ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

CRÓNICA DA CRÍTICAArchive for the '' Category

subliñados de A RAÍÑA DAS VELUTINAS (Lionel Rexes, Xerais)

Posted: Xoves, Xaneiro 11th, 2018 @ 9:13 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | No Commentss »

  As dúas hóspedes, vestidas de xeito corporativo coas cazadoras amarradas ao van, detéñense diante o recinto dos parrulos ( 15). ……………………………………………….. Encontrar o espazo para a renque de coches que chegou a Valigato non é doado naquel labirinto en desequilibrio (21). ………………………………………………… Un patio con tarros de plantas secas e algúns ferranchos preceden unhas […]

crítica de A RAÍÑA DAS VELUTINAS (Lionel Rexes, Xerais)

Posted: Mércores, Xaneiro 10th, 2018 @ 7:21 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | No Commentss »

NOVELA BREVE E METAFÓRICA Título: A raíña das velutinas Autor: Lionel Rexes Editorial: Xerais Hai dous tipos de novelas: as que contan un sucedido e as que expanden ese sucedido para que os lectores o interpretemos. A de Lionel Rexes pertence a este segundo tipo. Cómpre dicir tamén que A raíña das velutinas resultou vencedora […]

subliñados de O GRAN REXEITAMENTO/FLORES PARA ALBERT AYLER (Daniel Salgado, Apiario Editora)

Posted: Xoves, Xaneiro 4th, 2018 @ 6:30 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | No Commentss »

  sopra o aire do lobo (…) é a verdade en marcha (…) a inequívoca vontade dos condenados (…) a beleza insite / transita entre estruturas que colapsan (1) ……………………………………………………… como restos de liberación / como cinza sobre as rosas (…) pelexan o mundo ordenado segundo a academia (2) ……………………………………………………….. a nova desorde chama / […]

crítica de O GRAN REXEITAMENTO/FLORES PARA ALBERT AYLER ( Daniel Salgado, Apiario Editora)

Posted: Mércores, Xaneiro 3rd, 2018 @ 6:42 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | No Commentss »

POLOS CONDENADOS Título: O gran rexeitamento / Fores para Albert Ayler Autor: Daniel Salgado Editorial: Apiario Para comezar o ano 2018, un pouco de poesía, que é o mellor alimento para a alma, e moita alma imos necesitar todos e todas para sobrevivilo. Malia extensión do título, O gran rexeitamento / Flores para Albert Ayler […]

subliñados de A ARTE DE TROBAR (Santiago Lopo, Xerais)

Posted: Xoves, Decembro 28th, 2017 @ 6:53 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | No Commentss »

  Naquel momento, a unha  legua deles, un falcón pirenaico deleitábase no cumio do seu penedo favorito con carne de rata ben cebada. A visita á feira dos humanos pagara a pena (17). ……………………………………………….. Nuno e malabarista Máximo formaban parte dunha compañía itinerante de artistas, encabezada por Manrique, un rexo leonés. As tres carretas viaxaban […]

crítica de A ARTE DE TROBAR (Santiago Lopo, Xerais)

Posted: Mércores, Decembro 27th, 2017 @ 6:43 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | No Commentss »

O VALOR DA CULTURA, O VALOR DUNHA NOVELA Título: A arte de trobar Autor: Santiago Lopo Editorial: Xerais Calquera libro ten un valor intrínseco e estimábel en función do que supón para o mantemento e progreso dunha cultura. Mais esta novela de Santiago Lopo fai diso tese e, sen perder un ápice de narratividade, defende […]

subliñados de O XARDINEIRO DOS INGLESES (Marcos Calveiro, Galaxia)

Posted: Xoves, Decembro 21st, 2017 @ 6:56 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | No Commentss »

  O importante non é o que contas, senón como o fas, dicía eu sempre (11). ……………………………….. Eles atopárana de casualidade ao día seguinte da pelexa cos gardas vendendo de novo as súas verzas na paraza da Verdura (43). ………………………………… -O azucre é para os ricos -dicíalle sempre el con solemnidade, coma se aquela fose […]

crítica de O XARDINEIRO DOS INGLESES (Marcos Calveiro, Galaxia)

Posted: Mércores, Decembro 20th, 2017 @ 7:41 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | No Commentss »

ENTRE DÚAS GUERRAS, UNHA BOA NOVELA Título: O xardineiro dos ingleses Autor: Marcos Calveiro Editorial: Galaxia Entre dúas guerras sitúa temporariamente a trama Marcos Calveiro no título que lle valeu o Premio García Barros de 2017: O xardineiro dos ingleses. A I e Guerra Mundial e a Guerra Civil Española. Serven de escenario temporal a […]

subliñados de DEIXE A SÚA MENSAXE DESPOIS DO SINAL (Arantxa Portabales Santomé, Galaxia)

Posted: Xoves, Decembro 14th, 2017 @ 6:51 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | No Commentss »

  Eu era pequena, e a túa maleta enorme. Nela cabían todas as túas cousas. Roupa. Libros. Cedés. Sete anos de vida metidos nunha maleta gris xigante (11). ……………………………………………… Mentir é doado. O complicado é facelo  ben. E a min sempre se me deu mal (17). ………………………………………………. O que non sabe é que as portas […]

crítica de DEIXE A SÚA MENSAXE DESPOIS DO SINAL (Arantxa Portabales Santomé, Galaxia)

Posted: Mércores, Decembro 13th, 2017 @ 6:49 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | No Commentss »

 A VIDA DESPOIS DO PITIDO Título: Deixe a súa mensaxe despois do sinal Autora: Arantxa Portabales Santomé Editorial: Galaxia Catro mulleres, de diferente condición social, deciden contar as súas vidas despois de oír o sinal do contestador automático. Marina, avogada, logo dunha ruptura sentimental, Carmela, xubilada, con cancro e un fillo nunha ONG; Sara, a […]