ferradura en tránsito

Non tes paradura, neno

Archive for the 'Sen clasificar' Category

Osetia do Sur

Posted: mércores, agosto 27th, 2008 @ 11:14 am in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA, Sen clasificar | No Comments »

Moito se fala da súa independencia, onte proclamada, apoiada por Rusia. En contra Xerorxia, xoguete dos USA, xogada que queren aproveitar para metela na OTAN e ter meirande control xeoestratéxico.

É moito o ruído, a desinformación -información interesada- que sobre isto se emite, se oe, se le, nas fontes de información masivas. Recoméndolles a lectura deste artigo de Rebelión

Chuzame! chuzame -

lugar, metáfora política

Posted: luns, agosto 25th, 2008 @ 11:16 am in Sen clasificar | No Comments »

o campo de fútbol, uns centos de espectadores, once xogadores en cada bando, e os suplentes, árbitro etc...

e saben cal foi a palabra máis repetida ao longo dos 90 minutos de xogo?

SITIO

(se no fútbol é imprescindíbel conservar o teu lugar, imaxinen na vida...)

Chuzame! chuzame -

xogos e cultura

Posted: venres, agosto 22nd, 2008 @ 5:28 pm in Sen clasificar | No Comments »

Tamén hai que gastar orelleiras

E igual agora se decatan de que os videoxogos tan modernísimos teñen unha orixe descaradamente clara nos contos e xogos populares, de aquí ou da Madagascar. E empezan a valorar a cultura popular doutro xeito.

Vai ti saber, os xaponese igual acaban "inventando" a billarda de salón, e despois xogámola todos en familia na consola televisionar ou na mini do celular

e aínda pode que veñan os netos a preguntar quen pariu entretemento tan singular

e o peor ha de estar en que a súa orixe e funcionar non saberemos explicar

porque o que se esquece e deixa pasar dificilmente se volve recuperar

Chuzame! chuzame -

prá calceta

Posted: xoves, agosto 21st, 2008 @ 1:37 pm in Sen clasificar | No Comments »

O dito, esta muller: retiro en Camariñas palillando en xornada intensiva a ver se aínda ten tempoa rrrrreflexionarrrrrrrr o mal todo que lle leva feito á lingua galega....

Ah, esquecíame que xoga no equipo comtrario, no dos socialistas por accidente...o seu obxectivo (ou un dos prioritarios) e facer que fai, sen facer, para que nós pensemos que fixo e deamos na conclusión lóxica de que por maís que se faga é imposíbel... o cal é peor que que che peguen un tiro, aínda quererán quedar santos e mártires...
MOZ@S AO PODER, @S DA CLACETA PRÁ CASA
Chuzame! chuzame -

Final da lectura de A vida nova de Madame Bovary

Posted: luns, agosto 18th, 2008 @ 7:18 pm in Sen clasificar | No Comments »

Veño de pechar a novela. Neste momento estas pasaxes da novela amasan o meu estado de ánimo

-Saber que a ficción dá consistencia á realidade, e non ao revés. (681)

......................................

A falsidade esgótase en si mesma, porque non se sostén.  (701)

.....................................

A linguaxe, sempre a linguaxe. Son as palabras as que diferencian, dividen, colocan, sitúan, sinalan... as que
fan grandes a uns e pequenos aos outros... as palabras e a música que gardan no seu ventre de flor. A linguaxe. Xa dicía Heidegger que a vida está atravesada pola linguaxe, e tiña razón.
(702)

...................................

Os homes e as mulleres somos memoria, simplemente. Por iso existen as novelas. Porque o ser
humano é memoria, nada máis.
(703)

...................................

(ASÍ REMATA:)

Lacónico, pero seguro de si mesmo, Arístides Rocamora contestou:
-
Se hará, Hermelinda... ¡Prometo!

...................................

A novela é contradictoria, moito, dígoo por algo máis que pola teoría dos opostos que circula por ela. Nestes subliñados, dos que nace o meu estado de ánimo, poden comprobalo.

A novela máis longa da literatura galega, hiperpoboada ela, tamén é unha novela de ausencias

Mañá volvo ao mar, que sempre levo dentro.

Chuzame! chuzame -

mézclate, brother

Posted: luns, agosto 11th, 2008 @ 12:02 pm in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, Sen clasificar | No Comments »

escribiron, como da mesma man, varios alumnos meus, no papel de exame. alumnos de cero  porque non se pode dar menos. un deles, algo faltón, que por algún magnetismo nunca por min intelixíbel exercía certa atracción sobre os demais. teño a impresión de que ese rapaz padece unha enorme falta de cariño na casa, o cal non é incompatíbel coa síndrome do príncipe gallada dunha autoridade paterna diminuída o xa renunciada.

tampouco indaguei maís. era o que era, unha influencia nefasta nun grupo onde había xente boa ou moi boa, algúns que rexeitaban de cheo esa influencia pero a outros ( estamos en 4º ESO) víalles  poucas forzas para loitar contra o abismo.

nesa loita, dous factores : o lingüístico e o académico.

ao día seguinte escribino na pizarra: mézclate, brother. todo significa, meus, lembrádeo ben. erguede e mirade pola ventá. vede cantas construccións. todas, máis ou menos, feitas coa mesmos materiais. mirade o que nos din. aquela foi feita para ser habitada, aquela para só as fins de semana, aquela está claro que é un lugar de almacenaxe e traballo... é o que vedes fóra, por certo que ningunha desas construccións é inferior ás demais, todas cumpren o papel e son, para os seus donos ou utentes, imprescindíbeis por iso.

mézclate, brother. soa ben, inclusive semella que, se non o acatas es insolidario.

aquí estamos tomos mesturados (fixádevos, mesturados), uns de Sober, outros de Ferreira, outros de Monforte...eu de Chantada.

redacción, introspección, mirar dentro: quen sodes vós?, para cada un : quen son eu.

antes de entregalas, pregunta: quen é o máis importante nas vosas vidas?

entréganas, non as leo. para min Lucía é moi importante, intelixente, gran lectora, pilla todo á primeira, divertida e animada, unha sorte tela na clase, dáme seguranza. para min Adrián, este primeiro, é moi importante, estuda pouco, gústalle facer poesías. Telama é unha aventura, nin ela mesma sabe o que pode acabar dando. para min é importante a tranquilidade de David, o curso sería outro sen a súa serenidade e o seu enxebre vocabulario. Tamara non para de amolar, non estuda nada, pero aínda podemos soñar o día no que se faga consciente. Sandra, este ano acordou tarde poñerse a traballar, alegrarame que dunha vez se decida. Selene, Ntalia, a primeira Tamarao, Manuel, Iria, Alba, Miriam , Xabier... outro Adrián, que estuda algo máis, rende mellor, inclusive dá a impresión de que ás veces vai un pouco por diante do que explico...

quérovos así ou mellores, porque o potencial para serdes mellores, máis conscientes e máis sabios, máis verdadeiros e menos imaxe repetida doutros.

mézclate, brother? para qué? para acardes diluídos nun todo abismático? para renuciar  ser vós en nome dun grupo?

o grupo é importante porque o integrades vós, co avosa personalidade, desexos e esperanzas.

ao día seguinte houbo varios trocos de ubicación, voluntarios, na aula.

Chuzame! chuzame -

O profesor de vegliota. Subliñados (II)

Posted: xoves, xullo 31st, 2008 @ 3:30 pm in Sen clasificar | No Comments »

Perdín o lapis e volvo ter problemas para subliñar, polo tanto recorro a marcar as páxinas, non me gusta subliñar con bolígrafo.
A novela é unha viaxe en tren. O tren. Penso e Curros .

Non quería que a pequena Mra fose un híbrido ou unha pantasma (54)
......................................

O rebelde non é inxénuo, coñece de memoria os enganos sufridos polos seus pais; distingue axiña a mentira, igual que o recluso, e está afeito a recorrer ás diferentes falas e todos os recursos dramáticos, incluído o servilismo, para salvarse (55-56)
.................................................
O que vive o trnaso da asimilación utiliza o método científico da sospeita: cando adqueire unha vivenda ou solicita un informe médico nunca se conforma cunha única opinión (56)
................................................
Había uns corenta folios impresos con listados de nomes. Algúns correspondían a persoas que me eran coñecidas. Tamén estaba eu. Saltei á última folla. Unha clasificación: inasimilábeis e un asterisco seguido da palabra premio (59-60)
....................................

Despois todo empezou a mudar. Cando volvía á casa traía unha voz relambida e afectada e usaba menos expresións das que chegara a coñecer con nós (62)
...............................................

Penso neses libros de texto que irán á incineradora. Moitos pais protestaban porque "obrigaban" os seus fillos a apender vegliota. Non volverá haber libros e xa non nos poderemos entender. O idioma involuciona desde ese día (...)(63)
.............................................

Eu sigo escribindo, ne defensa das sete vogais, do h aspirado e doutras miudezas (64)

.............................................

Gústame esta terra, mais os seus habitantes á veces semellan cabestros  (65)

..............................................

A ditadura prohibiu cantar, mais tarde trouxo os jukebox. Logo popularizouse un caixón intalado obrigagadamente en cada pequeno habitáculo, onde se mostraba unha sucesión de miles de fotografías, a toda velocidade  (66)
..............................................

Magris afirma que quen goza dunha sólida formación científica acaba por sentirse nas súas viñas, mesmo entre os obxectos que mudan e perden decontino a súa propia identidade (67)
.....................................
Mais estou seguro do que detesto, se cadra porque o sinto no corpo (67)
.....................................
Sinto que todo o corpo se me move por dentro, pero eu estou quieto (68)
.....................................
Pensei na célebre frase de Fouché de Talleyrand, de Gaziel, de Haffner ou de tantos outros -as palabras verdadeiras teñen mil autores-: Acotío, en política, os crimes máis grandes fican impunes, mais as falsas xogadas páganse de forma implacábel (76)
.....................................
Antes as cousas duraban nunha casa toda a vida, pasaban de avós a netos. Agora non duran nada e por iso non somos máis (81)

Chuzame! chuzame -

A Revolución dos globos. Vida de Culebrius (subliñados I)

Posted: domingo, xullo 13th, 2008 @ 3:39 pm in CRÓNICA DA CRÍTICA, Sen clasificar | No Comments »

As cousas sempre é ben que empecen polo principio, dise. Pero o principio non sempre ten porque estar situado no inicio. Este é un deses casos. Rematei hoxe a lectura do capítulo IV, mentres lía, emocionado decateime de que os subliñados da segunda parte deste capítulo deben ser os primeiros que suba. Son de interese prioritario. Reflexionan sobre a concepción do humor en Alfonso Álvarez Cáccamo, que tamén é a concepción desta Revolución dos globos. Van. Contexto: Artropius Glass, biógrafo de Culebrius, que é esta novela, reproduce unha entrevista con Culebrius.
Do humor nace a crítica e da crítica, a construcción de novas ideas. A capacidade de rir é o único que nos diferencia dos animais. Así e todo, antes que co riso, escollo o sorriso provocado polo humor, e Esperanza e Elvira practican o humor máis limpo co que poidamos soñar.
-¿Que é para vostede o humor limpo?
-O humor intelixente.
-¿Quere dicir o humor intelectual, señor Culebrius?
-De ningunha maneira, aínda que ás veces poida coincidir
(...) (p. 177)
...........................................

(...) facer a conta do multiplicando da sensibilidade polo multpiplicador do compromiso na defensa das túas ideas fronte á vida; o humor que ampara ao inocente e combate ao canalla, o que se utiliza para compartir, non para arredar, o que teña unicamente marcados os límites pola verdadeira traxedia e a chusca comicidade, como dicía o filósofo Lucco Fernanveigus. (p.178)
.........................................
(...) non se trata de humor burlarse das vítimas de calquera traxedia ou da traxedia en si, por exempo un accidente, un defecto físico ou, como exemplo de traxedia en si: a fame (...) tampouco é humor o dos tristeiros pallasos (... )Teño observado que hai desgraza no interior da pallasada (... ) Sentímonos superiores ao clown (...) porque é un coitado que se complica a vida para resolver os asuntos máis sinxelos. (p. 178, remarcado seu)

.......................................
-Daquela, o humor intelixente será, segundo vostede, aquel que non dana.
-É un dos seus aspectos
(...) (p. 179)

......................................
Se vostede ridiculiza a un inocente no nome da creatividade ou fai burla da dor allea no nome da creatividade ou se o seu traballo consiste en escorregar coas boliñas mentres bota unha longa furriqueira bucal, non está vostede facendo humor, porque saíu dos límites. (p. 180)
.....................................
O humor, tal e como eu o concibo, é a arte que practican Elvira e Esperanza, entre outras e outros., que non nos provoca a gargallada senón o sorriso, e incluso a melancolía, e que nos fai cavilar porque nos vemos dentro da fraxilidade dos seres vivos (...) (p.180)
...................................
Considero que certas doses de inxenuidade son necesarias de cando en vez para poder soñar. (p.183-184)
..................................
Se se quere loitar contra algo, que se faga coas armas axeitadas, pero non mediante a poesía, incapaz de deter o avance dos tanques (...)
-(...) É posíbel que vostedes os poetas descoñezan a forza dos ses versos.

Chuzame! chuzame -

counterize di

Posted: domingo, xuño 15th, 2008 @ 1:17 am in Sen clasificar | No Comments »

10.580 visitas totais, desde o 15 de febreiro.

3.531 no último mes.

Chuzame! chuzame -

A defensa dos nosos inxenios no XVIII

Posted: domingo, maio 25th, 2008 @ 11:57 am in CARA ADIANTE, Sen clasificar | No Comments »

Orixen da palabra aldraxa "Porco galego".- Os que chasquean aos galegos co-a esispresión de <Porco galego> descoñecen o seu significado. <Porco galego> é unha loubanza dos alimentos regalados da Galiza que quer dicir; o pernil bo ha ser sempre de Galiza. Este xeito de falar empregábase xa decote no tempo de Varrón.v.g. Palma egiptia, ostrea tarentina etc.  Fica imprentado que pol-os anos 900 corrían pola Hespaña as as seguintes esipresións: Mel da Galiza; Scanda de Asturias;tríticum de Campos; Mulus de Hispalis, Caballus de Hispalis. Sería chasquear a un sevillano por expo. en ves de  <mulus hispalis> o decir <macho sevillano>? Non por certo porque a verba macho en aquel senso o mesmo que de Porco na frase <Porco galego> son substantivos e <sevillano> e <galego> adxetivos.

É de creer que non fose crsitián senón mouro, o que trocou os frenos â esipresión de <Porco galego>; porque como o substantivo porco non  é do gosto dos mouros ainda hachan violento o pronuncialo como adxectivo e así pregan perdón ante os seus por nomeal-o

Orixen do outro aldraxe de "Galego con perdón".- A isto segue outro dito de <Galego con perdón> trocándoo co que se acostuma decir cando se nomea o animal Porco, pois pídese perdón para decil-o. Os cristiáns  piden perdón por semellar cultos. Os mouros pola xenreira que teñen ao Porco, non-o nomean e piden cen perdóns cando o fan. Os Románs, nonpediron perdón a ninguén para decir porcus, nin Sus , nin Porcellus. Logo estes perdóns empregábanos os mouros entre si e a estes veñen imitar os que sin fixarse aldraxaban ôs galegos co-a frase de <Galegos con perdón>

( Nota sinéditas de Frei Martín Sarmento extractadas dos seus papeis manuscritos no Arquivo da Universidade Galega)

A Nosa Terra, número 255, 1º de Nadal de 1928

(si, si, está moi ben saber todo isto de desmitificar explicando aldraxes. Pero a xente cando che dá unha <bonita hostia> sabe perfectamente o singficado que lle está dando tanto a bonita como a hostia. o que non podemos facer é resignarnos a poñer, cultisimamente, a outra meixela)

Chuzame! chuzame -