 6:15 p.m.

 

Sigue así como estás agora, así como un pasmón, a ollar pola xanela o ceo. Que ollas? As nubes pasar? (19).

…………………………………….

Non me digas que tes visitas, quen te vai visitar a ti se non hai quen te queira. Eu, desde logo, non (20).

……………………………………..

Descubrín que se non tes medo a morreres podes resucitar (35).

……………………………………..

Tamén eu che veño aquí botar a miña merda. Porque moita da miña merda tamén é túa, meu pai. Padre (41).

………………………………………

-(…)Eu penso que empeorou moito desde ese caso da rapaza que se lle foi (47).

……………………………………….

E morreu perfecto dunha hemorraxia masiva perfecta cando conducía da casa para o hospital (53).

………………………………………..

O que non es quen de imaxinar é a gana que eu tiña de fracasar(54).

………………………………………….

Hai que librarse da vida que nos impoñen e inventar unha de noso (54).

……………………………………………

Unha pena, xa che digo, este teu fillo andou feito unha calamidade, dando mágoa por aí. E o peor é que non me importa nada (57).

……………………………………………

Non sei se podes imaxinar (91).

……………………………………………

Alí estaba a foto dentro do aparador da louza antiga de Sargadelos da familia (97).

……………………………………………

Xa, xa sei o que me habías dicir se falases. Non olles para min, claro que o sei, seino (113).

……………………………………………

Teño vergoña da miña vida, daríame vergoña dicirlle quen son eu (114).

……………………………………………

E nese momento caeu sobre min toda a vergoña do mundo, non tiña máis remedio que aceptar que eu actuara como un rapaz (127).

………………………………………………

Agora é cando son eu, antes non era ninguén, unha sombra túa. Agora, aínda que me vexas así, son alguén. Eu (128).

………………………………………………

E podería cambiar de nome? Ser outro? É posíbel iso? (129).

……………………………………………….

A miña vida foron rutinas (133).

……………………………………………….

A perspectiva de regresar á cidade, aos restos da miña vida anterior, era o que me desacougaba (135).

……………………………………………….

Nunca me ocorrera e vaime ocorrer agora na miña idade. Con ela non me sinto vello, síntome un home (158).

………………………………………………..

Non sei por que cho estou a contar. Cóntocho porque non me escoitas, non escoitas o que che digo (158-159).

………………………………………………..

-Xa che dixen que estaba fóra de min. Agora, non; xa pasou. Volvo a min, doutra maneira. Estou aliviado (171).

…………………………………………………

Non teño nada por detrás de min, só teño a vida aberta por diante (187).

………………………………………………….

Non pode ser que toda a miña vida fose un malentendido (192).

…………………………………………………..

-Entón vostede é o meu home. Eu non marcho a ningures, fico aquí con vostede (198).

 

Non hai comentarios »

No comments yet.

RSS feed for comments on this post. TrackBack URI

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

(required)

(required)