ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

papel político da cultura

Posted: Luns, Xuño 2nd, 2014 @ 6:28 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en papel político da cultura

O día en que o BO-BÓN nos deixa en en mans do BO-BÍN, o dían e que se confirma xudicialmente que Santiago de Compostela bate récords de corrupción, vai e a min  ocórreseme falar do papel político da cultura galega. Porque tocaba, porque tocaba como  ponte  entre E logo, temos razóns para ser nacionalistas ? […]

maifesto polos facedores de soños

Posted: Mércores, Maio 29th, 2013 @ 8:57 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 1 Comment »

Entre as lembranzas dos anos primeiros 80 que meirande calor me dan, unha. Paseaba cara ao Toural, eu, que volvera de Madrid coa ansia de axudar a construír a patria que nos negaban os casteláns centralistas, os madrileños que me miraran por riba do ombreiro, desconfiados, descolocados e desde un innegábel sentimento de superioridade, cando […]

Puenteherrada, donde la historia duele (moito)

Posted: Venres, Abril 12th, 2013 @ 8:28 p.m. in LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 1 Comment »

A relación da xente do Bierzo con Galiza é un misterio difícil de resolver, de cadra irresolúbel. Se onte mantiven unha agradábel conversa co Alcalde de Ponferrada (lembran? O que se botou do PSOE para ser alcalde…) de onde tirei a impresión de se tratar dunha persoa moi agradábel, ben ao revés de como a […]

Que nos deixen en paz!

Posted: Mércores, Marzo 20th, 2013 @ 10:03 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en Que nos deixen en paz!

Que nos deixen en paz! Dun tempo para aquí veño chegando á conclusión de que os políticos galegos son de cuarta división. Non abondaba coa cegueira da UPG, coa histórica cegueira do BNG. Non abondaba coa medianía do PSdG, carentes dun diferenciado proxecto para Galiza, desconfiados do BNG e non sempre opostos ao PP. Non […]

que vai facer o PP coa cultura?, análise do seu programa político para as eleccións 2012

Posted: Sábado, Outubro 6th, 2012 @ 1:24 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en que vai facer o PP coa cultura?, análise do seu programa político para as eleccións 2012

Empeza todo na páxina 349, e é o derradeiro punto que o PP toca no seu programa. Despois de recoñecer que a cultura é un foco de enerxía e que os bens culturais deben protexerse, facilitarse e divulgarse porque non son un luxo social ( fixeron todo o contrario, vaia hipocrisía!) asegúrase que: o sector […]

datas para unha guerra, xa!

Posted: Sábado, Setembro 1st, 2012 @ 2:35 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en datas para unha guerra, xa!

E non me refiro ao da crise, as mentiras do PP, a ditadura do PP (Raxoi está no poder, e non facendo aquilo para o que foi elexido) en Madrid e en Compostela. Ben á cirse non me queda outra que referirme, mais non é eixo central desde a perspectiva económica. Polo menos desde a […]

cuestións de educación

Posted: Xoves, Agosto 9th, 2012 @ 3:08 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en cuestións de educación

– Manolo, mentres eu fago a cea, vai cos teus primos e ide tornar a auga da Picha. Entón, a nai dos dous rapaces cataláns, nun alustre de iluminación para de limar as unllas, érguese e fala. -Venga, un paseo campestre os vendrá bien (Acoutamento activo 1. Os dous primos cataláns, Manolo xa lles chama […]

a fraude institucionalizada

Posted: Martes, Agosto 7th, 2012 @ 5:04 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en a fraude institucionalizada

Lino onte e léoo hoxe. Efectivamente, por suposto, xa abonda de tanta queixa, non podo estar máis de acordo en que a queixa por si soa non  solucina nada, só é consolo de parvos. Da nada han servir manifestacións até o esgotamento. De nada han servir laios, rabechas e indignación manifesta. A non ser para […]

os afectos, os saberes e a verdade/ Pahíño

Posted: Martes, Xuño 12th, 2012 @ 5:54 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en os afectos, os saberes e a verdade/ Pahíño

Por haber, hai moita xente que considera que as esferas dos saberes e dos afectos non se tocan. Que os afectos son unha cousa, moi libres e privados, e os saberes son outra esfera máis caracterizada pola neutralidade afectiva, incluso pola operatividade neutra dos coñecementos, algo moi próximo ao técnico, ao pragmático. Como docente, como […]

alucina, vecina que estás en la esquina

Posted: Venres, Abril 20th, 2012 @ 8:12 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 1 Comment »

O vindeiro luns estará Carlos Callón, nesta vila de Chantada, presentando o seu ensaio Como defenderes os teus dereitos lingüísticos. Atopo o convite nada máisd entrar na casa. Cando saio, a iso das 5 e pico, doume de fociños xon isto: VII feria andaluza y del caballo. Organiza Asociacion Ritmo Lugo. Colabora ( é dicir, […]