ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

manipualción informativaArchive for the '' Category

mito, BNG e medias

Posted: Venres, Novembro 25th, 2011 @ 5:36 p.m. in manipualción informativa, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en mito, BNG e medias

Ando mirando cousas sobre o mito.  Curiosamente é un tema no que teño as ideas moi claras. Ainda que foi algo moi pouco tratado alá desde os inicios do XX, e con ser un tema extraordinariamente importante tanto no eido literario como no filosófico. Dous eidos extraordinariamente importantes no relativo ao coñecemento humano, e sen […]

Extramunde e as inter-ferencias

Posted: Mércores, Novembro 23rd, 2011 @ 6:12 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, manipualción informativa, MENTIRAS NOS MEDIOS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 4 Comments »

Sento escribir sobre un aspecto que non toquei na crítica de Extramunde de Xavier Queipo. O correo pídeme que o abra, vai sobre o desaloxo do Yago compostelán. Avísanme do vocaulario rabioso con que LVG trata o tema. Por xente que estivo dentro sei que todo isto que saca agora LVG é pura mentira, puro delirio […]

in-dig-nan-te!

Posted: Martes, Novembro 15th, 2011 @ 8:40 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, LINGUA, manipualción informativa, Sen clasificar | Comentarios desactivados en in-dig-nan-te!

Fala todo o mundo deste lipdub dos rapaces de Cea. [kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/15iM-MVNG7Q” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] A Radio Galega tamén se feixo eco. Ou algo parecido. Máis ben fíxose des-eco. Se viron e escoitaron o vídeo decataranse da reivindicación lingüística, ademais da do pan de Cea. Pois ben escoitei o tempo que lle adicaron, a […]

inkoinzidenzias

Posted: Xoves, Novembro 10th, 2011 @ 4:53 p.m. in manipualción informativa, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en inkoinzidenzias

Comentábame Marga, ao teléfono, que todo parecía ir mal. Eu, nabrevidade da comunicación auricular, tratei de animala. Viña de pasar dúas horas, arredor de, lendo con atención o estudo do CIS. Imos, o 20N, escoller presidente, un presidente que os media decidiron que sexa Raxoi, un home a quen máis do 71% dos españois lle […]

para que serve La Voz de Galicia?

Posted: Luns, Setembro 26th, 2011 @ 5:01 p.m. in CARA ADIANTE, manipualción informativa, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en para que serve La Voz de Galicia?

Desde esta tipoloxía, lida en Rebelión, elaborei esta entrada na Ferradura. Mais non para aí a cousa. As ideas, xa saben, colíganse, xuntan vontades, dannos identidade fronte ao mundo. As ideas, o pensamento, forman unha cadea. E hai un novo chanzo. Atopeino no youtube e compártovolo: [kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/9a828Uqj5IU” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] con esta propina: […]

primeira manifestación da chafallada no ensino, continúa a manipulación da radio galega

Posted: Luns, Setembro 19th, 2011 @ 11:17 a.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, manipualción informativa, MENTIRAS NOS MEDIOS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en primeira manifestación da chafallada no ensino, continúa a manipulación da radio galega

É moi sinxelo. Comeza un novo ano académico. E neste novo curso somos significativamente menos ensinantes. A Xunta vendeu esta reducción dos docentes como unha aposta pola “calidade” no ensino. Calidade e excelencia son dúas palabras que non apean da boca.Vendeu como “calidade” algo que só é unha chafallada. Sei de varios centros na provincia […]

LVG: fóra dos centros de ensino, xa!

Posted: Martes, Setembro 13th, 2011 @ 12:04 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, manipualción informativa, NOTICIAS CENSURADAS EN la voz de galicia | Comentarios desactivados en LVG: fóra dos centros de ensino, xa!

Outro novo caso de manipulación informativa, particularmente en LVG. Onte iniciábase o curso para os máis cativos. Como? Lean Galicia Confidencial, onde se dá conta de como o PP está “molesto” pola protesta sindical Lean en EP as protestas dos pais, un centro case baleiro. Dean unha ollada á compracente información de Galicia Hoxe, titulando […]

tamén pechou Xornal

Posted: Mércores, Agosto 3rd, 2011 @ 11:20 a.m. in LINGUA, manipualción informativa, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en tamén pechou Xornal

Léano en Galicia Hoxe. Leáno no EP, por culpa das perdas económicas No propio Xornal Léano en LVG, teñen a cara de botarlle a culpa ao reparto eólico do bipartito! ( cando foi tumbado precisamente porque LVG non estaba satisfeita polo reparto!) Léano no Galicia Confidencial, único lugar onde a información parece dotada de seriedade […]

a cultura nos medios

Posted: Domingo, Xuño 26th, 2011 @ 11:45 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, manipualción informativa | Comentarios desactivados en a cultura nos medios

A actualidade ofréceme opotubidade de seguir reflexionando/espellando o tratamento que á cultura brindan os medios. Lembro a miña intervención na Xornada sobre LIX que organizou a Sección de Crítica Literaria da AELGA, aí tamén falaba do tratamento que  á cultura lle da eses medios aos que tan agradecidos estamos porque permiten visibilizar o noso labor. […]

a manipulación e censura de LVG na segunda quincena de maio

Posted: Xoves, Xuño 16th, 2011 @ 10:21 a.m. in manipualción informativa, MENTIRAS NOS MEDIOS, NOTICIAS CENSURADAS EN la voz de galicia | Comentarios desactivados en a manipulación e censura de LVG na segunda quincena de maio

A densidade deste mes de maio aconsellaba fraccionar en dúas a anotación que veño facendo mensualmente sobre a censura de LVG. Vai, logo, a segunda parte Comezabamos a segunda quincena con este contraste que deixa a LVG como simples voceira propagandística da Xunta:  lese en Xornal (El calendario escolar de la Xunta no termina de convencer. El […]