a galega, a desidia
non me afago moito a chamarlle así, TVG resulta máis claro. tampouco quero afacerme, empezo a pensar que todo forma parte dun plan para afastar o concepto de modernidade de calquera cousa que teña que ver con Galiza, incluída esa supresión.
e é que non é doado de entender. a enorme desidia. vexan vostedes o que fixeron coa serie Heroes, con Invasión, o que estána facer con O Elixido, e aínda con As crónicas de Sara Connor. Series de culto, de calidade contrastada, curiosamente todas teñen que ver co futuro, reveladoramente van destinadas a un público sobre todo mozo, aínda que tamén adulto. Series que trinfan/triunfaron noutras canles, mesmo estatais, e que a TVG deixou pasar sen pena nen gloria, programando (e desprogramándoas) en nichos horarios que as condenaban ao fracaso; ou para facer vulto, hoxe veño de ver como tres ou catro episodios seguidos de As crónicas de Sara Connor, son as tres da madrugada, apaguei o televexo e púxenme a escribir isto.
A un responsable de programación que cometa estas tropelías, capaz dunha xestión tan desastrosa, unha canle privada despediríao cunha patada no seu sitio, por incompetente e facerll eperder cartos.
Aínda hai máis, vén o que andan a facer cos Cazatesouros?
A TVG continúa a ser un dos principais axentes desmobilizadores da galeguidade. E pagámola nós, ti e maís eu, para que se revolva contra nós.
Non esquezo o do Xabarín. Volverei.
chuzame -