ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

NOTICIAS CENSURADAS EN la voz de galiciaArchive for the '' Category

pola dimisión e Alonso Montero

Posted: Luns, Maio 19th, 2014 @ 2:02 p.m. in LINGUA, NOTICIAS CENSURADAS EN la voz de galicia | Comentarios desactivados en pola dimisión e Alonso Montero

Inicialmente pensei titular esta anotación ” Informe dramático sobre Alonso Montero”, parodiando aquel Informe dramático sobre la lengua gallega -valoren vostedes a lingua en que está escrito. Porén mentres a lingua galega é algo moi serio e nela se expresou/expresa unha literatura/cultura, de moita grandeza… pois o actual rexedor dos destinos da RAG non pasa […]

Que vai facer o Colexio Profesional de Xornalistas coa censura de onte?

Posted: Domingo, Novembro 25th, 2012 @ 3:34 p.m. in manipualción informativa, NOTICIAS CENSURADAS EN la voz de galicia, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 2 Comments »

O de onte de LVG é algo máis que outra noxenta mostra de censura e de manipulación, algo a que é moi dado o xornal de Santiago Rey y Cierra España, tanto que é inconcebíbel falar de censura e manipulación sen falar deles en primeirísimo lugar. É algo máis polo que supón. A bandeira española […]

os silencios da prensa e o abucheo a Raxoi

Posted: Luns, Agosto 13th, 2012 @ 11:49 a.m. in NOTICIAS CENSURADAS EN la voz de galicia, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 4 Comments »

Sei, polo twitter, que onte foi abucheado Feixo, nas súas vacacións en San Xenxo. No Paseo Marítimo, tivo que retirarse “prudentemente” cando paseaba cos seus escoltas. A noticia parece de suficiente alcance como para que hoxe a prensa non a silencie, porque todos miran o twitter, todos sen excepción. Entón, vou e meto googelizo Rajoy, […]

descrición animada dun poema infográfico de Xavier Cordal

Posted: Venres, Maio 11th, 2012 @ 9:26 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, NOTICIAS CENSURADAS EN la voz de galicia | 1 Comment »

Vén na páxina 57, do Transmuta. Porque antes de nada ten que ir a localización; dicía un amigo de meu: seriedade pouca, mais que dure. Concretamente, nun recadro, delimitado por liña fina. ( Diríase que coma o dunha necrolóxica, mais hai que animar) Trátase do  organigrama da Cidade da Cultura de Compostela, aínda que na […]

LVG: fóra dos centros de ensino, xa!

Posted: Martes, Setembro 13th, 2011 @ 12:04 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, manipualción informativa, NOTICIAS CENSURADAS EN la voz de galicia | Comentarios desactivados en LVG: fóra dos centros de ensino, xa!

Outro novo caso de manipulación informativa, particularmente en LVG. Onte iniciábase o curso para os máis cativos. Como? Lean Galicia Confidencial, onde se dá conta de como o PP está “molesto” pola protesta sindical Lean en EP as protestas dos pais, un centro case baleiro. Dean unha ollada á compracente información de Galicia Hoxe, titulando […]

a manipulación e censura de LVG na segunda quincena de maio

Posted: Xoves, Xuño 16th, 2011 @ 10:21 a.m. in manipualción informativa, MENTIRAS NOS MEDIOS, NOTICIAS CENSURADAS EN la voz de galicia | Comentarios desactivados en a manipulación e censura de LVG na segunda quincena de maio

A densidade deste mes de maio aconsellaba fraccionar en dúas a anotación que veño facendo mensualmente sobre a censura de LVG. Vai, logo, a segunda parte Comezabamos a segunda quincena con este contraste que deixa a LVG como simples voceira propagandística da Xunta:  lese en Xornal (El calendario escolar de la Xunta no termina de convencer. El […]

retrato do mes de maio, na censura de La Voz de Galicia (1)

Posted: Mércores, Xuño 15th, 2011 @ 11:01 a.m. in manipualción informativa, NOTICIAS CENSURADAS EN la voz de galicia, Sen clasificar | Comentarios desactivados en retrato do mes de maio, na censura de La Voz de Galicia (1)

Comezabamos o mes a falar dos dependentes, ben…agás LVG o normal é que o resto da prensa recollera o tema, tema ligado  á maquillaxe das listaxes de espera no Sergas, máis tarde habían chegar outras maquillaxes como a do desemprego. A que vén tanta maquillaxe? Home, será que goberna o “pijos”… Ben, no mesmo día […]

o xornalismo de investigación de LVG…

Posted: Martes, Maio 31st, 2011 @ 11:40 a.m. in manipualción informativa, MENTIRAS NOS MEDIOS, NOTICIAS CENSURADAS EN la voz de galicia | Comentarios desactivados en o xornalismo de investigación de LVG…

-Seguimento da Opercaión Campión: Galicia Hoxe ( Na contabilidade do 2009 de Nupel non hai axudas. Nese ano recibiu 1,45 millóns de euros desde o Igape, que non se reflectiron despois nos papeis), no Xornal ( El PSOE ve “cortinas de humo” de la Xunta sobre la operación ‘Campeón’), no EP ( Empresarios de Lugo […]

manobras de LVG para evitar informar do que pasa

Posted: Xoves, Maio 26th, 2011 @ 10:58 a.m. in manipualción informativa, NOTICIAS CENSURADAS EN la voz de galicia, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 2 Comments »

Fagamos seguimento do Movemento 15 M: -en Galicia Hoxe ( Os indignados seguen, aínda que recoñecen un “descenso normal”), -Xornal ( Os ‘indignados’ prevén retirar cartos do banco de xeito masivo) -mentres LVG trata o tema nas páxinas locias de A Coruña, Internacional, e Cultura…ou como fragmentar unha noticia para crear desinterese.. Fagamos seguimento da […]

o Día das Letras Galegas na prensa… e os insultos

Posted: Mércores, Maio 18th, 2011 @ 11:27 a.m. in LINGUA, NOTICIAS CENSURADAS EN la voz de galicia, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en o Día das Letras Galegas na prensa… e os insultos

–Galicia Hoxe abre coa noticia ( O poeta mobilizador)  – Xornal tamén (Rivas: “Cada palabra de Lois era unha vitoria da humanidade sobre a morte”), -Galiciaé (El Progreso) dáa nas páxinas de “Galicia“, – Faro de Vigo tena xa na portada; -EP faino na sección onde se len as noticias de Galicia, iso si, en dúas noticias. A primeira  […]