ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

como coñecían a Sulema (VI)

(6)

 

Na noite daquel domingo de mediados de novembro de 1998, o Charli , o  Valín, a Ro e mais eu, non espreguizabamos a desidia apegada ás horas insulsas que nin a música ambiental do Café das Artes amortecía. Logo se nos uniría a Chus, que conxuntamente coa irmá  ( Domi ) rexentaban o local. E parimos o Primeiro Certame de Contos Ultralixeiros. A noite converteuse en memorábel desde que demos en caletrar. A ver qué son capaces de escribir os escitores deste país sen o aliciente dunha recompensa económica sequera modesta . De aí que en lugar de cartos premiaramos en especie.  Pero que escriban nas condicións que lles poñamos. Pedímoslles un tema? Non houbo acordo, a fin de contas era algo moi visto. E se lles limitamos o espazo? E como? Dúas páxinas. Tampouco é tan orixinal. Pois limitámoslles as palabras. Quen e como será capaz de escribir un conto nesas condicións? E cantas poñemos? Trinta e tres. Nin unha máis nin unha menos.

Naturalmente, como convén nestes casos nos que a conciencia fundacional é perceptibel por toda a concorrencia, levantouse acta do momento e das bases, nunha folla de xornal que gardo entre outras nostalxias varias.

Difundíronse as bases moi pouco tempo, apenas tres semanas.

Anécdotico? Enunciaba o enderezo do Café das Artes o nome dun ditador, José Antonio Primo de Rivera, que nós traspuxemos como Xosé Antón Curmán de Riveira. Anecdótico? Presentáronse 60 autores, non hai constancia  de que ningúnha misiva se perdera. 60 autores, con máis de 200 textos. O éxito da fórmula había ser depois aproveitado máis alá do Padornelo ( en internet, na prensa, na radio; de lugres como Valencia, Sevilla ou Zaragoza chegaron noticias de convocatorias de ceretames de contos de 33 palabras), e tamén, tamén na Galiza xurdirían produtos derivados ( os Contos Ínfimos, wwww) ou de convocatorias de microficción. Porén, iso é o que menos importa.

xmeyre (08)