ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

CRÍTICA DE ACTUALIDADEArchive for the '' Category

crítica de NORTEÁNS (Mar Guerra, Xerais)

Posted: Mércores, Maio 24th, 2017 @ 5:54 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | No Commentss »

NOVELA PREHISTÓRICA Título: Norteáns Autora: Mar Guerra Editorial: Xerais Despois da serie de Xenaro (Xenaro e o misterio da mochila verde, 2008; Xenaro e  a hucha do indiano, 2010; Xenaro e  a negra sombra, 2015; todos eles en Xerais) e a novela Señor Meco (tamén en Xerais), Mar Guerra deixa a colección Merlín para pasarse […]

5 exemplos de BIBLIÓPATAS E FOBÓLOGOS (Emma Pedreira, Galaxia)

Posted: Xoves, Maio 18th, 2017 @ 8:34 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | No Commentss »

Escollidos entre os máis curtos, aí van cinco exemplos do que se pode atopar no libro de Emma Pedreira. SEARCHING Espelliño, espelliño, quen é a máis bela do reino? E Google devolveulle 5.369.014 resultados (19) ……………………………. NECROLÓXICA Dóennos todos os órganos oa facer público o óbito da nosa esdrúxula poeta. De técnica ácrata e única, […]

crítica de BIBLIÓPATAS E FOBÓLOGOS (Emma Pedreira, Galaxia)

Posted: Mércores, Maio 17th, 2017 @ 6:01 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | No Commentss »

OS MISTERIOS DA ESCRITA Título: Bibliópatas e fobólogos Autora: Emma Pedreira Editorial: Galaxia Non os imos descubrir nós, escapa ás nosas capacidades, nin sequera dar razón de quen o fixera, pois a súa natureza sempre foi esquiva e nada dada a revelarse en uniformidade de criterio. Cada escritor ou cada lector que sexa inquirido sobre […]

subliñados de A MORTE DO MEU PAI (Afonso Eiré, Hércules Ediciones)

Posted: Xoves, Maio 11th, 2017 @ 8:22 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | No Commentss »

A morte sempre chega sen agardala. Nin o suicidas saben cando vai vir (12). …………………………… (…) e quedan cinco viúvas, os da miña casa, dous vellos, e os da Cruz, que están como están, meus pobres (14). …………………………. A vida é algo sen orde (15). ………………………… É mellor o malo ca o peor (22). ……………………….. […]

crítica de A MORTE DO MEU PAI (Afonso Eiré, Hércules Ediciones)

Posted: Mércores, Maio 10th, 2017 @ 5:33 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | No Commentss »

HOMENAXE AO PAI Título: A morte do meu pai Autor: Afonso Eiré Editorial: Hércules Ediciones A literatura é territorio emocional. Non é este o aspecto máis estudado pola crítica, certamente, que tende a antepoñer o reflexivo sobre o emocional. Porén ambos e dous poden darse ao mesmo tempo, é máis: afirmamos que acontecen paralelalemente a […]

subliñados de BLUES PARA MORAIMA (Miguel Anxo Fernández, Galaxia)

Posted: Luns, Maio 8th, 2017 @ 8:11 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | No Commentss »

Tiñan que saír o pasado día 4, mais un entropezo meu impediuno. Van agora. O cadáver que dispuñan para entrar no crematorio era o meu. Leron ben, o cadáver de quen escribe(9). …………………………. Cría nunha televisión comprometida, idea en absoluto disparatada considerando que, na que eu me desenvolvía, era pública (11). ……………………….. De certo eran […]

crítica de BLUES PARA MORAIMA (Miguel Anxo Fernández, Galaxia)

Posted: Mércores, Maio 3rd, 2017 @ 6:31 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | No Commentss »

THRILLER SOBRE A TRANSICIÓN Título: Blues para Moraima Autor: Miguel Anxo Fernández Editorial: Galaxia Se hai unha época escura, sobre a que se impuxo unha versión oficial e calquera outra interpretación fica arquivada no desprezo, esa é a transición do franquismo á democracia. Un lembra como se propagou aquilo de “ pacífico exemplo para o […]

subliñados de TERRA QUEIMADA (Ramón Caride, Embora)

Posted: Xoves, Abril 27th, 2017 @ 6:24 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | No Commentss »

O Elixio, o Sindo, o Vicente e o Ramón. Os catro son parte da paisaxe da tenda-taberna. Acoden xuntos e son compañeiros de naipes hai anos (13). …………………………….. Os compadres sábeno ben. Ándanlle dando a leria onde máis doe, buscándolle as cóxegas. Como que son vellos, máis ca el; e, coa idade, dálles por criticar. […]

crítica de TERRA QUEIMADA (Ramón Caride, Edicións Embora)

Posted: Mércores, Abril 26th, 2017 @ 6:26 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | No Commentss »

NOVELA BREVE E INTENSA SOBRE OS LUMES Título: Terra queimada Autor: Ramón Caride Editorial: Embora A literatura, por activa ou por pasiva, debe ter sempre como referente a sociedade na que agroma. Neste caso, coa seca que estamos a padecer, que xa fixo aparecer os primeiros lumes, non pode vir máis ao caso a nova […]

subliñados de SACAR A LINGUA É DE MALA EDUCACIÓN ( Manuel Núñez Singala, Galaxia)

Posted: Xoves, Abril 20th, 2017 @ 8:28 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | No Commentss »

Todos os salientados son do autor. Á hora de escoller a lingua en que falarlles poden xurdir dúbidas sobre o que é mellor para eles, que aprendan só unha lingua ou varios idiomas?, ou, no caso de optar por varios, cantos?, cales?, como? (7) ……………………………. Teño observado que algún galegos perciben a lingua como un […]