ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

re-flexión metaliteraria

As tres flexións na estrutura dinámica dunha historia, presentación, nó e desenlace, teñen carácter prescindíbel. O seu fluxo non é contínuo e garda unha  relación máis estreita do que parece cos, tamén, tres eixos básicos do plano temporario nos que se actualiza. Sen pasado, presente e futuro, resulta difícil concebir os axentes en que se encarna, as personaxes. Elas, feitas de pó e soplo divino ou mesmo inmateriais, colectivas, indiduais, fragmentarias… sen elas é imposíbel percibir a historia. Teóricos e críticos afanaronse en establecer múltipes tipificacións que axudaran a esclarecer a esencia das personaxes. Para así estudar as implicacións que se establecen entre elas e que sustentan a trama. Valdimir Propp, por exemplo, estableceu 31 funcións, estudando só as dos contos populares. Mais, nunha historia, a motricidade da trama que protagonizan as personaxes, non só é cuestión de voces ou puntos de vista, nin das estratexias e equilibrios estruturais empregados, nin das habilidades técnicas na figuración da linguaxe. Depende de algo moito máis humilde, algo que só aqueles que constrúen pontes sobre a mediocridade dominan, que para moitos críticos adoita pasar desapercibido  e que non é outra cousa que a capacidade do escritor para inudicir no lector esperanza.