ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

pola dimisión e Alonso Montero

Posted: Luns, Maio 19th, 2014 @ 2:02 p.m. in LINGUA, NOTICIAS CENSURADAS EN la voz de galicia | Comentarios desactivados en pola dimisión e Alonso Montero

Inicialmente pensei titular esta anotación ” Informe dramático sobre Alonso Montero”, parodiando aquel Informe dramático sobre la lengua gallega -valoren vostedes a lingua en que está escrito. Porén mentres a lingua galega é algo moi serio e nela se expresou/expresa unha literatura/cultura, de moita grandeza… pois o actual rexedor dos destinos da RAG non pasa […]

Anxo Exterminador, ese ignorante profesor universitario politicamente legal

Posted: Xoves, Marzo 21st, 2013 @ 3:09 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 2 Comments »

Partamos de que o propio tipo ( indivíduo sería concederlle unha consideración que no nmerece), pois o tipo declara: “Non teño ambición política. Eu son un profesor universitario que é o que me gusta”. É moi importante saber o status do interlocutor que temos diante. Á hora de enxuizar isto: “Os que coñecemos a historia […]

minicarta aberta a Anxo Lorenzo

Posted: Sábado, Novembro 21st, 2009 @ 11:32 a.m. in LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en minicarta aberta a Anxo Lorenzo

Moito falas agora, nada dixeches cando era necesario. Se tes vergoña, dimite. Sol  a destempo reseca, auga a destempo afoga. Nin estorbes a quen rega nin a quen ceifa, se queres comer da colleita. E ti, de espantallo, só crías corvos.

Os Bolechas

Posted: Domingo, Setembro 27th, 2009 @ 10:22 a.m. in LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en Os Bolechas

O  proxecto de Pepe Carreiro é, non se pode negar, unha iniciativa que fixo máis pola normalización do galego que todos os DXPL xuntos. Desde hai ben tempo, arredor de dous anos, máis ou menos, existe o proxecto de levar o fenómeno Bolechas ao audiovisual. Este inverno, todo parecía ir ben encamiñado. A produtora de […]

mentiras e vaselina de cara a setembro

Posted: Martes, Agosto 11th, 2009 @ 11:54 a.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 1 Comment »

Vaselina suficiente para disfrazar a andanada que  Anxo Lourezo, o Anxo Exterminador, lle está arrreando á SOCIOLÍNGÜÍSTICA GALEGA, E Á SOCIOLINGÜÍSTICA EN XERAL, pois non se vende por ningún lugar. Non é como cando  aquel famoso conselleiro volvía á terra nativa do Asma, que se esgotaban na vila as existencias de xel fixador para o […]

Valle-Inclán nunca imaxinou esperpento de tal calibre

Posted: Luns, Agosto 10th, 2009 @ 12:28 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 1 Comment »

Por se non estaba clara a intención do PP, xa lleo adiantou esta Ferradura: haberá segregación. Nunca tiveron a menor dúbida sobre iso, só xogaron ao despiste deixándoo entrever e non asegurándoo, no que o Anxo Exterminador ( Anxo Lorenzo ) desempeñou un papel moi importante, decisivo, ao dicir que non concibía un ensino segregado […]

apatheid por sexos, apartheid por linguas

Posted: Sábado, Agosto 8th, 2009 @ 11:32 a.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, LINGUA | 1 Comment »

É posíbel redactar un novo decreto para o galego no ensino…nun mes?. Pois si. Sobre todo se xa se ten deseñado previamente. Igual que se tiña asegurado o resultado da enquisa-trampa, o baile de números é o de menos. Que ninguén soñe. Que ninguén sexa tan iluso como para pensar que o Anxo Exterminador vai […]

Anxo Lorenzo, na súa verdadeira dimensión

Posted: Domingo, Agosto 2nd, 2009 @ 11:01 a.m. in LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en Anxo Lorenzo, na súa verdadeira dimensión

Anxo Lorenzo, O  ANXO EXTERMINADOR, foi un, e agora é outro, sen que se coñezan os motivos. Del só tiña referencias, non está entre as miñas lecturas. Entón, por curiosidade, vou e atopo isto, que lles comento. 1. Algunhas características da planificación lingüística en Galicia O exame da planificación lingüística desenvolvida en Galicia desde os […]

máis , sobre o pucheirazo da enquisa-trampa

Posted: Sábado, Agosto 1st, 2009 @ 12:07 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en máis , sobre o pucheirazo da enquisa-trampa

– O que primeiro chama á atención é que o Anxo Exterminador asuma que a anterior política lingüíastica era IMPOSITIVA. Fóra da FAES é o único, que eu coñeza, en soster tal insensatez. -E que excuse a Vázquez polo grande traballo que ten que facer resulta DE RISA. -Esta é a noticia nun medio madrileño, […]

confirmado: pucheirazo na enquisa

Posted: Venres, Xullo 31st, 2009 @ 4:50 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA, Sen clasificar | Comentarios desactivados en confirmado: pucheirazo na enquisa

Miren por onde, a Xunta de Galicia vai  e realiza unha enquisa (unha verdadeira chafalalda onde as dúas linguaa non están nas mesmas condicións e sae gañando o castelán) para que os pais con fillos en idade escolar decidan o futuro dunha lingua en apuros, logo de 25 anos ( un cuarto de  século, e […]