ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

A TÚA HISTORIAArchive for the '' Category

o que custa esquecer

Posted: Mércores, Febreiro 12th, 2014 @ 7:15 p.m. in A TÚA HISTORIA, CARA ADIANTE, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en o que custa esquecer

Roubos, roubos con violencia, estafas, pevaricacións, asasinatos, torturas, abusos sexuais,  incitación á prostitución, tráfico de estupefacientes… O PP é moi dado a conceder o indulto, amparado nunha disposición legal de 1870 e contraria ao código penal vixente, o partido no goberno non dubida en poñer na rúa toda esa ralea de cidadáns exemplares. Digo eu […]

mostra e claves do bebedor de rakia

Posted: Mércores, Xuño 1st, 2011 @ 10:54 a.m. in A TÚA HISTORIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en mostra e claves do bebedor de rakia

Unha vez da xa saíra a crítica de O bebedor de rakia ( Xesús Manuel Marcos) o formigo non paraba. En circunstancias normais, a semana pasada trería seubido aquí unha anotación cos subliñados. Mais a semana pasada foi normal deica o martes. Porén, non resisto a deixar aquí estas dúas mostras. Nelas lense dúas das […]

doerálle a Feixó…?

Posted: Venres, Novembro 5th, 2010 @ 11:35 a.m. in A TÚA HISTORIA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en doerálle a Feixó…?

Nin o Papa pode impedir que cada un de nós realice as escollas que guien a súa vida. Diso só cada un de nós é responsábel. Está claro que non lle importa que Galiza sexa a comunidade europea onde máis sobe o paro A continuación cedo a palabra a Domigo Rodríguez Teijeiro (doutor en Xeografía […]

himno contra un tempo de arrecastados

Posted: Mércores, Setembro 15th, 2010 @ 10:21 a.m. in A TÚA HISTORIA, CARA ADIANTE, LINGUA, MÚSICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en himno contra un tempo de arrecastados

Entroume onte no correo. O primeiro que fixen, nada máis escoitalo, foi dar grazas, abenzoar os autores. Despois, chamei a Ío, en canto veu do cole, para que o escoitara. “Brutal, papá, simplemente brutalmente impresionante”. Hoxe xa o sabe de memoria. E é que este tempo de arrecastados non podía quedar ser un himno que todos poidamos […]

subliñados poderosos

Posted: Mércores, Agosto 4th, 2010 @ 11:08 a.m. in A TÚA HISTORIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en subliñados poderosos

Velaquí os subliñados de Poderosa 2. Recollen, en palabras de Joana Dalvo, a autopoética de Sérgio Klein. E por outra banda os problemas co pronome persoal da versión galega. Os autores (…) din que escriben porque queren ser inmortais, ou facerse famosos, ou gañar unha fortuna, ou conquistar actrices e modelos, ou escorrentar o enfastío, […]

o Inno a la Galizia e os milagres

Posted: Xoves, Xaneiro 7th, 2010 @ 11:26 a.m. in A TÚA HISTORIA, CARA ADIANTE, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en o Inno a la Galizia e os milagres

O 15-2-1931, no número 86 do ano XIII da revista Nós, aparecepublicada esta tradución que Guido Battelli fixo dos versos de Celestino García Romero. O curioso é que esa tradución aparece datada en Coimbra…no mes seguinte ao da súa publicación!!! Logo da anotación de onte, aquela salutación e convite, preñados de verbas que malia o […]

Bon ani-novo, irmaus! (palabras de Vicente Risco, obsequio do Apalpador)

Posted: Mércores, Xaneiro 6th, 2010 @ 11:06 a.m. in A TÚA HISTORIA, CARA ADIANTE, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en Bon ani-novo, irmaus! (palabras de Vicente Risco, obsequio do Apalpador)

Sempre, pro mais que nunca agora; sempre, pro mais que nunca n-iste día e n-esta hora, compre qu´os galeguistas verdadeiros, os que temol-a honra de profesarmos o Ideal galeguista da Irmandades, esteamos alerta. É indispensábele qu´ apuremos toda a nosa fé e toda a forza da nosa vontade pra mantermos enfesto o facho guieiro qu´alcendimos […]

A prensa de Galicia e os libros galegos

Posted: Martes, Xaneiro 5th, 2010 @ 11:47 a.m. in A TÚA HISTORIA, LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en A prensa de Galicia e os libros galegos

No número extraordinario da revista do Centro Galego de Montevideo, de que falamos n´outra banda, aparecesceron unhas verbas de redaizón comentando con xustiza a indiferenza que casi toda a prensa de Galiza demostra pol-os libros galegos que agora estánse pubricando. Son d´unha realidade enorme as verbas citadas e refrexan un exaito conoscemento da custión. Non […]

explicación histórica de GB e o reaccionarismo de Feixó

Posted: Luns, Xaneiro 4th, 2010 @ 12:03 p.m. in A TÚA HISTORIA, CARA ADIANTE, EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en explicación histórica de GB e o reaccionarismo de Feixó

Aínda entre nós, na  Galiza, a xente rise do paisano caricaturizado no teatro, no libro, no dibuxo, na televisión. Coma a xente de fóra de Galiza rise do galego anque non seña paisano en canto aparece no teatro, no libro, no dibuxo ou na televisión. Son dúas aitutús paralelas, de desemellante lonxitude e remanecidas do […]