ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

a onde imos?

Posted: Xoves, Novembro 21st, 2013 @ 10:05 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en a onde imos?

–Preside a Xunta un señor que non quere dar conta das súas relacións co narcotráfico. -Hai unha señora, do PP, que no Parlamento controla o que se pode dicir e o que non. -Ese señor que preside a Xunta tamén preside uo partido que goberna en Compastela e ten a inmensa maioría do seus concelleiros […]

modernidade, na política e na literatura

Posted: Luns, Marzo 4th, 2013 @ 2:05 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en modernidade, na política e na literatura

Mentres o partido político que ten diario na boca iso da excelencia, iso eficacia, iso da modernidade, exhibe “peinetas”, incrementa o desemprego, teima en destruír a sanidade pública e o ensino público… Mentres o PSOE se fractura baixo a mirada dun Rubalcaba que non dá disimulado a súa medianía, a súa mediocridade política… Mentres, a […]

hai delito

Posted: Luns, Febreiro 25th, 2013 @ 8:32 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en hai delito

Agora, con tanta xente que mal chega a fin de mes. Agora, con tanta xente que pasa fame ou recolle comida da que tiran os hiper. Agora, que a sanidade e a educación públicas están camiño de desaparecer, mentres as privadas viven na opulencia pública. Agora, que abres o xornal e che salta o caso […]

culpa, lectura, honradez

Posted: Luns, Febreiro 18th, 2013 @ 2:33 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en culpa, lectura, honradez

Asusta, moito, moito, que a xente poida crer que a corrupción é algo inherente á clase política. E aínda maís, que a corrupción sexa algo inherente á propia consubstancialidade humana. Que a corrupción sexa un mal necesario. Para os que cremos na persoa, no xénero humano, esta concepción que o PP loita por instalar na […]

se cadra soñaba pero tiven un soño

Posted: Venres, Febreiro 15th, 2013 @ 9:45 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en se cadra soñaba pero tiven un soño

Se se bota unha ollada ao Mapa da Corrupción en España, terá unha idea aproximada do nivel de podredume da actual vida política española. Ninguén queda a salvo, desde o rei imposto por Franco á Maxistratura. Cun nivel de permeabilidade realmente asustador; o cancro da corrupción non só se insatalou nos diferentes corpos sociais, non […]

espectáculos e corrupcións presenta: tá bonita a cousa

Posted: Domingo, Febreiro 3rd, 2013 @ 8:24 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en espectáculos e corrupcións presenta: tá bonita a cousa

A cousa está bonita, como no máis choqueiro dos esperpentos imaxinábeis. Protagonistas e feitos: 1) Bárcenas tensa a corda, vese apurado e presiona para saír indemne 2) A maneira de presionar consiste en airear interioridades do partido para o que traballo e polo que se sente abandonado 3) As interioridades amosan unha corrupción sen límites, […]

vergoña, política e literatura

Posted: Mércores, Xaneiro 23rd, 2013 @ 9:47 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en vergoña, política e literatura

Moito é a falar de corrupción. Sáelle unha gorda ao PP e xa logo procuran atopar eles outra no PSOE. O ” e ti máis” eríxese no auténtico criterio rexente da política actual. Sendo que con ese ” e ti máis” non se limpan as condutas indecentes dun partido senón que a esterqueira se agrande […]

credibilidade política e literatura

Posted: Martes, Xaneiro 22nd, 2013 @ 6:47 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en credibilidade política e literatura

“Non me imaxino o xefe dos bombeiros de Nova York sentado nun tribunal por non ter impedido a caída das Torres Xemelgas”, dixo  Álvarez Cascos, en comparecencia motivada polas súas actuacións no infame desastre do Prestige. E pode, seguro que hai xente que detrás desas palabras atopa ecos de razón. Cando en realidade non é […]

xustiza?, que xustiza?, levantado a lebre…

Posted: Domingo, Setembro 23rd, 2012 @ 5:10 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en xustiza?, que xustiza?, levantado a lebre…

Desde instancias políticas pídesenos aos cidadáns non só que acatemos a xustixa senón que confiemos nela. Mantra repetido á menor ocasión en que un político ande en leas coa xustiza. Desde aí se nos formula a primeira pregunta: -comparada co resto de países, polo menos occidentais, en que lugar se atopa España en canto ao […]

a solución, definitiva, da crise, está dentro do propio PP

Posted: Martes, Marzo 6th, 2012 @ 10:25 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en a solución, definitiva, da crise, está dentro do propio PP

Boten contas: -Onde van os 60.000 millóms de euros que o Tribunal de Contas reclamou a Eduardo Zaplana á fronte do Ministerio de Traballo? -Lémbrese que Aznar perdoou 300.000 millóns a Caixa Galicia, e 30.000 millóns a Caja General de Granada – E os 3000 millóns das factutas falsas entre Midway International Ltd e a […]