ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

SULEMA VAI

Non ten nin trinta nin corenta anos, a verdade é que non sei a idade desta muller, ou desta moza de hoxe, que non se manifesta feminista senón normal, é dicir, cando os avances feminitas os considera racioanais incorpóraoas á súa vida con toda naturalidade. Lembro ter discutido con ela sobre o machismo de Pondal cando María Xosé Quizán puxera de “moda” aquel informe sobre a misoxinia pondaliá. É unha grande lectora, devora libros, literalmente. E eu envéxoa, porque é capaz de  botor varios meses falando desde o fascinio que determinadas lecturas lle provocan. É dicir, dispón do tempo que eu non teño para remoer as lecturas, para acariñalas, expremelas, xogar con elas. Alén diso gústalle tamén escribir, sobre todo gústalle o que eu denomino Litertaura Mínima, escribe microcontos preferentemente pero tamén é unha grande coñecedora da historia e evolución da Litertura Mínima galega. A “Historia de G.” é un dos seus primeiros traballos que eu coñezo. Agardo convencela para que me deixe poñer aquí algún máis.