ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Casa Felisa

O aperitivo, no Costa Vella

O xantar, no Casa Felisa, cun menú excsivamente turisticoide, quería comer peixe, a oferta non me seducía moito, calamares, polbo á feira, berberechos ao vapor, robaliza, creo qu enon había nada máis. Pedín a robaliza á grella, non era grande. Estaba ben cociñada e mal presentada, con patacacas cocidas na súa pel, e ensalada sen aliñar. Este tipo de pratos requiren comelos antes de que arrefríen, non te podes parar a pelar nas patacas, a ensalada non debe estar no mesmo prato, como aquí, porque o contacto coa robaliza quéntaa e arrefría a  robaliza, e se a ensalada vai aliñada contamina o sabor do peixe. O gazpacho, de primeiro, non estaba mal, pero foi unha elección desesperada porque non me convencían os segundos. Sobremesa, crema de limón con castañas: rico, pero deberían ser castañas regadas con crema de limón, as castañas seguramente eran dalgunha conserva, non precían de aquí  e da tempada.

Non mirei ben os viños no menú. Se non teñen Sabatelius, pensarei non volver.

Porque fun ó Costa Vella?, pola horta, pola terraza da horta, e pola atención, gústame como me atenden

Porque fun ó Casa Felisa?, polo comedor na terraza da horta, un lugar para xantar tranquilo que está moi ben para manter unha conversa agradábel.

Tanto o Costa Vella como o Casa Felisa, ben poderían mellorara as súas páxinas web facendo que fiuguren tamén en galego, pouco lles ha custar. Saiban que o mellor de ambos é a atención, aténdente nun galego precioso e desenvolven o seu labor con profesionalidade. Son a única razón que me resta para volver por calquera deles, porque lugares onde estar ao abeiro dunha sombra, en Compostela ha abondos. Saiban os señores donos de onde,e como, lles veñen os cartos.