ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

ditadura LVG

Posted: Mércores, Xaneiro 21st, 2015 @ 9:08 p.m. in CARA ADIANTE, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en ditadura LVG

Non sei se a literatura galega terá tamén que recorrer a Europa para acadar o recoñecemento de que a súa calidade a fai merecente. Hoe un séntese orgulloso polo éxito do xeito. Orgulloso de que como galego, son herdeiro dunha tradición que entre outras cousas lega unha arte de pesca propia e específica ( polo […]

roteiros da dignidade polos lugares dos paseos fascistas

Posted: Mércores, Febreiro 26th, 2014 @ 7:06 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en roteiros da dignidade polos lugares dos paseos fascistas

Son moitas as cousas que un entende dificilmente e que teñen como núcleo o Partido dos Petrimetres. Como que non acepten leccións de ninguén cando teñen tanto por aprender. Como que se presenten á cidadanía como paladíns da transparencia a pesar de que cada día que pasa saen á luz novas implicacións de ppeppeiros en […]

a incomodidade de Castelao

Posted: Luns, Setembro 16th, 2013 @ 6:32 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en a incomodidade de Castelao

As instruccións para prensa, emitidas desde o Ministerio de Censura, cando a morte de Castelo, eran moi claras. Falaríase da súa relevancia como artista, nin palabra da súa actividade política, e da literaria, como moito, dicir os títulos ou o socorrido “también fue escritor”.. Mais hoxe, 2013, máis de medio século despois da súa morte, […]

As actas escuras, ou a censura da modernidade xenial

Posted: Luns, Xuño 10th, 2013 @ 7:43 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en As actas escuras, ou a censura da modernidade xenial

Vou aproveitar o respiro que me está concedendo do dedo, agardando que dure. Porque á mañá significouse ben, o moi cabrón…Así que boto man de algo que xa tiña medio feito. Sobre As actas escuras. As actas escuras, Premio Xacobeo 1992, permanecería sen ser representada durante dezoito anos. E malia que o premio conlevaba a […]

estratexia contra o esquezo vs estratexia contra a memoria

Posted: Luns, Maio 27th, 2013 @ 8:24 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en estratexia contra o esquezo vs estratexia contra a memoria

Rematei a lectura de Doentes. Baio a indignación polo tratamento cinematográfico que se lle dá no filme “nela inspirado”. Esa manía de só ver no esperpento a parte cómica, a parte de comedia, fai que o filme se vexa desposuído da cerna que lle dá identidade: a opresión que o franquismo exerceu sobre a sociedade, […]

Doentes, e as censuras a Roberto Vidal Bolaño

Posted: Luns, Maio 20th, 2013 @ 5:48 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en Doentes, e as censuras a Roberto Vidal Bolaño

Dentro do meu propio programa de homenaxe a Roberto Vidal Bolaño, estou lendo Doentes, cadrou así, comecei polo segundo tomo de Positivas, e esta é a terceira obra que presenta. Non rematei aínda a lectura, mais o que vou dicir é cousa que non pode agardar. E se non pode agardar é porque o outro […]

liberade de expresión, control informativo e Servizos Secretos

Posted: Luns, Maio 6th, 2013 @ 1:57 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en liberade de expresión, control informativo e Servizos Secretos

Non lembro ter lido nada, na prensa, sobre as tormentosas relacións dun destacadísimo e pontevedrés membro do Partido Popular; ela e el a hostias ( e creo que non só dialécticas, polo que me contaron) polos favores do mesmo home.  Daría unha melodramática teleserie de sobremesa, polo menos; ou para morbosa serie de artigos xornalísticos. […]

Hay alternativas ( e tamén censura)

Posted: Martes, Xaneiro 8th, 2013 @ 7:05 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en Hay alternativas ( e tamén censura)

E en segundo lugar, porque é fácil de ver que as propostas que fan os neoliberias non responden ás verdades científicas ou evidencias empíricas, senón a crenzas puramente ideolóxicas que, en moitos casos, mesmo chocan, como veremos, co máis elemental sentido común. Se fose certo que as medidas neoliberais realmente conseguen o que eles din […]

Que vai facer o Colexio Profesional de Xornalistas coa censura de onte?

Posted: Domingo, Novembro 25th, 2012 @ 3:34 p.m. in manipualción informativa, NOTICIAS CENSURADAS EN la voz de galicia, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 2 Comments »

O de onte de LVG é algo máis que outra noxenta mostra de censura e de manipulación, algo a que é moi dado o xornal de Santiago Rey y Cierra España, tanto que é inconcebíbel falar de censura e manipulación sen falar deles en primeirísimo lugar. É algo máis polo que supón. A bandeira española […]

vantaxismo político, Mario Conde contra Hugo Chávez

Posted: Martes, Outubro 2nd, 2012 @ 6:31 p.m. in Sen clasificar | Comentarios desactivados en vantaxismo político, Mario Conde contra Hugo Chávez

Abofé que aínda seguramente queda xente que crea que isto é vivir en democracia: ir votar cando toca. Sen máis. Sen importarlle botar por delincuentes ou mentirosos contumaces, por chulos de patio de colexio ou engreídos que se cren a perfección humana, por hipócritas que só pretenden o beneficio propio a custa da suor allea […]