ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Sen clasificarArchive for the '' Category

o valor dunha cultura, desde un feito cotián

Posted: Mércores, Outubro 31st, 2012 @ 7:04 p.m. in Sen clasificar | Comentarios desactivados en o valor dunha cultura, desde un feito cotián

Amenceume hoxe o día murcho, debaixo dunha mesta manta en xeito de néboa teimuda, desanimándome de pasar pola piscina e así comezar o día repleto de endorfinas, porén se onte tiña a caldeira unha peza rota e a auga saía fría…hoxe pola mañá non ía estar arranxada. Ese tempo antes de marchar traballar empregueino en […]

vantaxismo político, Mario Conde contra Hugo Chávez

Posted: Martes, Outubro 2nd, 2012 @ 6:31 p.m. in Sen clasificar | Comentarios desactivados en vantaxismo político, Mario Conde contra Hugo Chávez

Abofé que aínda seguramente queda xente que crea que isto é vivir en democracia: ir votar cando toca. Sen máis. Sen importarlle botar por delincuentes ou mentirosos contumaces, por chulos de patio de colexio ou engreídos que se cren a perfección humana, por hipócritas que só pretenden o beneficio propio a custa da suor allea […]

Atlas de Chaguán (Rosa Enríquez), versos escollidos

Posted: Venres, Setembro 28th, 2012 @ 5:53 p.m. in Sen clasificar | Comentarios desactivados en Atlas de Chaguán (Rosa Enríquez), versos escollidos

Disposición preliminar ou ánimo que non debe estar ausente na lecura do poemario de Rosa Enríquez que se pode ler en Q de Vian: 1) É de balde, polo que ao ser humano nunca lle poderá ser perdoado NON PENSAR; seguir eternamente circunscritos ao laissez faire é o comportamento das pedras, erosionadas por axentes externos. […]

actualización da definición de crítica

Posted: Xoves, Setembro 20th, 2012 @ 5:12 p.m. in Sen clasificar | Comentarios desactivados en actualización da definición de crítica

Boto unha ollada á definición diccionarial de crítica. E atopo esta, no Estraviz, que sendo crítico literario, inclusive me sorprende por canto o aspecto literario está moi presente, moito máis ca no RAE. Ora ben, imos recoller a acepción número 12 do da RAE, porque me subleva, e nesta vida estamos medio perdidos se non […]

incomódate o que di o taboleiro desta foto?

Posted: Sábado, Agosto 4th, 2012 @ 2:58 p.m. in Sen clasificar | Comentarios desactivados en incomódate o que di o taboleiro desta foto?

Saqueina en Salou. E aínda que o pan de alá é como unha esponxa ao forno… Clican nela para vela mellor.

que pasa aí?

Posted: Martes, Xuño 5th, 2012 @ 7:20 p.m. in Sen clasificar | Comentarios desactivados en que pasa aí?

Intercom-baby ( Marian Bañobre e Santiago Cortegoso ) é o premio da audiencia no VI Premio de Teatro Radiofónico Diario Cultural, outra delicatessen radiofónica e teatral que  é pecado deixar escapar. Nas distancias breves poden producirse xoias dunha intensidade só comparábel aos quilates da beleza exquisita. Porque hai, na autoría, na súa confección unha precisión, […]

O viño e o saber popular…

Posted: Domingo, Marzo 11th, 2012 @ 1:25 p.m. in Sen clasificar | Comentarios desactivados en O viño e o saber popular…

Día grande da Feira do Viño. Van trinta anos. Hai trinta anos estabamos por alí catro gatos despistados en cada cuba. Hoxe é unha arroiada de xente. Simpatía ganas de pasalo ben. Outr diferenza son as camisetas personalidas por grupos e individuos. Unha delas chamoume especialmente a  atención a do grupo Para beber viño sobra […]

in-dig-nan-te!

Posted: Martes, Novembro 15th, 2011 @ 8:40 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, LINGUA, manipualción informativa, Sen clasificar | Comentarios desactivados en in-dig-nan-te!

Fala todo o mundo deste lipdub dos rapaces de Cea. [kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/15iM-MVNG7Q” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] A Radio Galega tamén se feixo eco. Ou algo parecido. Máis ben fíxose des-eco. Se viron e escoitaron o vídeo decataranse da reivindicación lingüística, ademais da do pan de Cea. Pois ben escoitei o tempo que lle adicaron, a […]

crítica enteira de Cabalo de ouros

Posted: Luns, Outubro 3rd, 2011 @ 8:33 p.m. in Sen clasificar | Comentarios desactivados en crítica enteira de Cabalo de ouros

Nota previa e captatio benevolentiae 1-Comecei a miña actividade crítica nas páxinas de A Nosa Terra cun artigo sobre a escrita de Freixanes. E, rematada esta xeira de ANT, iniciou unha nova etapa ( tamén na miña vida) escribindo tamén sobre a narrativa de Freixanes. 2-A crítica que segue contén esquemas, mais a miña impericia non […]

o roubo improtestado

Posted: Domingo, Outubro 2nd, 2011 @ 4:17 p.m. in Sen clasificar | 3 Comments »

E que opina O Protestador, Santiago Rey  y Cierra España, dono de LVG, a cerca do expolio de NCG ou da condena aos galegos a non contar co recurso dunha fonte de financiamento propia? Porque isto é un roubo. Non cómpre man armada. Abondou a decisión. Decidiron que os cartos dos galegos non valen, mais […]