ferradura en tránsito

Xuro que enaltecerei o meu idioma coma máxima expresión da creatividade e sabedoría do meu pobo.(Noeli Pocaterra)

SEGUIMOS ADIANTE

Son moios os aspectos técnicos que non domino. Son moitas as preguntas que me fago. Non entendo porque esta bitácora non aparece en ningún buscador, iso amola. Agora estou facendo unha nova páxina, que diferencia páxina de anotación? Cando teña solucións poderei empezar  a meter ligazóns.

Porén, vou seguir escribindo. Aínda que só me lea eu, que non o sei. Antonte tomei contacto coa nova colección de poesía de Sotelo Blanco, Edoy Leliadoura. Ten unha pinta bárbara. Xa non o digo polos autores e textos - así, de primeira ollada, o que máis me atraeu foi o de Daniel Salgado- senón polo feito de que os volumes veñen nun envoltorio plástico. Algo tan simple como iso agranda a magnitude do misteiro, ese bicho que te come a dentalladas ata que te pos a ler. Os lectoadictos dámoslle moita importancioa a estas cousas, como a sentir o cheiro do papel, que o feito de vir envoltos potencia. Poucas cousas máis entrañábeis que o cheiro dos libros.

Chuzame! chúzame -