galego, lingua presentida
xa está en marcha a polo ghit 2008.
xa podes mandar a túa composición para terceira edición do concurso no qu elixímo-la canción do verán en Galicia.
(ése música de fondo, índefinida, o tema do que se fala lévate a imaxinar...canción do verán, en galego...)
temos dous correos electrónicos: extrarradio@crtvg.es e apologhit@vieiros.com
os dous correos que poden levarte ao éxito este verán
( a música de fondo segue sen ser facilmente identificábel; polo tema, un presinte que deben cantar en galego)
en a polo ghit 2008
( e si, era en galego, a palabra refaixo deíxao claro)
VELAÍ O PROMOCIONAL DO a polo ghit 2008, ESCOITEINO NO tren do serán AÍ POLAS CINCO E MEDIA...
PARA FLIPAR, ALUCINAR, ESCOLLEDE SINÓNIMO..
SABEDES COMO ACABA?
AGORA SI, ÓESE BEN NÍTIDO:
PAPI, PAPI, PAPI CHULO, PAPI, PAPI, PAPI... ( e todos sabemos como segue, xa non temos que presentir...)
COMA SE NON HOUBERA CANCIÓNS DO VERÁN (GALEGAS: EN GALEGO, HAI QUE LEMBRAR O fai un sol de carallo (galicia caníbal) DOS RESENTIDOS, O non chas quero DOS DIPLOMÁTICOS ASÍ DEICA ANDRÉS DO BARRO, OS TAMARA...?
HAI QUE LEMBRALOS???
OU ESTÁ FEITO a mala hostia
OU A INCULTURA, MEU, ÉCHE PEOR CA UN TIRO DE ESCOPETA...
chuzame -