ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

a medición da soidade

Sei que Sulema é de Sarria, e que é docente de ensino medio, concretamente na disciplina de inglés. Durante un breve, mais moi intenso, período de tempo coincidimos en Bande. Foi un tempo de revelacións e de fascinio, no cal cada día ofrecía algo novo, algo novo que nos unía máis. Unha unión espiritual moi especial. Eu tamén lle deixaba ver as cousas que eu escribía; case tería que dicir as cousas que eu escribía para poder deixarllas ler e dese xeito botar máis leña ao lume que nos quentaba. Unha unión espiritual, na cal, porén, cada un se manifestaba de xeito diferente, e, precisamente, esa diferenza, facínos máis conscientes da riqueza que posuiamos.

-O que me estraña é que deixaras A Coruña, que deixaras a cidade, porque no rural, sobre todo no rural do interior de Lugo hai moita menos xente, deberaste sentir máis soa.

-Non, todo o contrario

Nin que dicir ten que tras as miñas palabras agachábase a pretensión de que me ofrecera unha excusa para poder seguir véndoa, gozando da súa compaña. Aínda que pertenciamos ao cláustro do mesmo centro de ensino, os nosos encontros eran esporádicos, moi afectuosos si, mais casuais. Por iso, cando coloquei o cartel do Castañazoe  vin que se lle iluminaban os ollos, fiquei sorprendido, moi sorprendido. E aínda máis sorprendido coas sáus palabras.

-Quero que me convides a ir, necesítoo.

Non agardaba aquel arrinque, aquela sinceridade tan directa, hai que ter en conta que son unha persoa casada e con dous fillos. O cal tampouco me impide estar namorado de Sulema. Non o sei, non sei se estou namorado dela. Nin sei se será posíbel que estea namorada dalguén en particular unha persoa como ela. Fica claro que, se qeuería ir ao concerto era polla cantidade de xente que alí se ía xuntar. Por iso e porque alí tería ocasión de manifestar os seus afectos sen que parecer un bicho raro. Como así foi, estivo especialmente radiante e afectuosa. A xente que ela non coñecía (e polo tanto non saudaba) buscaba a maneirade que os puxeran en contacto con ela. Unah vez alí, non foi difícil entender a necesidade que Sulema tiña de ir.

-Cambiar A Coruña por Sober, e con esa filo.

-Non, non, ao revés, eu víñenme de Coruña porque xa non sentía con tanta intensidade o instinto de abrazar e acariciar á xente. De repente empecei a ter a impresión de que non todos merecerían o meu afecto; xustamente só aqueles que non me fagan sentir soa