ferradura en tránsito

Non tes paradura, neno

Archive for the 'POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA' Category

Rosa Díez ou todas as maneiras de matar

Posted: domingo, setembro 7th, 2008 @ 11:36 am in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | No Comments »

"Non nos interesa a identidade dos galegos"

Que diferenza hai entre estas palabras e o tiro de ETA?

Que diferenza hai entre estas palabras e as gasificacións hitléricas?

Que diferenza hai entre estas palabras e os velenos borgianos?

Que diferenza hai entre estas palabras e o garrote vil asinado á hora do chocolate?

Que diferenza hai entre estas palabras e as armas de destrucción masiva bússhicas?

Que diferenza hai entre...estas palabras e o lume inquisitorial?

Que diferenza hai entre estas palabras e a extrorsión criminal do FMI, Banco Mundial,Transnacioanis?

UNHA : O INSTRUMENTO DE MATAR

( a estes crimes chaman LIBERACIÓN)

Chuzame! chuzame -

Primeira Fiada na area (da Ribeira de Creo, Esteiro)

Posted: domingo, agosto 31st, 2008 @ 12:40 pm in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | No Comments »

Non había provisión de foguetes e,  a iso das nove, cando era cousa de empezar, deu o ceo en se iluminar en trazadas brancas, múltiples, que desprendían ozono, indicando que no ceo tamén se querían xuntar aos festeiros. Así que, finalmente, celebrouse no cuberto do pozo e no garaxe da Sra. María.

A cousa fora ideada por María Xesús (Rama Chico) e seica tamén a súa irmá Chefa. Sei que son moi inxusto non nomeando a moita outra xente que bourou arreo para que finalmente se  celebrara, pero é que me habían esquecer moitos nomes e máis inxusto sería deixar de dicir o dito.

Houbo empanada(s) a fartar. Sardiñas a fartar. Doces.

Contra as once da noite, a María Xesús sacou a libreta amarela, eu xa lla vira pola tarde, na arribada nosa. E leu o que escribira, o que lle fora saíndo do corazón. En homenaxe que era aos PATRIANOS e as MESTRAS ATADORAS. Polo que sei, os patrianos eran xente da pesca, patróns debían ser, concluín e non sei se acertadamente. As mestras atadoras eran mulleres que desenvolvían o seu labor despois dos ENCASCADORES; os encascadores, coa auga do pozo da Sra. María  (Chico, a nai de María Xesús e Chefa), facían unha tintura (con casca creo que de piñeiro), na que mergullaban as cordas, despois estendíanas onde podían para que secaran (outros sequeiros teño visto). As mestras atadoras, noutros lugares dinlles redeiras.

Diego, Darío, Lara, a rapazada todo (algún con ben medo aos tronos) corría, entraba, saía, mollábanse, cantaban, bailaban, xogaban...

Mentres María Xesús leu, o silencio, respectuoso e admirado, foise facendo. Ao fondo, un home non calaba e algo lle dixeron.

-É que me reborda María Xesús, é a miña vida!

A festa foi peculiar e inesquecíbel. A min impresuionoume que participaron nela todas as xeracións posíbeis de ledicia, irmandade, xenerosidade.

Non puido actuar o Trío Eclipse, e iso que custara o seu montar o palco, polo que non puidemos escoitar a marabillosa voz de Ana, andaluza de Esteiro.

No seu lugar, a concorencia non parou de cantar e bailar deica as catro da mañá ou máis.

As mulleres de Esteiro non adoitan vestir xoias riba da pel. Todas as xoias do mundo relócenlles dentro.

Chuzame! chuzame -

Osetia do Sur

Posted: mércores, agosto 27th, 2008 @ 11:14 am in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA, Sen clasificar | No Comments »

Moito se fala da súa independencia, onte proclamada, apoiada por Rusia. En contra Xerorxia, xoguete dos USA, xogada que queren aproveitar para metela na OTAN e ter meirande control xeoestratéxico.

É moito o ruído, a desinformación -información interesada- que sobre isto se emite, se oe, se le, nas fontes de información masivas. Recoméndolles a lectura deste artigo de Rebelión

Chuzame! chuzame -

as razóns dun lingüicida, dun xenófobo

Posted: luns, agosto 25th, 2008 @ 11:41 am in LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | No Comments »

Porque a fin de contas trátase diso. Asasinar a cultura galega para asasinar a identidade dos galegos.

A estas alturas da película, que aínda teime no "bilingüismo cordial". Claro, non hai conflito en canto quen está a morrer non se queixa. Entón podn cordialmente despedirnos deste mundo, que é o que qeren os moi hipócritas. E, se te quiexas, se empezas a tomar outra medicación que que eles prescribiron ( e non administraron), entón falan de "grave erro político"...Terán narices. O único grave erro político son as súas neuronas diminuídas, o cardiograma plano en asuntos relativos á lingua, cultura, identidade, galegas. O único grave erro político é a represión que vimos padecendo desde hai máis de 500 anos...

A Ferradura en Tránsito, en nome noso, dos nosos fillos ( que recibirán o resultado da nosa loita), do nosos pais, dos  nosos avós, incluive dos dos lingüicidas Nunes Feixóo e Raxoi Brei, a nima a tod@s galeg@s a manifestar o seu repudio desta xentalla e destas ideas, acudindo a cada lugar onde se manifesten portando pancartas alusivas (lingüicida, xénofobo), en total silencio, coa boca amordazada, morrendo.

Chuzame! chuzame -

Juan Carlos I, 23 F, e a denuncia dun coronel

Posted: xoves, agosto 7th, 2008 @ 10:52 am in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 2 Comments »

Non ten desperdicio. Chegoume ao correo. Vén, como, non, en Rebelión.

Lédeo. Non adianto nada por pudencia. Neste país xa se sabe, son intocábeis e indicíbeis.

Rebelión

Chuzame! chuzame -

os mortos de De Juana

Posted: martes, agosto 5th, 2008 @ 1:43 pm in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | No Comments »

Vou un mundo farto da enxurrada hipócrita, demagóxica, e polo tanto mentireira, coa que os mass (ao unísono, lembrando aquelas instruccións que chegaban dos ministerios -Gobernación, Información e Turismo...) franquistas.

Un preso cumpriu condena e a que se monta. Todo o mundo a falar d"os mortos de De Juana Chaos", entrevistas cos familiares das vítimas...

De Juana apretaría o gatillo, non o dubido. Pero os mortos non só son responsabilidade súa.

De Juana matou por algo, non por matar. Ese "algo", a "cuestión basca", é algo que non quere resolver o Estado. Polo menos non quere resolvelo pola vía do diálogo, a única vía, aceptábel, civilizada e democrática.

Que De Juana matara non é un escándalo, pasa moitas veces, outros cometeron o mesmo delito e reciben honras de heroes.

O escándalo é que esa enxurrada teña a finalidade de afogar ideoloxía e sentimento nacionalistas. Lembremos que ser nacionalista é tan lexítimo e democrático (polo momento, que xa veremos...) como non selo, e máis intelixente, máis decente coa historia, máis progresista e economicamente interesante.

De Juana matou, pagou o que se lle esixiu e agora está legalmente libre. E que?

Pero os mortos de De Juana non só son responsabilidade súa. Se a "cuestión basca" estivera resolta, De Juana, aventuramos, non mataría. Velaí a hipocresía, a demagoxia, a mentira, da enxurra que nos afoga desde os mass.

(Señores: todos os imperios teñen o seu fin, ningún foi eterno, e aquel no que non se poñía o sol pasou a mellor vida, ese imperio comezou coas anexións de Euskadi, Cataluña e Galiza. Digo anexións. Cando estes pobos comezaron a esixir independencia, polas razóns que sexan, facer oídos xordos só  adía o problema...)

Chuzame! chuzame -

manifesto a prol do galego

Posted: xoves, xullo 24th, 2008 @ 9:28 am in LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | No Comments »

Realmente chámase Manifesto a prol da convivencia lingüística, vén dicir o mesmo que o promovido pola AELGA, xa o asinei, naturalmente.

Onte, escoitando a radio, pola mañá, era deste do que falaban, non o do promovido  pola AELGA. Convidaron a falar a Carlos  Callón. Preguntáronlle quen promovía o manifesto a prol do castelán. A súa respota foi moi morna. Non o esquezan. Detrás de todo isto (Galicia Bilibgue incluída) é lóxico sopeitar a FAES, a Aznar. Óllese o posicionamento de El (in)mundo a favor das teses aznaristas, toda a conflitividade recente con Raxoi. Estou falando de memoria, mais non creo equivocarme. Dirixida, toda esta mensaxe aos ultras nacionalistas españolistas, dos cales un poderoso clan confraterniza baixo bandeira relixiosa, e desde ese vencello se autopromocionan e aúpan uns a outros. Por certo que o nome de Esperanza Aguirre foi pouco mentada, creo que é a"gran toupa tapada"

E MAÑÁ TODOS A COMPOSTELA, AÍNDA QUE A ESTRELA SEXA AZUL, DESPOIS XA CRITICAREMOS O QUE HAXA QUE CRITICAR, PERO PRIMERO TODOS XUNTOS.

Chuzame! chuzame -

máis, de manifestos e linguas

Posted: sábado, xullo 19th, 2008 @ 4:09 pm in LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 2 Comments »

En realidade a anotación de onte era para gardala e subila hoxe, pero en fi, foi así.

Hoxe atópome con esta noticia en ANT, e con esta

E lembro que hai xente da que non se debería/podería (escollan vostedes, amin fáiseme difícil) dubidar do seu compromiso lingüístico, que desenvolve a  súa actividade no eido cultural inclusive, mais que cando lle falan de manifestos e lingua prefire escoitar outra canción.

Eu tamén, tamén me pracería oir outra balalaika, porén as cousas están como están e e neste contexto non permito que exista a máis mínima dúbida do meu posicionamento. Nin me chistan as posturas evasivas ou desmovilizadoras.

Un camarada ( e desculpas por non lembrar o nome) lembrábame aí atrás, que o manifesto pola lingua común non deixa de ser unha trasliteración, unha copia disimulada, doutro, de hai xa máis de vinte anos, nos comezos da "democracia", elaborado polos ultras da RAE. E tamén que aquel manifesto fora repudiado por Cela e Torrente Ballester. É a diferenza coa curtedade de miras (E DE CULTURA) das martitas riveritas de las crucitas. Esa diferenza ten moito (MOITO MÁIS DO QUE ELAS DAN IMAXINADO) con que Cela ou Torrente serán lidos pola eternidade e elas

(aquí poño só un nome, o cíber non me dixa tempo a moito, é o moento de mirar onde  están as Luisas, as Marinas... e tantos outros que se lles cae unha subvención da cultura galega, un ciclo de conferenciasetc...),

mentres elas terám que conformarse con familiares, amigos e achegados de boa vontade.

A propósito disto, teño noticias de que os historiadores están cocendo outro manifesto como o dos escritores...

É moi posíbel, xa o dixen, que  a sociedade non calibrara ben a importancia do manifesto Galeusca. Inclusive que escritor@s se sintan xa no manifesto por ter saído  dun círculo que eles mesmos manteñen...

Sería cousa, por exemplo, de organizar sesións públicas de asinaturas...

E que o BNG sexa máis claro, os cataláns non teñen rubor en posicioanrse claramente, mentres aquí...

Chuzame! chuzame -

Xornal Galicia

Posted: xoves, xullo 17th, 2008 @ 3:55 pm in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | No Comments »

Está para saír a finais de ano. Desta vez seica vai.

Vai ser un xornal en castelán, outro máis!!!!.

Polo que non vai responder a todas as esperazas que tiñamos depositadas nel. Pero seica vai ser maís receptivo á cultura galega.

Non nos vai tratar desde o odio visceral desde o que nos contenpla no que vulgarmente é coñecido como La Coz de Galicia. Para nós non é unha noticia totalmente positiva, para a lingua é, en principio, e como mínimo. Mala. Pero peor vai ser para La Coz. Por certo, traballadores honrados e comprometidos a soldo de d Santiago Rey y Cierra España, sabemos todos, tamén, o difícil do voso traballo, o imposíbel, mesmo. Desde esta ferradura, o meu recoñecemento eterno.
Sábese inclusive que o vai dirixir un ex-director de La Voz. Estimo que La Coz pode perder, por esta competencia, de 20.000 lectores para arriba ou arredor dese número, como mínimo, inclusive a súa supremacía na Coruña estará amezada. Terá que vaixar á segunda división, xa non poderá seguir mantendo a ilusión de trirar por riba dos 100.000 (as tarifas pola publicidade xa son outras) e despois regalar a metade. Xa lles teño comentado aquí o da súa "desesperación", viron  o dos audis?, outro síntoma máis. Acábaselle o negocio a Santiago Rey y Cierra España... o negocio do desprezo, de sentirse intocábel e amasar só coa súa fariña...

Chuzame! chuzame -

festas medievias, un lugar onde sentirte

Posted: luns, xullo 14th, 2008 @ 3:38 pm in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | No Comments »

peor que cun mal de moas.

Inzan no verán, como algo exótico que nos tira de monotonía, prestidixitación pola cal habemos pagar un prezo ben alto.

Hai que distinguir, claro, non todas son o mesmo niño de limpacarteiras. O fenómeno iniciático foi a Festa da Istoria, en Ribadavia, hai xa anos que non vou por alí, porén lembro que era lugar e ocasión de visita obrigada, onde viaxar no tempo, recrearte e experimentar a vida medieval reproducida con fidedignidade.

Porén, hoxe, como bocexos de mala dixestión reprodúcense pola nosa xeografía adiante "Festas Medievais" que de medievais non teñen nin a intención, que no mellor dos casos non pasan de feiras de artesáns adulterdas; quérese dicir, feiras onde se veden productos de artesanía a carón doutros que nin son de artesanía nin moito menos medievais. A desconsideración que coa Historia adoitan ter estes eventos secuélicos deturpa a ollos do público a que era a auténtica vida medieval, enténdase a vida medieval galega, evidentemente, dunha maneira absolutamente abraiante, estarrecedora. A última que visitei foi a de Noia, que nesta deturpación foi, desde a súa primeria edición, modélica. Onte podías comer kebabs, pizzas, comprar obxectos a pilas...asistir a representacións en castelán...os cativos podían marcar enredos do século XX en madeira e xa por iso eran medievais... Un desastre.

E a xente vai. Aínda que teña que pagar prezos de escándalo por mercadoría dese estilo, a xente vai e vai. O dito, a xente paga o que sexa por saír da monotonía.

Faría ben a Xunta, nomeadamente a Consellería de Cultura, que é a quen compete, creo, en arbitrar algún tipo de Consello Regulador ou algo polo estilo que impida máis fraudes á Historia.

Chuzame! chuzame -