ferradura en tránsito

Non tes paradura, neno

Archive for the 'LINGUA' Category

de hoxe

Posted: xoves, setembro 4th, 2008 @ 4:14 pm in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, LINGUA | No Comments »

Veño de estar nun centro de secundaria santiagués. Andaban a voltas coas matrículas. Houbo cousas que me deixaron mal corpo.

1)A pouca educación d@s mox@s, incapaces de formar unha fileira e aínda menos de respetar a formada. Dixen pouca e ás veces debería dicir mala ou pésima: como cando despois de efectuar a consulta que estimaran oportuno marchaban airadamente, sen "despedirse", pasando  olimpicamente das normas de cortesía lingüística parecían descoñecer calquera fórmula para establecer contacto lingüístco e menos para indicar a súa fin.

2)Por riba, varios sorprendéronse de que tiveran que devolver os libros nos que estudaran. O estado de salvaxismo nas cidades paréceme fondamente preocupante.

3)Pero o que peor me sentou foi a insistencia coa que coa matrícula se entregaba información oral sobre a posibilidade de exención en lingua  galega. Nos casos tamén a galegofalantes, como o duns pais que dicían nun precioso galego seseante que me admirou e encheu por dentro. O pai mesmotivo que insistirlle en que o fillo ( ou filla, tiñan dous) falaba galego, creo que molesto con tanta insistencia na "posibilidade da exención". Vai, desde aquí e así, a miñ a solidariedade. Con eses pais dese galego seseante, sonoro, salgado e melífluo, verdadeiro. E cos  fillos. Ser galegofalante neste ambiente hostil é de heroes.

4)-Instituto XXXXXXXX, bos días, dígame?

-

-No

Chuzame! chuzame -

Steiner, recuncando

Posted: martes, setembro 2nd, 2008 @ 5:46 pm in LINGUA | No Comments »

Non tiña en mentes seguir co tema. Nisto repasaei a recopilación que na axenda a AELGA aparece. Aplaudo cada unha das reaccións manifestadas, desde as máis visceais ás máis calmas e cerebrais. Mesmo poden chegar a confundirse ambas.

Mais certou que, cando agardas por unhas receitas, non tes propósito fixo entre os  teus pensamentos e sen decato atpoeime repasando esas reaccións, entre as cales a miña debeu ser bastante forte.

Reafírmome nela, por suposto. E quero ademais chamar a atención sobre certas preguntas que adoitan pasar despercibidas nas repostas da xusta indignación.

O que Steiner dixo, díxoo, ben claro. Non se pode tildar de arroutada inconsciente nin nada polo estilo.

As preguntas 1) Por que o dixo? Non nos precipitemos en responder

2) A quen beneficia o dito? Esta segunda pregunta axuda a responder á primeira, a que si?

3) Como se chega da primeira á segunda preguntas? Cos cartos

Tampouco se vaia pensar que estas manifestacións sexan un fenómeno "espontáneo". Non se perda de vista o contexto, por favor.

Reitero, outra vez máis, a necesidade de sacar o conflito fóra, de internacionalizalo.

Chuzame! chuzame -

toda a verdade, e só a verdade, sobre eles

Posted: luns, setembro 1st, 2008 @ 8:00 pm in LINGUA | No Comments »

1) A miña vida é pura evolución, pensou sorrindo os olliños Xacobe, Xacobo, Xaco, Jacobo, Yacob.

Pero nunca foi outra cousa que unha empalagosa baba de papá.

2) - Claudia, eres unha superpija...

-Pija superfashion, oh, yes, nenito...

3)Xosé, Joseph, Josh nunca deu sacado de dentro o Manolo da Carreira e as súas engraxadas mans de meritorio mecánico

(1+2+3= 4)

4) Hai quen pensa que por varar nun lombo xa chegou a porto.

Chuzame! chuzame -

o pallaso Steiner, os cartos

Posted: luns, setembro 1st, 2008 @ 11:03 am in LINGUA | 2 Comments »

Porque foi por cartos. Non teño a menor dúbida. Nin mala información. NIn ignorancia. Nin sequera necio.

Évos moito máis simple: uns miles de euros, unhas cantas conferencias aquí e alá, unhas vacacións pagas, algún tipo de favores editoriais... (escoller e incrementar)

Que alguén pense nos intermediarios, nos representantes dos autores, que andan moitas veces por detrás destas  historias. Como aquí non estamos habituados a esa figura, igual se nos pasa; pero non se debe esquecer, que igual andan metidos no fregado...

Que ninguén bota a lingua pacer así  por nada. Desde logo estes comentarios son para tomar moi enserio. Vamos, que é unha hostia dada a conciencia, non un esvarón. Non darlle importancia é un craso erro.

Nalgunha anotación anterior xa dixen que había que internacionalizar o conflito, que se enteren por aí adiante do que nos están facendo. Semella que eles o entenderon mellor.

Detrás hai cartos, seguro. Non teño probas, abóndame coa sospeita e coñecer un chisco as aberracións a que os xornais poden chegar. E o grupo Prisa xa sabemos onde ten o cu sentado.

Eu imaxínoo así. Sóndease no mundo os representantes quen estará disposto a facer un chisco o pallaso, que por facer o pallaso hai moitos que cobran encantados. Premio para o representante, favores ou cartos. Premio para o pallaso.

Chuzame! chuzame -

as razóns dun lingüicida, dun xenófobo

Posted: luns, agosto 25th, 2008 @ 11:41 am in LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | No Comments »

Porque a fin de contas trátase diso. Asasinar a cultura galega para asasinar a identidade dos galegos.

A estas alturas da película, que aínda teime no "bilingüismo cordial". Claro, non hai conflito en canto quen está a morrer non se queixa. Entón podn cordialmente despedirnos deste mundo, que é o que qeren os moi hipócritas. E, se te quiexas, se empezas a tomar outra medicación que que eles prescribiron ( e non administraron), entón falan de "grave erro político"...Terán narices. O único grave erro político son as súas neuronas diminuídas, o cardiograma plano en asuntos relativos á lingua, cultura, identidade, galegas. O único grave erro político é a represión que vimos padecendo desde hai máis de 500 anos...

A Ferradura en Tránsito, en nome noso, dos nosos fillos ( que recibirán o resultado da nosa loita), do nosos pais, dos  nosos avós, incluive dos dos lingüicidas Nunes Feixóo e Raxoi Brei, a nima a tod@s galeg@s a manifestar o seu repudio desta xentalla e destas ideas, acudindo a cada lugar onde se manifesten portando pancartas alusivas (lingüicida, xénofobo), en total silencio, coa boca amordazada, morrendo.

Chuzame! chuzame -

por algo era

Posted: domingo, agosto 17th, 2008 @ 11:22 am in LINGUA | 2 Comments »

Saín da casa por ver que daba a tarde, onte.

O Muíño da Alameda, a súa compra e restauración, teño para min que foi outro dos incontábeis pelotazos do PP. E cando mentaban a posibilidade-proxecto de convertelo nun museo...entrábame a risa frouxa.

Pero, en fin, lembrei que onte comezaba unha exposición alí, sobre a Muiñeira de Chantada e alá me dirixín. Uns cantos paneis, de redacción bastante mellorábel, algunhas fotos, instrumentos musicais... polo menos pasas un cacho. Botei de menos, nos paneis, que non lembraran a versión de Son Lalín, que nos oitenta fixo bailar a muiñeira de Chantada desde Ortegal a Cádiz, é de xustiza, carai...

Mais tampouco era cousa saír dun cuberto para meterte noutro. Así que, fóra, sentei un anaco mentres Ío e Ro miraban un documental que alí dentro proxectaban. Percateimde entón de que, malia ser un lugar de reducidas dimensións circulaba por alí bastante xente. Nisto vin chegar a Xosé Lois García, a Mini e Mero, foi un pracer saudalos e desexarlles o mellor para esta noite, na que son parte do reparto de PAN, espectáculo de Vólta e Dalle que se representaba pola noite no Campo da Feira Vello -négome a chamarlle parque eloísa rivadulla, sempre me negarei, nin creo que esa señora mereza figurar no rueiro chantadés. Por certo que pola mañá, xa topara con Pepe Penabade, armadanzas  maior que repartía pan, ben sabedeiro, na rúa e exeplificaba a malla. Xente todos do melloriño.

Ben, ao que ía, cando me decato de que aquela exposición chamaba polas acordanzas dos emigrantes, que se afanaban en lembrar cando eles ían o muíño, a cal ían , quen era o muiñeiro...cando eran novos, e tiñan forza e upaban un saco en cada man, aquilo si que era poder, músculos duros coma pedras e discutían se eu o levaba máis tempo ou pesaban máis os sacos... CARALLO, E NON VOS ACRODADES QUE DAQUELA FALABADES GALEGO??!!

Chuzame! chuzame -

E Lendoiro, feliz

Posted: mércores, agosto 13th, 2008 @ 5:54 pm in LINGUA | No Comments »

Despois do episodio do Barça con Air Berlin había que tocar a alguén que devolvera o golpe.

Había que buscar algún "manso".  Lendoiro téno claro, hai un grupo, mediático e de fortes intereses económico,s tratando desestabilizar as linguas, as culturas, non castelás. Esa xente ten cartos, influencia, e quizá poidan facer ou devolver algún favor. Por iba, son ideoloxicamente afíns

Por iso as declaracións de Serxio , un futbolista ao vello modo, un pateador de pelotas de pouca cultura (mínima, nula) e menos circulación neuronal. Un futbolista que non chegou a máis precisamente por iso, porque xogar ao fútbol é algo máis que correr detrás dunha pelota. De incultura supina por convicción propia, por visceral convicción propia, visceral convicción nacida dun rastreiro prexuízo, rastreiro e cómodo.

Que se adique a presentador-redactor de Estrella Digital, de Tele 5, tintureiro da cabeleira de Raxoi...algo así, digno da súa "maxestade" e ao alcance das sáus neuronas...

Unha razón máis para non ser seareiro do Depor. Un Depor que, a estas alturas, pouco activo máis lle queda que os Riazor Blues, se mesmo Oubiña falou galego na presentación do Celta...

Chuzame! chuzame -

a rastras

Posted: xoves, agosto 7th, 2008 @ 5:21 pm in LINGUA | No Comments »

Unha das cousas malas de volver á "casa", é que nela atopas os mesmos imbéciles que fóra. Pero dóenche algo máis, se cadra tontamente.

Eran as  sete e media DDX (despois de xantar) e matinaba eu nisto.

Teño pendente escribir unha anotación titulada "Manual urxente para desestabilizar hormonas masculinas" (sobre todo se o macho ten o cerebro na cabezada falócrata). Inspirada nunha panda de parviñas que, día si e día non, ameazaban a paz e tranquilidade da toalla na que repousaba, lía ou contaba gaivotas. Mor delas, ou da zangada de pre-machos a teimar exhibirse na volta delas.

Pois ben, aquí, o mesmo, pero na piscina.

E dinme, hai uns minutos, que unha das "raíñas" estaba nun grupo que abeiraba á sombra da árbore que nos protexía, pois que é filla dunha benquerida amiga de meu, galegofalante de chapeau e ben orgullosa de nunca por iso se rebaixar ante ninguén, case veciña. Non sei se ela é coñecedora da estúpida pijería que sae pola boca da súa filla, retorcéuseme algo dentro, aínda se me retorce, é algo triste.

Pobres de vós, fillas na plenitude da vida, cando as vosas nais, cargadas xa de anos, de traballos e de dolores, valen infinitamente ca vós, que vos credes tan moderniñas e en realidade pensades con cerebros século XIX.

"Ten futuro, non ten pasado, non pode ser máis que un arrastrado" (Zënzar)

Chuzame! chuzame -

apaguemos tele 5

Posted: mércores, agosto 6th, 2008 @ 10:13 am in LINGUA | No Comments »

Pois si, sóbeno polos resistentes, sóubeno pola xente que serve para algo nesta vida

Apaguemos Tele 5

Apaguemos Berlusconi

Pola nosa lingua, atacada con fereza

Por decencia, porque somos antitotalitaristas, antifascitas...

Non perdemos nada e ímonos sentir mellor

Lixo fóra, Tele 5 fóra. Está ben a reacción contra Air Berlín. A ver que fan con tele 5

Chuzame! chuzame -

Tomar nota

Posted: venres, agosto 1st, 2008 @ 3:32 pm in LINGUA | No Comments »

ben tomada, exemplo do valor económico dunha lingua, exemplo do que fai un boicot (se o é) oportuno, consumir conscientemente, politicamente, detalles así fan que cada vez me resulte máis simpáticoo máis que un clube catalán.

Desde logo, vaia diferencia 

(Vieiros saca o tema, xa me gustaría saber que fixeron os demais, seguramente asubiar par arriba, como co de Brest)

Chuzame! chuzame -