ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

xantar no Rúa

E despois da manifestación iamos ir xantar ao Dezaseis. Mágoa, estaba pechado.

Así que fomos, un chisco máis arriba, na mesma rúa San Pedro, ao Rúa.

Pedimos polbo á feira para comezar. E non era polbo á feira. Era polbo con patacas. Ración escasa. Ben cocido, iso si. As talladas, coma folla de papel. Pero o polbo con patacas é outra cousa, non polbo á feira. Ao botarlle as patacas, sobre todo se o aceite non é de oliva e do bon, córrese o perigo, moi serio, de desvirtuar o sabor do aceite, cousa absolutamente imperdoábel, e que a quí pasou.

pan, ben, saboroso.

Logo eu pedín un revolto de algas, con pementos do piquillo e espárragos trigueiros.Insubstancial, as algas non sabían a mar, non sabían a nada, en contraste cos pementos e os espárragos (un pemento e un espárrago, en cachiños). Ese prato precisa algo máis. Que o revolto o fagan con ovo, meterlle unha pataquiña, uns poucos espaguetes, anacos de pan torrado ( eu decántome ou por iso ou por facelo con ovo )…porque así, tal e como está, o prato non enche, quedas como se non comeras nada.

O xarrete, que o probei, non estaba mal, aínda que un tanto seco a pesar do prebe.

Rematamos cunhas sobre mesas que foron o mellor. A torta de galleta, chocolate e noces é exquisita 

40 e e pico euros, sen beber viño (non teñen Sabatelius, outro día falarei deste viño)