primeira noticia dos minipedros (i)
Aparentemente non se lle notaba nada. Porén, un pai é un pai, é dicir: case unha nai.
-Todo ben no cole?
Ío non me mirou. Meteuse a correr no cuarto, en canto eu penduraba a chaqueta no percheiro e poñía as zapatillas. Despois, como o vin concentrado nos deberes, dirixinme á cociña e algo andaba cacharreando cando o sentín.
-sabes?, papá.
-Que foi?, meu.
-mandáronme escribir unha historia para o Día da Biblioteca. Sabes? Podían encargarlla a calaquera, mais chamáronme só a min.
-Caramba! Parabéns! É toda unha honra que te escolleran só a ti.
-ben me decato, ben me decato e estou contento, estou contento e faime moita ilusión.
Pode que na conversa falaramos de máis cousas, é posíbel, non podo aseguralo. Probabelmente o que pasou foi a Ío o reabsorberon os deberes e a min calquera outra tarefa. Lembro preguntarlel algo e a súa resposta.
-estamos vendo as partes do corpo. O exame á pasado mañá, se se acorda, porque ten unha cabeciña...
-É certo, a túa profesora adía os exames con moita ferecuencia, porén ti estuda como se fora para mañá, logo é cousa se repasar nada máis.
-non, se xa o sei, xa o estudei e seino, o que me preocupa é outra cousa...
Foi escoitalo e aparecer onda el. Así como se non fora por iso. Intereseime no que estaba facendo.
-as multiplicacións xa as fixen, agora estou pintando.
Corrixinllas. Estaban ben, non se despistara.
-Que é o que pintas?
-non podo dicircho, papá.
-Como non podes dicirmo?, a min podes dicirme o que sexa, xa sabes...Ademais estoucho vendo...
-si, xa sei, é raro mais é así, podes velo mais non cho podo dicir.
- E logo porque non podes? Mandaronche no cole que non mo dixeras?, iso sería moi feo...
-non, ho, que va! O que pasa é que eu sempre digo a verdade, por iso non cho podo dicir, porque se che difo a verdade vai ser mentira.
XMEYRE (2007)
chúzame -