ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

ACTUALIDADE LITERARIAArchive for the '' Category

crítica de NA CASA DA AVOA (Marta Dacosta, Galaxia)

Posted: Mércores, Outubro 18th, 2017 @ 5:56 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | No Commentss »

CONDICIÓN DE MULLER Tïtulo: Na casa da a avoa Autora: Marta Dacosta Editorial: Galaxia Nun mundo dominado polo sexo masculino, Marta Dacosta no seu último poemario reivindica a voz das mulleres, a súa condiciòn de muller nun mundo onde outra vez o colonialismo soñando seu imperio (31) é herdeira da avoa que  ainda que case […]

subliñados de SOÑO DE INFANCIA (Moncho Rouco, Xerais)

Posted: Xoves, Outubro 12th, 2017 @ 5:39 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | No Commentss »

Mellor comezar polo principio, que hai moito que contar e pouco tempo que perder (15). ………………………………………….. O primeiro ano da miña chagada á Coruña, que seguía alá no lonxe, paseino sorteando como puiden os empurróns, sopapos e, en xeral, abusos leves cada vez máis espazados (25). …………………………………………. Axiña comezaría a ser coñecido entre a miña […]

crítica de SOÑO DE INFANCIA (Moncho Rouco, Xerais)

Posted: Mércores, Outubro 11th, 2017 @ 6:16 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | No Commentss »

AQUELES ANOS Título: Soño de infancia Autor: Moncho Rouco Editorial: Xerais De súpeto, os últimos cincuenta anos mudaron por completo a forma pasar o tempo de lecer. Por se non tiveramos pouco co cine, a radio e televisión, as novas tecnoloxías viñeron mudar por completo o xeito de pasar o tempo xogando. De repente, todos […]

subliñados de A VIRXE DAS AREAS (Antonio Manuel Fraga, Edicións Embora)

Posted: Xoves, Outubro 5th, 2017 @ 8:07 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | No Commentss »

  -Non cabía un alma -dixo a de Teimoi con cara adusta-.Fixácheste na xente que tivo que ficar fóra? (9). …………………………………………………… -Ninguén sabe o que aconteceu. Está consciente, mais coma se non estivese. Nin fala nin ouve… Nin sequera sei se ve! Semella unha morta en vida. Vana trasladar a Santiago. Xa sabe,  a un… […]

crítica de A VIRXE DAS AREAS (Antonio Manuel Fraga, Edicións Embora)

Posted: Mércores, Outubro 4th, 2017 @ 6:28 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | No Commentss »

NOVELA BREVE DUN SECUESTRO Título: A Virxe das Areas Autor: Antonio Manuel Fraga Editorial: Embora Nas proximidades  da ermida da Nosa Señora das Areas, dúas veciñas de Vilar de Sembra atopan a norma Lago, veciña do lugar e que leva anos desaparecida. Desorientada e vestida unicamente cun camisón branco, o seu estado é lamentábel. Tal […]

subliñados de TERRADENTRO (Xosé Benito Reza, Xerais)

Posted: Xoves, Setembro 28th, 2017 @ 5:24 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | No Commentss »

  Pero todo iso desenvolvérase no marco do conflito armado, ou como resultado da ira desenfreada dos vencedores, e non nestes tempos de paz franciscana, que son os anos nos que se desenvolve esta historia (13, salientados do autor). ………………………………………….. O doutor Quiroga plantouse ante nós tan alto e forte como o recordaba dende que […]

crítica de TERRADENTRO (Xosé Benito Reza, Xerais)

Posted: Mércores, Setembro 27th, 2017 @ 6:17 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | No Commentss »

PRETO DA RAIA CON PORTUGAL Título: Terradentro Autor: Xosé Benito Reza Editorial: Xerais Nas últimas décadas, Galiza perde habitantes no rural, e coas xentes vanse as aldeas, e coa desaparición das aldeas esfúmase aquilo que deu vida ás vilas do interior galego. Neste contexto é no que hai que situar a motivación que moveu a […]

subliñados de A VIDA SINXELA DE MARCELO FIRMAMENTO (Vanesa Santiago, Galaxia)

Posted: Xoves, Setembro 21st, 2017 @ 5:26 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | No Commentss »

  As cousas do mar, aprendeu, non se contan na terra (18). …………………………………………… Antonio Rederrota nacera en Muros, na súa mocidade andara á balea, e tras a guerra viñera embarcarse a Sada, xusto  o tempo breve que coincidirá na pesca de baixura co pai de Marcelo (25) …………………………………………… Pois o mar requiría forza, destreza, maña […]

crítica de A VIDA SINXELA DE MARCELO FIRMAMENTO (Vanesa Santiago, Galaxia)

Posted: Mércores, Setembro 20th, 2017 @ 6:17 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | No Commentss »

A ESCRITA DELICADA DE VANESA SANTIAGO Título: A vida sinxela de Marcelo Firmamento Autora: Vanesa Santiago Editorial: Galaxia Xosé Luis Méndez Ferrín, Bernardino Graña, Xohana Torres, María Xosé Queizán ou Carlos Casares son autores que se deron a coñecer desde a colección Illa Nova que a Editorial Galaxia creara para dar a coñecer o labor dos […]

subliñados de ´AIN. O OLLO E A FONTE.( Almudena Otero Villena. Axóuxere)

Posted: Venres, Setembro 15th, 2017 @ 8:17 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | No Commentss »

O desexo é, daquela, forza que arrastra, que carece de obxecto, movemento que expande o universo: deus (17). …………………………….. Caroline Walker Bynum explica  que durante os séculos XII e XIII o corpo asumiu un papel moi relevante na experiencia espiritual (especialmente na feminina) como espazo de encontro coa divindade (19). ………………………………. Se o deus feito […]