ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

os candados da realidade

Posted: Venres, Marzo 28th, 2014 @ 6:55 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en os candados da realidade

Deambulo pola semana mentres trato de establecer o tema en que asentará esta anotación. Quédanme sobre todo as palabras dun alumno meu, Damián, 2º ESO, despois de ler o Recinto gris de Ledicia Costas. A Damián gustáralle moitísimo, non perdeu ocasión de dicirmo e despois de contarllo á María Xosé, a miña compañeira de departamento: […]

Arthur e o galego negado

Posted: Venres, Febreiro 28th, 2014 @ 7:15 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en Arthur e o galego negado

Arthur chegou este ano, vén da zona de Valencia, veu co seu pai, que é galego. Arthur pediu exención en galego, tiña dereito. Mais Arthur nunca refugou facer o mesmo traballo que os demais alumnos. Mesmo chegou a escribirlle un precioso poema á súa nai, en galego. Curiosamente, en galego vaille moito mellor ca noutras […]

entre Kerouac e a nada, problemática da lectura no ensino

Posted: Martes, Novembro 5th, 2013 @ 7:23 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS | 2 Comments »

Aí atrás escribín boas noticias lectoras: nunca na miña vida tiven tantas peticións lectoras de poesía como primeira preferencia, nunca me pasara dar cun alumno que cando o coñezo el xa leu a Kerouac. Pois hoxe toca o lado negro. Porque tamén hai cousas que me infunden pavor. Creo que tamén nunca atopei tanto alumnado […]

dúas cousiñas sobe a memoria, señores do PP

Posted: Mércores, Outubro 23rd, 2013 @ 9:19 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en dúas cousiñas sobe a memoria, señores do PP

Sei que a ningén do PP lle gusta a palabra memoria, prodúcelles arcadas, malestar xeral e unha tremenda diarrea mentañ. Mais agardo que cando se trate de memoria a curto prazo non se vexan tan prexudicados, a fin de contas a sáude é o primeiro, non, señores do PP? Non sei se decidirán ou non […]

a Suficiencia e os cornudos

Posted: Luns, Setembro 2nd, 2013 @ 9:05 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS | Comentarios desactivados en a Suficiencia e os cornudos

  Nunca deixaremos de nos abraiar porque o frenesí da vida nos sorprenda con outro tren máis que perdemos, e nós sen nos decatar. Este frenesí vital, créanme, élles máis certo inclusive que escasa conciencia histórica que a xente manifesta decote. Ás veces semella mentira que falemos de humanos, e non de calquera outo tipo […]

estratexias contra a Lingua Galega

Posted: Xoves, Xuño 27th, 2013 @ 8:51 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en estratexias contra a Lingua Galega

Na cafetaría dun hospital atopa un a quen non pensaba. E ela contoume algo que eu nin en pesadelos podía imaxinar. -A onde ides de vacacións? Díxenlle que pillaramos destinos en Italia, Florencia e Venecia. -Eu vou ir a Vigo. Sorpendeume. -É que é cidade galega que menos coñezo. Pregunteille, non me podía esquecer, cómo […]

sociedade, pais, alumnos: así estamos os docentes no comezo deste curso

Posted: Xoves, Setembro 13th, 2012 @ 11:46 a.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en sociedade, pais, alumnos: así estamos os docentes no comezo deste curso

Que o sistema educativo funcione depende unicamente dos docentes, e en segundo lugar da apertura e receptividade dos alumnos. Unicamente. U-ni-ca-men-te. Quero escribir, hoxe, sobre outra circunstancia ALUCINANTE. En canto remate estas liñas teño que me poñer a elaborar o Proxecto Educativo da miña materia, nos cursos e que imparto, a chamada programación. É algo […]

a verdadeira cara da crise

Posted: Sábado, Maio 26th, 2012 @ 12:15 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en a verdadeira cara da crise

A actualidade vén guiando as nosas palabras das últimas anotacións. Desde prohibir a lectura para que ninguén saiba dos desmáns, manipulacións etecé do goberno (PP, Santiago e Madrid) e fiquen a salvo de toda mácula os “señoritos” ( xa se sabe, un “señorito” non está borracho senón alegre) mentres escarallan os peares sa sociedade do […]

primeira manifestación da chafallada no ensino, continúa a manipulación da radio galega

Posted: Luns, Setembro 19th, 2011 @ 11:17 a.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, manipualción informativa, MENTIRAS NOS MEDIOS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en primeira manifestación da chafallada no ensino, continúa a manipulación da radio galega

É moi sinxelo. Comeza un novo ano académico. E neste novo curso somos significativamente menos ensinantes. A Xunta vendeu esta reducción dos docentes como unha aposta pola “calidade” no ensino. Calidade e excelencia son dúas palabras que non apean da boca.Vendeu como “calidade” algo que só é unha chafallada. Sei de varios centros na provincia […]

un curso menos, e o ensino máis en precario

Posted: Martes, Xuño 21st, 2011 @ 11:29 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en un curso menos, e o ensino máis en precario

Estamos vivindo o remate dun ano academémico máis. Paradoxalmente paradigmático. Porque a educación, a formación dos nosos fillos, debera ser tema de máximo ineterese para todos os cidadáns; paradoxalmente e paradigmaticamente non é así, absolutamente non é así. Os pais, desde que da man deixan os seus fillos na gerdería, desde que os aparcan, desenténdese […]