o xuíz e a lingua de deus
Son xuíz e parte. Non se pode comfiar neles. Sobradamente está probado que non os guiá a lexislación vixente (que xa sería perigoso) senón escuros inetereses (políticos, sociais, económicos...).
En concreto, detrás desta noticia, preocupante, clarostá, sentenzan non conforme á lei senón aos seus propio intereses, séntense máis cómodos no castelán, teñen nula vontade de integración no sistema cultural galego porque eles mesmos se senten parte activa das hostes da cultura colonizadora, todo o que teña qu ever coa normalización do galego non só non lles prace senón que farán todo o posíbel por opoñerse. (Hai excepcións, seino, son valiosísimos loitadores a prol da normalización, poucos, e por iso me permito a xeneralizar).
Sentenzaron, botaron unhas risas e un vermús, pasárono ben e por riba deron un cachete a quen se propoña querer mirar polos dereitos dos demais.
Comos son eles os que que interpetan a lei están a salvo. Para min, isto que fixeron recibe o nome de estafa, de apropiación indebida, tempo e cartos dos contribuíntes utilizados para fins particulares...imaxinen como se chama iso.
Cando un xuíz fala de lingua póñenseme os pelos de punta, tería moita máis xustificación que falara unha un mariñeiro, un labrego, un mecánico... quen utilice a lingua para o que é, non con afán distanciador, como fan os xuíces, toda a prosapia formulística que sae das súas mentes ten unha redacción PÉSIMA e unha sintaxe ARREPIANTE, eu condenarías a volver a 1º ESO.
Contaría míster Paco con axuda divina?
Non, se calquera día han sancionar penalmente a quen se lle escape un peido na igrexa, ou prohibirannos non ter fe absoluta no que eles digan...
chúzame -