ferradura en tránsito

Xuro que enaltecerei o meu idioma coma máxima expresión da creatividade e sabedoría do meu pobo.(Noeli Pocaterra)

como coñecín a Sulema (iii)

Ignoro o tempo que transcorreu ( meses, pois menos non) até que, paseando as follas daquel libro (agora teño a impresión de que debía ser Cousas, de Castelao), atopei o sobre. Baleiro. Non. Minto.

Guindeino fóra, sobre a cama. Odio calquera cousa que me estorbe a lectura. Por iso cheguei tarde o día seguinte, non dei as dúas primeiras clases.

Logo de aseado e almorzado, cando me dispoñía marchar, reparei nel e agarreino con intención de tiralo ao lixo. Foi dar nunha regaña cronolóxica. Gosto de tronzalos, os papeis, en anaquiños ben pequeniños, relaxa. Na tarefa descubrín que, polo cara interior interior estaba escrito.

xmeyre-2008

Chuzame! chúzame -