ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

revista de prensa, revista de presa

Posted: Martes, Febreiro 12th, 2013 @ 1:43 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en revista de prensa, revista de presa

Se un mira as portadas dos principais diarios españois comproba dúas opcións alternativas. Mentres os diarios de dereitas alborozan coa dimisión papal e non lle escatiman eloxios, os diarios “de esquerda” fragmentan a  portada, recollen o asunto papal e non esquecen a corrupción. Ratzinger tiña tal obsesión con España que eu non quero descartar axuda […]

humor indigando contra a gripe española

Posted: Venres, Febreiro 8th, 2013 @ 6:56 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en humor indigando contra a gripe española

Anda o PP todo revolucionado pola petición de dimisión en Change.org, dimisión da cúpula do PP, dimisión de Raxoi e convocatoria de eleccións . Un millón de asinaturas nunha semana, 200.ooo o primiero día. A petición que máis rápido medrou en todo o mundo. Baten récords, e non é doado contrarrestar a súa validez porque […]

a orixe da putrefacción ou o vómito da xente elegante

Posted: Luns, Febreiro 4th, 2013 @ 1:24 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en a orixe da putrefacción ou o vómito da xente elegante

Descóbrese polo cheiro. Vén dicindo o Financial Times que as institucións españolas despiden un moi preocupante cheiro a putrafacción. Desde a monarquía ao poder xudicial. Que editorialice así un medio tan influínte como o Financial Times non debería pillar de sopresa a ninguén. E que teña que facelo debería facer meditar, e moito, sobre o […]

a costra, a cotra e as nubes

Posted: Luns, Xaneiro 14th, 2013 @ 2:28 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en a costra, a cotra e as nubes

Rematei onte, e enviei, a crítica de Todo OK, a novela negra de Diego Ameixeiras de formato pequeno, de grande intensidade, de estrutura moi traballada, ritmo elevado e constante, boas descricións, de grande plasticidade. E no remate non quixen fuxir de comparar a vida envelenada delincuentes da novela cos  delincuentes/gobernantes que non envelenan a vida. […]

todo ok?

Posted: Mércores, Xaneiro 9th, 2013 @ 6:57 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en todo ok?

Todo OK non só é unha boa novela de Diego Ameixeiras, que estou lendo por segunda vez. Tamén é unha metáfora social. En si, a metáfora social xa aparece na novela de Ameixeiras, na novela negra de Ameixeiras, con aquel criador de formigas, formigas: ese símbolo da humanidade. Nótase que fun á piscina pola mañá, […]

a advertencia de Cabanillas contra o capital

Posted: Luns, Setembro 10th, 2012 @ 11:21 a.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en a advertencia de Cabanillas contra o capital

Na vida tan axetreada que levamos, atentos, pola conta ( moi económica) que nos ten, ás últimas noticias políticas, estas prodúcense con tal vertixe que non dá tempo a entender ( ou moi pouco) o verdadeiro significado dos feitos que se producen, é dicir hai moi pouca marxe para a reacción. Evidentemente isto non sucede […]

un libro, Collarte e as Misións Pedagóxicas

Posted: Luns, Agosto 27th, 2012 @ 4:22 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en un libro, Collarte e as Misións Pedagóxicas

Póñovos na situación. Onte certei cun coñecido, gandeiro. Conversamos un anaco. Había pouca xente na festa, así o primeiro tema en saír foi o da crise. -E a ver aínda o que queda por vir! Comentou. E engadiu: -Mentres non veñan roubar nas aldeas… Eu, que para min el é un dos votantes do PP, […]

o sofá e a revolución, amigo

Posted: Domingo, Agosto 26th, 2012 @ 9:28 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA, VARIA NATURA | Comentarios desactivados en o sofá e a revolución, amigo

Amigo, lembra, eu sempre estarei aí. Pódoche contar de cando me trouxeches por primeira vez á casa, unha casa case baleira, mais sempre é preciso un lugar de descanso. Ti chegabas do traballo, do traballo que pagaba a hipoteca, os estudos dos teus fillos, a vosa manutención e vestimenta diaria, algúns días de vacacións nos […]

dá para desconfiar…

Posted: Martes, Xullo 31st, 2012 @ 9:02 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en dá para desconfiar…

Na madrugada de onte rematei de ler un curioso libro de viaxes, Cando partín unha mañá de verán. Curioso, digo. Que fora escollido como o segundo mellor libro de viaxes de todos os tempos…provócame certo sorriso e ben estou seguro de que quen iso escribiu non leu nada de literatura galega, por exemplo ocórrenseme dous […]

crise e humanismo

Posted: Venres, Xullo 6th, 2012 @ 6:27 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en crise e humanismo

Levo menos dunha semana vacioneando en Esteiro. E hai moitísima menos xente que o ano pasado. A primeira que boto de menos é a de aquí, esteiráns. Imaxino que andarán por Canarias ou por New York, dous dos destinos preferidos. Particularmente boto de menos a xente nova. Moito de menos. Non os trataba, compartiamos praia […]