ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

crítica de “Instrucións para tomar café” (Manuel Núñez Singala, Galaxia)

Posted: Mércores, Xaneiro 28th, 2015 @ 7:22 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en crítica de “Instrucións para tomar café” (Manuel Núñez Singala, Galaxia)

INSTRUCIÓNS PARA VIVIR Título: Instrucións para tomar café Autor: Manuel Núñez Singala Editorial: Galaxia A xente que toma a literatura como un pasatempo é como aqueles que ven pasar o día sen saber que facer, pois todo o corpo literario, toda a herdanza literaria e todo o presente literario son auténticos manuais de vida, preciosos […]

como homenaxe a Begoña Caamaño

Posted: Martes, Outubro 28th, 2014 @ 9:22 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en como homenaxe a Begoña Caamaño

Noutras ocasións recorremos a títulos ao azar, pubicados xa hai tempo. Hoxe, logo do pasamento de Begoña Caamaño, o corazón e o cerebro xúntanse a pedirme que recuper as críticas ás súas dúas novelas. Qu eserán quen a partir de agora falen por ela, por Begoña, unha muller coas cousas ben claras e a fabilidade […]

recuperando literatura: Arto Paasilinna ( No bosque dos raposos aforcados)

Posted: Martes, Maio 20th, 2014 @ 5:50 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en recuperando literatura: Arto Paasilinna ( No bosque dos raposos aforcados)

É hoxe lugar para recuperar a crítica desta preciosa novela de Arto Paasilinna, que traduciu Tomás González Ahola e Rinoceronte publicou.   NO BOSQUE DAS LECTURAS AFORCADAS   Título: O bosque dos raposos aforcados Autor: Arto Paasilinna. Traduce: Tomás González Ahola Editorial: Rinoceronte Mentres  as ondas repercutivas do 15-O pairan na atmosfera de vilas e […]

motivación e literatura

Posted: Mércores, Maio 7th, 2014 @ 6:25 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en motivación e literatura

A motivación que fai posíbel a escrita de determinada obra adoita pasar moi desapercibida, e poucos factores poden ser tan importantes para que esa sexa (e, en moitos casos, sexa como é.) A xente le e cando remata a lectura pouco máis xulga se esa lectura lle gustou ou non e as razón polas que […]

o “medo” á xenialidade na literatura castelá e na galega

Posted: Luns, Maio 5th, 2014 @ 5:33 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en o “medo” á xenialidade na literatura castelá e na galega

Son as cousas así que hoxe vinme explicando a Rosalía de Castro nas aulas e, como o libro trae o poema do cravo cravado no corazón a carón doutro de Antonio Machado (“Yo voy soñando caminos”)…pedinlles aos alumnos que compararan o ton de ambos e dous. Hai unha distancia enorme, enorme, entre a  xenialidade rosaliana […]

involución editorial e crítica

Posted: Martes, Marzo 11th, 2014 @ 6:49 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en involución editorial e crítica

Dalgunha maneira veu coincidir a xeira de anotacións nesta Ferradura cunha entrevista a Dolores Vilavedra que ten moita miga. Di, entre outras cousas, que ” no mundo das letras impera o autoengano e a compracencia”, o cal está na liña do que nós escribimos a cerca dos egos e os reductos de poder, por exemplo. […]

Lector, Lector e Lector…e o amor

Posted: Venres, Decembro 14th, 2012 @ 2:41 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | 6 Comments »

Lendo no Galicia Confidencial a  crítica do poemario Lusocuria de Verónica Martínez Delgado, marabillaronme tres comentarios feitos sobre a miña crítica. Sempre é unha marabilla que alguén lea; se ese alguén le un libro e tamén a crítica, a marabilla eleva o seu ton; e se ademais socializa a súa opinión xa estamos en termos […]

repercutidas as letras lésbicas

Posted: Luns, Decembro 10th, 2012 @ 1:53 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 3 Comments »

Despois de 5 anos de Ferradura, nunca tal me pasara; nin nos 24 que levo exercendo de crítico.  Dalgunha maneira presentía que podía suceder algo semellante, mais non sería eu se me deixara condicionar por ese temor. Nin eu nin ningún crítico que se  prece o faría. Refírome á polémica que logo da súa publicación […]

reflexión sobre O país adormentado / un bocadiño precioso

Posted: Sábado, Setembro 8th, 2012 @ 2:58 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en reflexión sobre O país adormentado / un bocadiño precioso

Que O país adormentado sexa reedición de O país durminte, aínda que sexa noutra colección.  E que a única referencia que lle atopo na rede sexa a anterior. Ten que facer pensar. Non pode ser que un texto que marca historia, o primeiro amosar un inetrvencionismo tan claro e lúcido a espertar conciencias durmidas, non […]

crítica de Ninguén, texto enriquecido

Posted: Luns, Novembro 7th, 2011 @ 5:48 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en crítica de Ninguén, texto enriquecido

Como queira que na publicación ( Galicia Confidencial) non saíron as ligazóns, velaquí a versión enteira, á que engado en limiar as notas que tomara para unha anotación sobre títulos alternativos ao que finalmente escollín para a crónica: “Vai por ti Ninguén”. “Vai por ti, Ninguén” ten a virtude de se referir tanto á novela […]