ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

MÚSICAArchive for the '' Category

Castañazo Rock 2012

Posted: Venres, Novembro 2nd, 2012 @ 6:02 p.m. in MÚSICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en Castañazo Rock 2012

 O Castañazo Rock sabe a Brabú, enerxía carnocha a rebordar os peitos, desde a Taberna Caballero de Viana, desde hai dez anos para a eternidade. Desde que hai 2o anos Heléctrico, Killo, Richi, Xullo e despois Óscar puxeron a render as guitarras eléctricas,  a batería, o baixo, a gaita e a voz, irmandados cos Diplomáticos […]

Admirado da condición…/SES

Posted: Martes, Xaneiro 10th, 2012 @ 6:09 p.m. in MÚSICA | Comentarios desactivados en Admirado da condición…/SES

Di cousas como: -inclinarse cara ao vicio non é sucumbir -subornar unha conciencia non é reinsertar -o diaño chama aos lúcidos á rebelión -perfilar un plan de ataque para se rebelar -provocar o pánico do rei coa subversión, non é máis que a consecuencia necesaria da razón -as mulleres que cantan, e as que se […]

breve idea para a promoción da música galega

Posted: Venres, Decembro 9th, 2011 @ 5:06 p.m. in MÚSICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en breve idea para a promoción da música galega

Non se pode dicir que sexa de todo frecuente que os escritores promocionen as súas obras entre o estudantado. Non tanto como debera, nin moito menos. Mais tampouco se pode dicir que sexa nada novo. Mentres emerxía da terra lemávica, terra sen sol tantas veces, e me achegaba á casa ( onde tampouco brilla, precisamente) […]

castañazo rock 2010

Posted: Mércores, Outubro 6th, 2010 @ 10:42 a.m. in MÚSICA | Comentarios desactivados en castañazo rock 2010

Xa está aquí o castañazo de 2010. Créanme. Non é o mesmo aturar o inverno vivindo un bon castañazo ca se non se fai. Lévase todo mellor, inclusive chove menos, vai menos fríos e os días/noites son máis grandes. A principal novidade deste ano é que serán dúas xornadas, 30-e 31 de outubro. A verdade […]

himno contra un tempo de arrecastados

Posted: Mércores, Setembro 15th, 2010 @ 10:21 a.m. in A TÚA HISTORIA, CARA ADIANTE, LINGUA, MÚSICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en himno contra un tempo de arrecastados

Entroume onte no correo. O primeiro que fixen, nada máis escoitalo, foi dar grazas, abenzoar os autores. Despois, chamei a Ío, en canto veu do cole, para que o escoitara. “Brutal, papá, simplemente brutalmente impresionante”. Hoxe xa o sabe de memoria. E é que este tempo de arrecastados non podía quedar ser un himno que todos poidamos […]

fragmento do manifesto da acción contra LVG

Posted: Domingo, Agosto 29th, 2010 @ 11:56 a.m. in MÚSICA, MENTIRAS NOS MEDIOS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en fragmento do manifesto da acción contra LVG

Non se  pode discutir a influencia da prensa (dos media) na sociedade. Nin tampouco que os media constitúen a quinta columna do exército actual.Actual, no seu lato senso, qu exa choveu. Nun momento no cal o papel dos exércitos é discutido ou, polo menos redeseñado, algo cómpre que garanta á preeminencia do sistema establecido, que […]

Berrogüetto e os nanocontos

Posted: Luns, Maio 31st, 2010 @ 6:36 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, LITERATURA MÍNIMA, MÚSICA | Comentarios desactivados en Berrogüetto e os nanocontos

A iniciativa é desas que me pracen e deixan o corpo ben. Trátase de escribir un conto en 100 palabras  ( non se especifica se poden ser menos ), sobre o Kosmos. O premio: un disco asinado polosmebros do grupo e un par de entradas para o últim concerto da xira de presentación, en Ourense, […]

eu quería pra celebrar

Posted: Venres, Marzo 19th, 2010 @ 11:45 a.m. in MÚSICA, VARIA NATURA | Comentarios desactivados en eu quería pra celebrar

E atopei algo extraordinario. A fotografía de Manuel Ferrol, con música do Zeca Afonso: [kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/o_buXOFvlkw” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] E fun dar noutra: unha versión do Zeca é cousa moito arriscada, acho porén que esta de Resistência é unha delicia: [kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/88eRAl1Sl-0″ width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Claro que, aviso, se ves isto xa non […]

tres recomendacións

Posted: Martes, Marzo 9th, 2010 @ 4:20 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, MÚSICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA, sétima arte | Comentarios desactivados en tres recomendacións

De libros, a primeira. Acusación, o poemario de Xiana Arias Rego que estou lendo, é un título moi recomendábel. Das tres partes que ten, lin esta mañá a primeira. E fun tomando notas no Caderno da Crítica: -Son poemas entre dous abismos, dúas forzas que turran, e, no medio a voz poética. -Consumir os días/Vivir, […]

semicrónica do castañazo rock 2008

Posted: Domingo, Novembro 2nd, 2008 @ 12:30 p.m. in MÚSICA | Comentarios desactivados en semicrónica do castañazo rock 2008

Chegamos cando non era de chegar. Cando xa acabaran os xogos bravús, nos que, segundo me contaron, houbo billardeiros de LNB, é dicir: de auténtica exhibición. En vistas, decidimos pasar polo magosto da Alameda, mais chovía, a pouca xente que había metérase no Pío Lindo. Demos volta, non apetecía estar en ningún interior. Volvemos para […]