ferradura en tránsito

Non tes paradura, neno

Archive for the 'CARA ADIANTE' Category

Unha puta percorre Europa, primeira sesión de lectura

Posted: mércores, xuño 18th, 2008 @ 11:01 am in CARA ADIANTE | No Comments »

Ten 122 páxinas e ando arredor da 80, desta novela de Alberto Lema que publica Galaxia.

Son poucas páxinas, pero dá moito para comentar.

Empecemos polo empece, as 122 páxinas falan dunha novela breve. Pero en canto nos poñamos a ler logo caeremos en que o formato que mellor lle acae é o aquel das 120 páxinas (na chamémoslle segunda versión vendida) que antes eran 90-95 (na primeira versión). Tampouco é que se pretenda anovar neste xénero.

A primeira vez que a lin, aínda inédita, levaba por título Putas asasinas...pero claro ese título xa o utlizara Roberto Bolaño (un perda recente e moi grande das letras en castelán)...

A influencia que máis doadamente se nota é a do cinema, moito. A historia está moi ben secuenciada, polo momento, é o seu valor máis activo. Por certo que non son poucos os filmes con temática semellante, lembro por exemplo A vinganza do anxo (Abel Ferrara) entre...Falando de anxos a primeirísima é O anxo azul daDietrich e Josef von Stemberg...entre moitísimas serie... que o papel de puta foi moi rendíbel na historia do cine, e un dos máis codiciados polas actrices...ten rexistros bastante máis amplos que unha secretaria, amante ou ama de casa...

Obviamente, a temática é pouco orixinal no senso de que está bastante trillada.

Literatura, pouca, moi pouca. Iso si, a quen lle priven as historias vertixinosas, quen queira ler narrativa como se fora ao cinema...a eses lectores agradaralles.

Narrativa de consumo. Ou de desconxestión, tamén lle chamo así. Un tampouco pode estar toda a vida lendo a Dostoievski ou a Otero Pedraio. Despois de ler cousas como esta... Ferrín, Cunqueiro (por citar dous clásicos, só) recuperan e refirman a súa valía.

Entendo que Galaxia a publique, por razóns extraliterarias, poñéndome na pel do editor que non quere perder nin un só lector potencial... Só así, mesmo a sabendas de que esa decisión pode rematar por volverse contra un.

Xogar no mercado con títulos así é lícito, pero entón ábrase unha colección que identifique estes textos, que non confunda ao lector, nin ao de literatura popular nin ao de "alta literatura"

Chuzame! chuzame -

A defensa dos nosos inxenios no XVIII

Posted: domingo, maio 25th, 2008 @ 11:57 am in CARA ADIANTE, Sen clasificar | No Comments »

Orixen da palabra aldraxa "Porco galego".- Os que chasquean aos galegos co-a esispresión de <Porco galego> descoñecen o seu significado. <Porco galego> é unha loubanza dos alimentos regalados da Galiza que quer dicir; o pernil bo ha ser sempre de Galiza. Este xeito de falar empregábase xa decote no tempo de Varrón.v.g. Palma egiptia, ostrea tarentina etc.  Fica imprentado que pol-os anos 900 corrían pola Hespaña as as seguintes esipresións: Mel da Galiza; Scanda de Asturias;tríticum de Campos; Mulus de Hispalis, Caballus de Hispalis. Sería chasquear a un sevillano por expo. en ves de  <mulus hispalis> o decir <macho sevillano>? Non por certo porque a verba macho en aquel senso o mesmo que de Porco na frase <Porco galego> son substantivos e <sevillano> e <galego> adxetivos.

É de creer que non fose crsitián senón mouro, o que trocou os frenos â esipresión de <Porco galego>; porque como o substantivo porco non  é do gosto dos mouros ainda hachan violento o pronuncialo como adxectivo e así pregan perdón ante os seus por nomeal-o

Orixen do outro aldraxe de "Galego con perdón".- A isto segue outro dito de <Galego con perdón> trocándoo co que se acostuma decir cando se nomea o animal Porco, pois pídese perdón para decil-o. Os cristiáns  piden perdón por semellar cultos. Os mouros pola xenreira que teñen ao Porco, non-o nomean e piden cen perdóns cando o fan. Os Románs, nonpediron perdón a ninguén para decir porcus, nin Sus , nin Porcellus. Logo estes perdóns empregábanos os mouros entre si e a estes veñen imitar os que sin fixarse aldraxaban ôs galegos co-a frase de <Galegos con perdón>

( Nota sinéditas de Frei Martín Sarmento extractadas dos seus papeis manuscritos no Arquivo da Universidade Galega)

A Nosa Terra, número 255, 1º de Nadal de 1928

(si, si, está moi ben saber todo isto de desmitificar explicando aldraxes. Pero a xente cando che dá unha <bonita hostia> sabe perfectamente o singficado que lle está dando tanto a bonita como a hostia. o que non podemos facer é resignarnos a poñer, cultisimamente, a outra meixela)

Chuzame! chuzame -

reflexións despois da manifestación en Compostela

Posted: domingo, maio 18th, 2008 @ 7:01 pm in CARA ADIANTE | No Comments »

O día estivo de cans, non convidaba nada.

Houbo sabotadores, xa podían quedar na casa.

As manifestacións que rematan na Quintana menten. É difícil entrar, axente agólpase e moitos desisten. Por riba, maniféstase sempre máis xente que a que se mete na Quintana, pero miden pola que entra.

Na Quintana había un palco, cutre, para os oradores.

Vin moita xente, moitos irmáns. Eu nas manifestacións, falo pouco, berro pouco, enchóupome das caras dos camaradas, é a miña maneira de caragar baterías.

Ío foi tamén. Preguntoume un días antes por qué tiñamos que ir manifestarnos.

-Hai xente que quere que non teñamos dereitos sobre a nosa lingua, por exemplo: que ti non teñas dereito a estudar en galego

-A que hora dixeches que hai que saír para alá.

Ah, e onde estarían os bilingües eses (as serpes tamén son bilingues) que din que eles non nos queren mal? Se algunha vez cumpro eu  porque o castelán teña problemas (como os do galego), que conten comigo. Eu son así e odio a hipocresía, as linguas bífidas.

De seguro, os fillos dos bilingües-bífidos, habían andar por aí chiquilicuatreando esa babosidade esperperpéntica eurovisiva. Ío foi cantando as cancións de Zënzar, de Ruxe-Ruxe, e de Lamatumbá.

Agora, recén chegados, en canto remate de escribir isto, buscareinos, a Darío, a Ro, necesito fundirme con eles nunha aperta grande. Porque me acompañaron. Porque estiveron comigo. E nesa aperta conatareivos a todos os que estivestes na manifestacións, os que coñezo e saudei, os que coñezo e non puiden saudar, os que non coñezo.

E logo da aperta seguirei soñando coa manifestación que lle debemos á lingua que nos une. Unha manifestación para a que se foi creando ambiente nos meses antes, un ambiente que se note na rúa ( máis alá dos medios de comunicación ). Unha manifestación que non sexa só unha manifestación. Que nos dea aos manifestantes a oportunidade de convivir sequera unhas horas entre nós. Imaxinan unha manifestación, poñamos só de 15.000 persoas (un número pequeno), e unha organización pedindo presupostos para comeren 15.ooo persoas, atendidos en galego, claro? Ningunha camapaña da Xunta (por certo, non vin a ninguén da Xunta) sería tan efectiva.

Chuzame! chuzame -

liber a te en Compostela

Posted: domingo, maio 18th, 2008 @ 12:59 am in CARA ADIANTE | No Comments »

se non empezaches a morrer.

se aínda o sangue das túas veas ten memoria.

loita polo futuro,

polo dos teus meus fillos, polo teu noso,

polo dos fillos dos ladróns que nos queren roubar a lingua,

polo dos fillos ós que lles roubaron a memoria,

se non empezaches a morrer.

(onte foi o Día das Letras, hoxe é o Día da Lingua, aproveita e liber a te )

Chuzame! chuzame -

poesía contra a ignorancia

Posted: sábado, maio 17th, 2008 @ 6:37 pm in CARA ADIANTE | No Comments »

DEITADO FRENTE Ó MAR...

Lingua proletaria do meu pobo
eu faloa porque si, porque me gusta
porque me peta e quero e dame a gana
porque me sae de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ó ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces
que ó pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
fala-la fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da linguaxe,
remo e arado, proa e rella sempre.

Eu faloa porque si, porque me gusta
e quero estar cos meus, coa xente que sufren longo
unha historia contada noutra lingua.

Non falo prós soberbios,
non falo prós ruíns e poderosos,
non falo prós finchados,
non falo prós estupidos,
non falo prós valeiros,
que falo prós que aguantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
prós que súan e choran
un pranto cotián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas de
tódolos que sufren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ó mar, ise camiño...

Chuzame! chuzame -

día das letras, emoción+reflexión

Posted: sábado, maio 17th, 2008 @ 2:32 am in CARA ADIANTE | No Comments »

17, MAIO, FESTA MAIOR NA MIÑA CASA E NA DOS DE MEU. EMOCIÓN

Haber, hai outros que hoxe rabean, comen en amargo, que non lles é o día do santopatrónparroquial.

Hoxe, non, achéganse pola porta de atrás e entran de arrimado, medio de estraperlo, coa mirada torta e baixa, remoendo por dentro aquelas ocasións en que chega triunfante coche novo de importación, traxe impecábel El Corte Inglés, zapatito castellano ou náutico se é pola calor, gravata e pasador, situándose en por riba e demostrándoo, tamén coa lingua que lles roubaron aos fillos e na que mamaron.

Hoxe son políticos tamén arrímicos e de arítmicos. Políticos de barrio, nin a decimonónicos chegan. Son o atraso, a non evolución.

A nai déixaos entrar, faltaría máis, que tamén os pariu e teñen derito á vida. Por dentro algo revólveselle, así e todo, é consciente

Antes vendían donus, abrían cafeterías, representaban seguros, pillaban algunha concesión de venda de automóbiles, algunha representación de algo, algunha distribución lucrativa, cousas así de "creativas".

Un día, o caique local, ofreceulles a bicoca, cartos a esgalla sen pestanexar, obedecede e seredes recompensados, non discutir, nunca pensar, sempre procurar a perpetuación do actual estado de cousas...

Cráfete, nin que falara un santo, máis razón non tería, mira que maneira de bendicir a renuncia ás raíces...xa non era só por aparentar na cafetería, coas coleguis, cos pendangos de barra americana e guiqui garrafónico...

Agora, para aparentar ten que falar galego...o galego que lles prohibiu aos fillos, que non foron paridos de coma min, que va, deberon nacer dun cruzamento lacostenike con chanelvuitton...

Teñen ese conflito, volver ao galego representa para eles a negación da súa evolución.

Evolución?

Con políticos que só saben pelar patacas?

Con políticos que fan un pozo e non lle saben sacar a auga?

Con mentalidades medievais a onde imos? Porque a súa é mentalidade medieval, de hai mil anos.

Lémbroos hoxe.

Hoxe é festa da fidelidade, de compromiso coa terra e con todos os que fixeron posíbel que hoxe pensemos por nós,

que teñamos unha visión propia do mundo,

que sexamos modernos, que nin Bush sexa quen de presumir diante de nós

porque somos o reino máis vello de occidente na época cristiá

e levamos no nome de galegos o caracter da resistencia na historia

e eles o de vendedores sen escrúpulos (jan kees)

Con todos eles e entre eses todos eles están os pais, avós, trasavós desta panda de esquirois separatistas, con todos eles me sinto irmán e sento nesta mesa da lingua, e a todos miro con amor e un sorriso camarada...

Cando alguén me fala galego síntoo meu irmán, teño esa proximidade, mesmo se eles queren eu aceptareinos.

Eu, a quen lle queren negar o dereito a vivir como naceu, en galego.

Eles entraron coa cabeza gacha e a mirada torta, non hai amor nos seus corazóns, son así de pobres...

17 DE MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS, REFLEXIÓN:

E van os concellos galegos e apúntanse á moda de organizar/subsidiar eventos deportivos populares...

17 DE MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS, EMOCIÓN + REFLEXIÓNMañá é 18, todos a Compostela.

Todos en  Liber acción 

Chuzame! chuzame -

liber acción

Posted: venres, maio 16th, 2008 @ 10:17 am in CARA ADIANTE | 2 Comments »

Domingo. Polo dereito a vivirmos en galego.

E pídoche que non faltes; ti, non, porque es importante.

E máis importante aínda cando loitas.

Leva pacartas, leva cartaz, berra,

libérate, leva alegría,

liber a te, leva alegría.

O neno que non ten paradura levará, liber a te, un libro para ti.

O neno que non ten paradura pídevos a todos que vos liberedes.

Levade un libro para alguén.

Para calquera, porque calquera será especial, sempre é especial quen loita.

Leva un libro para un/unha camarada.

Leva un libro. Se ves alguén que tamén leva un libro, intercámbiao con el.

Será unha bonita experiencia.

Pásao.

Chuzame! chuzame -

blogueir@s pola lingua

Posted: xoves, maio 15th, 2008 @ 9:48 pm in CARA ADIANTE | No Comments »

por suposto, o neno que non ten paradura xa se adheriu

ti, non faltes, es importante.

Chuzame! chuzame -

como coñecín a Sulema

Posted: venres, maio 9th, 2008 @ 2:08 am in CARA ADIANTE | No Comments »

Hoxe síntome ben, un Balzac, rematei esta liña.

Pero almorcei mal, e xa non dou lembrado a quen copiei o texto anteior. Un dos textos canónicos da Literatura Mínima, das hiperbrevidades.

Querédelo adiviñar?, tampouco é tan difícil...

(ah, Literatura Mínima, Sulema, todo, todo vai a fío, rego de auga, así que vos deixo, aí á marxe, catro páxinas explicando como coñecín a Sulema, e haberá máis)

ACTUALIAZACIÓN

Pídeme Sulema, que dea algunha pista, aínda que non é difícl, e vou facelo:

- o escritor xa morreu, e hai poucos anos (aquí van tres pistas)

-non galego

-andou por Galiza na década dos noventa, lembro

-ten apelido galego

Chuzame! chuzame -

reality literario

Posted: domingo, maio 4th, 2008 @ 1:41 pm in ACTUALIDADE LITERARIA, CARA ADIANTE | No Comments »

Teño dito moitas veces que, se se queren buscar cousas novas no mundo da literatura, hai que mirar máis alá de Europa. Certamente distamos moito das prácticas culturais europeas, moito, tantos séculos de inquisición mesmo nas ideas resultaron neste estado. A inquisición das ideas non cesou, o PP e en boa medida o PSOE, seguen actualizándoa, vai máis alá do pensamento único famoso. É tarefa urxente europeizarnos culturalmente,  pero para iso temos que entender a palabra cultura coa riqueza coa que se entende en Europa, non como sucedáneo ou alternativa ao lecer, senón como alternativa lúdica e formativa, atopar o ludismo na mesma formación e á inversa.

Porén, para nós, máis interese ten o que pasa na América descolonizada. Teño que repetirme, pois repito. Por exemplo, é interesante ver todo o relativo á toma de conciencia nacional, que se está tendo  lugar agora (tendemos a pensar, na Europa, que é algo feito, pero o único feito é a consecución da capacidade de decidiren por si mesmos). E a importancia que a cultura, e en particular a literatura, teñen no proceso.

Hoxe, necesito escribir isto, á vista do coñecemento desta noticia.

Por suposto, a liberdade-posibilidade para integrar audiovisualmente é tamén posíbe

Acceso ao desenvolvemento da experiencia aquí .

A tomar nota.

Chuzame! chuzame -