-Que tal, hai moita deberada hoxe?
Hoxe era o venres da semana pasada, non onte
-bah, non moito, pero traio uns papeis para que asinedes canto antes
....................................
-Eh, que tal no catecismo?
-ben, de vez en cando teño que acordarlle ao cura cousas que lle esquecen... pero ben, firmaches os papeis.
-Haberá tempo, entre hoxe e mañá tempo haberá
.................................
E houbo, o luns, Ío levaba, cumprimentados e asinados os papeis de autorización para o casting de A casa da luz. Pola mañá, pola tarde xa non foi a clase, doíalle a barriga.
O martes tampouco foi, seguía doente.
...............................
O mércores, Ío traía cara de disgusto.
-os da película xa viñeron onte recoller os papeis ?
-Si?, mira que apuraron...
-si, pero os meus non os recolleron...
-Como que non?
-non, a profesora non estaba e o conserxe non llelos deu...
Un verme de indignación a percorrerme. Camiñei calado.
-sabes a min de quen me gustaría facer?...de Anxo
Non é normal que un rapaz de oito anos lera xa A casa da luz, desgraciadamente non é normal, léraa en catro días. Ía polo capítulo catro e xa o tiña entusiasmado. Desde que lle dixen que o bon empezaba no capítulo cinco, non a soltaba. Lía a calquera hora do día, mesmo, o domingo, cando foramos á cafetería (por saír algo, aínda chovendo como chovía), el estivo todo o tempo lendo...
Chegados á casa, Ío foi, como sempre, dereitiño facer os deberes. Entrei en internet, escribín:
Ola:
Recentemente enviastes uns formularios para que os pais cubriramos se querían participar no casting de A casa da luz.
No CEI Xoán de Requeixo (Chantada, Lugo), onde estuda o meu fillo, recolleron onte os formularios, mais os da clase (3º A) do meu fillo quedaron por recoller porque a profesora non estaba.
Visto que o meu fillo ten moito interese nel (xa leu a novela e está entusiasmado) diríxome a vós por se houbera algunha maneira de facervos chegar os formularios eses (fax, correo electrónico) ou se se poden entregar o mesmo día do casting.
Atentamente:
Xosé M. Eyré
A resposta, o día seguinte, de Vimbio filmes
Ola:
Polo momento, as convocatorias para as probas de reparto estanse a facer
por medio da web www.vimbio.es no apartado CALENDARIO DE PROBAS.
Un saúdo e grazas.
Vimbio Filmes
MAGOA QUE NON SE LLE POIDERA FACER A PROBA. OS PAPEIS SON PARA PODER FACERLA (REQUISITO LEGAL) MAIS O IMPORTANTE PARA NOS É A PROBA. COMO INDICAMOS NO AVISO XERAL ANTERIOR COMPRE ESTAR ATENTO Á PÁXINA WEB E PRESENTARSE ÁS CONVOCATORIAS ABERTAS.
Non me satisfaceu, non cría que respondera ás preguntas que eu formulara.
Volvín mirar o calendario de probas, había unha en Santiago, venres 23, 16 horas.
-Ío, ti pide os papeis na clase.
...........................................
-papá, os papeis tiráronos
Aquel verme de indignación...
..........................................
A noite do xoves ao venres durmín moi mal. Estivera corrixindo deica as tantas. Non sei ben como dei dado as aulas. Tiña que ir porque tiña que entregar unhas notas, que se non.
Cheguei á casa ás 14 horas. Xa lle dixear a Darío que o venres pola tarde non iría a clase, que habiamos ir a Santiago facer o casting.
-Aínda estás así?
- e logo?
-E logo non imos ir facer o castig?
-deixei no cole a mochila...
-Imos por ela agora mesmo- dixo Ro. Chamei por teléfono pero nada, igual ca onte, informan moi amablemente de que non saben nada. Non teñen seguro onde fan os casting, é a conclusión que lle vin...
-Veña, ide, mentres eu xanto.
Á volta, xusto, pillounos un ballón e viñan coma se saíran da ducha...
-Eu tiña que deixar o coche na estación de autobuses- dixo Ro, mentres se mudaban.
-Lévalo, nós imos detrás, apárcalo e xa sobes con nós.
...................................
Chovía, chovía e chovía. Metinme, en Lalín, pola autopista, consciente da estafa, por adiantar un chisco. Sairamos case ás 15 horas.
Localizar o Centro Sociocultural Fontiñas deu o seu traballo. Pero conseguímolo.
.................................
-Vou aparcar mellor, vós ide indo...
Aparquei. Todo o peso da semana veume enriba. Doíame a cabeza, as pernas parecía que me querían sentar no chan...
Eu prevera gastar toda a tarde niso. Houbo sorte, segundo chegou xa llo fixeron. Non era un casting calquera, era o da película na que se contaba a historia máis bonita que lera...
-menos mal
-Si, ho, foiche unha peripecia
-(teño que preguntarlle que é iso da peripecia...mellor non, está canso e ten que conducir...xa lle chegou coa peripecia de vir deica aquí..)
chuzame -