ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSASArchive for the '' Category

plan de fomento da lectura

Posted: Luns, Setembro 21st, 2015 @ 5:33 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 1 Comment »

No remol do publicado por Brétemas, e como é tema de para min moito interese, quero reflexionar un pouco e facer un par de aclaracións. Observarám que Brétemas titula “Plan do fomento do libro” e é de precisar, en primeiro lugar, que libro e lectura non son o mesmo. Enténdese evidentemente que detrás do fomento […]

filosofía e poesía

Posted: Venres, Xullo 31st, 2015 @ 5:58 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS | Comentarios desactivados en filosofía e poesía

Desde sempre me interesou a relación que se establece entre filosofía e poesía, especialmente desde que a poesía dá en ofrecer contidos fiolosóficos, como adoita suceder nos nosos días (nas últimas décadas sinaladamente, aínda que antes tamén sexa posíbel atopar filosofía na poesía, nunca como nas décadas inmediatamente anteriores foi isto tan perceptíbel). Evidentemente, iso […]

Aprender a ler de forma literaria

Posted: Mércores, Maio 6th, 2015 @ 6:47 p.m. in CARA ADIANTE, CRÓNICA DA CRÍTICA, EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS | Comentarios desactivados en Aprender a ler de forma literaria

Boto man deste artigo e cópiolle o título porque tenche as súas implicacións. “Aprender a ler de forma literaria”, nada menos nin nada máis e con toda a xusta razón. A fin de contas non é tan complicado, apréndese a ler de forma literaria…lendo. Só cómpre iso, ler. É tan sinxelo como iso, ler. Claro […]

que lugar ocupa o libro na túa vida?

Posted: Luns, Abril 20th, 2015 @ 6:29 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS | Comentarios desactivados en que lugar ocupa o libro na túa vida?

As cifras son alarmantes. O ano pasado, en España vendeuse o 10% menos de libros e publicouse un 3% menos.Aínda así é, despois do Reino Unido e Estados Unidos, o terceiro expotador mundial. Aínda así porque en España é moi pouca a xente que le, só len menos en Portugal e Italia. Teñen todos os […]

a música como salvación

Posted: Martes, Xaneiro 20th, 2015 @ 7:23 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, LINGUA, MÚSICA | Comentarios desactivados en a música como salvación

Algunha vez terase que estudar o mal que na mocidade fan as radiofórmulas estilo 40 Principais. Nunca os aturei. Sempe me pareceron o  colmo da bobaliconería. Nin cando era adolescente. E agora, que todas as mañás, na piscina, teño que volver aturalos, éntranme ganas de golsar. Parécenme dun mal gusto absolutamente impresentábel que pervive ao […]

feísmo e idiotez

Posted: Luns, Xaneiro 19th, 2015 @ 7:18 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en feísmo e idiotez

Na actualidade hoxe chégame varias noticias que teñen moito en común: o feísmo ideolóxico. Falo de feísmo ideolóxico porque o PP, a través da Xunta de o seu órgnao comunicante LVG ( ao que tamén se umou a RG nisto do feísmo), pretende reducir o isgnificado da palabra feísmo a ese galpón armado como se […]

o bilingüismo e a harmónica

Posted: Venres, Xaneiro 16th, 2015 @ 1:59 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en o bilingüismo e a harmónica

Un artigo publicado en Galicia Ciencia devolve ao primeiro plano da actualidade a cuestión lingüística. Algúns levamos desde os anos ´70 usando argumentos moi semellantes ao que neste artigo se divulgan, non con tanta precisión, non con precisión científica, porén está máis que demostrado que desde o bilingüismo activo é moito máis sinxelo apreder unha […]

a morte como pasatempo

Posted: Luns, Xaneiro 5th, 2015 @ 1:12 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA, sétima arte | Comentarios desactivados en a morte como pasatempo

A primiera vista, o título desta anotación pode parecer de mal gusto, mesmo exaxerado. Abonda, porén, botar unha ollada ás series de tv. ou filmes para decatarnos de todo o contrario. Velaí estan os CSI, NCIS, BONES, MENTES CRIMINAIS, HOMELAND, THE KILLING, COMO DEFENDER UN ASASINO, FOREVER e un longuísimo etecétera aínda que só nos […]

indignación bibliotecaria

Posted: Sábado, Decembro 6th, 2014 @ 2:28 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en indignación bibliotecaria

Por pura casualidade apareceu diante dos meus ollos o catálogo de novidades para adultos da Biblioteca de Ferrol. E dei en lelo, moi atentamente, a miña curiosidade é inifinita. E fiquei moi sorprendido e amolado. Se un bota unha ollada atopa unha conpeción do libro galego de esmola, á mesma altura que dun xénero literario, […]

un pouco de sentidiño

Posted: Martes, Decembro 2nd, 2014 @ 10:11 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en un pouco de sentidiño

Cómenme os demos, férveme o sangue cando leo algo sobre o asasinato de Jimmy, a mans dos ultras do Atlético de Madrid. Nestas ocasión é cando un demostra o que de humano leva dentro do peito e,  a verdade, levo lido algunhas cousas que piden a berros un exame exhaustivo da capacidade mental dos seus […]