ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

DECÁLOGO DO LECTOR

DECÁLOGO DO LECTOR

1)      NON EXISTE FRACASO LECTOR CANDO UNHA LECTURA NON GUSTA. SÓ EXITE FRACASO LECTOR CANDO NON SE ABRE O LIBRO, CANDO NON SE ENFRONTA A LECTURA.

2)      ADIVIÑAR Á PRIMEIRA CUNHA LECTURA APAIXONANTE REQUIRE MOITA SORTE, MOITA CULTURA LIBRESCA OU POSUÍR UN ESPÍRITO MOI ABERTO ( QUE ACEPTA COMO VÁLIDO CALQUERA REXISTRO). O DITO SÓ DESANIMA A QUEN TODOS OS CAMIÑOS LLE DAN MEDO PORQUE EL ESTÁ PARADO.

3)      CONSTRUÍR O GUSTO LECTOR, IR ATOPANDO AS LECTURAS QUE A UN O SATISFÁN, É A AVENTURA DUNHA DESCUBERTA MÁIS IMPORTANTE CÁ  DE QUE O HOME CHEGARA Á LÚA.MOITO ANTES DE QUE, NO SÉCULO XX  SE PUXERA O PÉ NELA, XA A LITERATURA CHEGARA E EXPLORARA OUTROS MUNDOS NON TERRÍCOLAS.

4)      CONSTRUÍR O GUSTO LECTOR TAMÉN SE FAI DESDE AS LECTURAS QUE NON GUSTEN. NON PASA NADA POR QUE UN LIBRO NON GUSTE, TAMPOUCO A TODOS NOS GUSTA A SOPA. XA CHEGARÁ O SEU MOMENTO, E SE NON CHEGA TAMPOUCO DEBE PREOCUPAR, NUNCA DAREMOS LIDO TODO O QUE HAI ESCRITO.

5)      LE NA INTIMIDADE DA CASA, LE NA PRAZA PÚBLICA, LE EN TRANSPORTES PÚBLICOS, LE EN CAFETARÍAS, LE NO BAÑO, LE ANTES DE DURMIR, LE MENTRES AGARDAS UNHA CITA, LE MENTRES AGARDAS A TÚA QUENDA, LE DEBAIXO DUN CARBALLO, LE NA PRAIA, LE NA HERBA, LE NA PISCINA, LE SÓ, LE EN COMPAÑA, LE CON MÚSICA, LE EN SILENCIO… CANTO MAÍS LEAS MÁIS BRILLARÁ A TÚA PERSOA, CANTO MENOS LEAS MÁIS VULGAR E ANÓDINO TE ATOPARÁ A XENTE, CANTO MÁIS LEAS MÁIS TE ADMIRARÁN

6)      E TEN UN LAPIS A MAN, OS LIBROS SON CONSTRUCCIÓN INTELECTUAIS D E PRIMEIRA MAGNITUDE. NELES ATOPARÁS ESA FRASE, AQUEL A SECUENCIA, ESTA MANEIRA DE DICIR…QUE TE SORPRENDE, QUE TE ADMIRA E CONSIDERAS DIGNA D E LOUVANZA. POIS NON A DEIXES ESQUECIDA NO INTERMINÁBEL RÍO DAS PALABRAS SOBRE O PAPEL

7)      E DESPOIS DE LER COMENTA, QUE A TÚA LECTURA NON MORRA NA TÚA INTIMIDADE. O QUE LES É ALGO QUE TI SABES PORQUE O LECHES, CREA CURIOSIDADE NO TEU INTERLOCUTOR. CANDO CONTAS UNHA LECTURA É COMA SE A ESTIVERAS VOLVENDO LER, COA SE A ESTIVERAS VOLVENDO VIVIR.

8)      TEN OS LIBROS SEMPRE A MAN. ÁBREOS CANTAS VECES QUEIRAS, DEGUSTA O SEU ARRECENDO , FOLLEA, DÉIXATE INTRIGAR , CRÉATE HORIZONTES DE EXPECTATIVAS, QUE CANDO TE POÑAS A LELO SEXA UN MOMENTO ESPECIAL.

9)      LENDO NON SÓ PASAS O TEMPO, APRENDES MUNDO QUE DOUTRO XEITO NON VERÍAS; SITÚASTE ,NA HISTORIA E ENTRE OS COETÁNEOS, NUN LUGAR QUE TI TE FIXECHES, SEN NECESIDADE DE QUE OUTROS CHO DEIXARAN É O TEU LUGAR; ABRÁZASTE AO UNIVERSO  E  ES CONSCINETE DA TÚA PROPIA GRANDEZA.

10)   UN LIBRO SÓ OCUPA ESPAZO CANDO NON SE LE; CANDO O LES, ENTÓN O LIBRO ENTRA DENTRO DE TI, PASA A SER PARTE DE TI, E DENTRO DE TI CABEN INFINITOS LIBROS, ÁS VECES LERALOS POR SEGUNDA OU TERCEIRA VEZ E IGUAL TE MARABILLAN MÁIS QUE A PRIMEIRA.

 

 

Xosé M. Eyré