ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

GABI CONTRA OS MINIPEDROS

Souben dos MINIPEDROS cando Ío me falou deles. Chamar, chamoulles MINIPETERS, mais finalmente acptou moi ben que eu lles galeguizara o nome; de feito, hoxe, el tamén os chama así. Moita xente non ten coñecemento de que existan, hai que ter a sorte de que alguén que os viu che queira falar deles. Porén son reias, habitan na nosa mesma dimensión, teñen espírito trangalleiro, polo tanto son bastante trasnos, aínda que non adoitan causar estragos. En canto saiba e poida hie procurar subir aquín un debuxo, trazado por Ío, que os representa. De todas maneiras igual non serve de moito, porque os MINIPEDROS son moi independentes e gústalles pasar despercibidos. Así, a xente, cando tropeza, ou cando se atraganta, cando pisa un charco e se molla, cando esvara nunha pel de banana ou se queima co caldo, adoita falar de mala sorte. Porén,  resulta dificil imaxinar que a mala sorte exista porque nós decidimos todos os nosos actos e, se non o facemos ou non o facemos ben, está feo que non queiramos aceptar a responsabilidade.

Os MINIPEDROS existen, podedes ter a seguranza. Se cadra andan entre vós. Diso non teñades dúbida. E GABI tamén.

Falar de GABI xa é máis complicado. Non se sabe  se é un ou son moitos. Eu adoito pensar neles como íncubus ou súcubus, seres malignos que se apoderan da vontade da xente. Cando un GABI se instala en ti xa non es dono do que dis nin do que fas, eles pensan, deciden e fan por ti. Os GABI son moi perigosos.

A verdade é que escribir dos MINIPEDROS e de GABI sen antes consultalo cos mestres especialistas en seres de potencias extraordinarias, xentes informadas como Antonio Reigosa ou Xosé Miranda, créame certa inquedanza. 

Mais todo ten a súa explicación.