ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

sobre a palabra PALABRA

Posted: Sábado, Abril 20th, 2013 @ 9:01 p.m. in LINGUA | Comentarios desactivados en sobre a palabra PALABRA

Falei onte coa señora María. De falar con ela unha cousa que me marabilla sempre é esa capacidade de gardar, os usos lingüísticos que se oen dos seus labios sonme algo máis que gheadas e seseos exóticos na zona central en que eu vivo. Exemplifica á perfección a fala, da área fisterrá, mais fronteiriza entre […]

crise e humanismo

Posted: Venres, Xullo 6th, 2012 @ 6:27 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en crise e humanismo

Levo menos dunha semana vacioneando en Esteiro. E hai moitísima menos xente que o ano pasado. A primeira que boto de menos é a de aquí, esteiráns. Imaxino que andarán por Canarias ou por New York, dous dos destinos preferidos. Particularmente boto de menos a xente nova. Moito de menos. Non os trataba, compartiamos praia […]

animaladas

Posted: Sábado, Agosto 14th, 2010 @ 9:24 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en animaladas

Son as que recollín hoxe, segundo foi devalando o  día. A primeira contáronma a o pouco de chegar a Esteiro. Result aque onte, na praia, un can mordeu O Carliños, que andará polos catro u cinco anos. Contoumo a súa bisavoa. O rapaza andaba xogando pola area cando un can o trabou nunha nádega. Os […]

comportamentos lingüísticos desde a toalla

Posted: Mércores, Xullo 28th, 2010 @ 6:38 p.m. in LINGUA | Comentarios desactivados en comportamentos lingüísticos desde a toalla

-Es que sin inglés no eres nadie, y así de esta forma te entretienes y es mas fácil aprender porque sin inglés no eres nadie. Díxoo unha moza, unha desas da tríada odiosa do ano pasado, que calculan exactamente o momento en que recomponer o bikini para atraer cara a elas a atención masculina. Pobre […]

anecdotario e futbolario

Posted: Mércores, Xullo 7th, 2010 @ 3:53 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en anecdotario e futbolario

Mentres escribo estou escoitando o empalagoso canto españolista con que os mass regan os nosos oídos. A este paso, vai facer o fútbol o que non conseguiron tantas guerras politiqueiras, a ocupasción definitiva de España polos ideais dos RRCC. Antes de pasar a relatarlles o suceso anecdótico que hoxe vivín, non quero continuar sen deixarlles […]

o paraíso e a voz do chuloputas maltratador

Posted: Mércores, Xuño 30th, 2010 @ 3:21 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en o paraíso e a voz do chuloputas maltratador

Este é un bon sitio para nadar. Hoxe, á  mañá, a marea estaba así de baixa. Cando me metín na auga,aí pola 1 do mediodía, o contacto coa auga foi frío, mais despois non quería saír da auga. Botei nela case unha hora. A cousa é que cheguei aquí acatarrado, cun estrés descomunal e a […]

a palavra da Sra. María, e os milagres

Posted: Luns, Marzo 1st, 2010 @ 11:28 a.m. in LINGUA | Comentarios desactivados en a palavra da Sra. María, e os milagres

A Sra. María de Esteiro (Creo) escribiu, en dúas libretas, todos os trucos que foi aprendendo da vida, maneiras sinxelas de solventar problemas domésticos, consellos para vivir máis doadamente. De cociña, de limpeza, de economía, de botánica, de xardinería… Eu picábaos no computador, e cando quería facer algunha modificación, sempre me diacía: -Si, hom , […]

a Muller da Man Verde e mais eu

Posted: Luns, Agosto 3rd, 2009 @ 11:15 a.m. in VARIA NATURA | Comentarios desactivados en a Muller da Man Verde e mais eu

Vive nun apartamento pequeno, nada máis entrar está un cuarto que fai as veces de recibidor,  sala de estar, comedor e cociña. Só hai outras dúas portas: unha dá para unha habitación, a outa permanecía pechada e non me gusta ser indiscreto, imaxino que será o baño. Chégase subindo unha escaleira de caracol, non é […]

actualidade improvisada

Posted: Mércores, Xullo 29th, 2009 @ 3:56 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en actualidade improvisada

Probabelmente, todo o que podía saír mal…saíu mal. Iso agardo. Onte perdínos cebos. Hoxe erguimne, subín no coche e aops  100 metros marchei co espello de outro. Agora debería estar subindo unha anotación sobre o campo semántico rexedor de  Na terra desluada,e vou  e atópome improvisando isto porque me quedou na casa o lapis-memoria. Nun […]

Arredor de si, en clave madrileñí

Posted: Xoves, Xullo 23rd, 2009 @ 4:05 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en Arredor de si, en clave madrileñí

Que si, inclusive me gusta máis este título que o que lle puxen á crónica: Godot arredor de si. Por certo, velaquí a primeira entrega do subliñados: Eu descubrino enseguida; ¡Nietzsche tamén quería ser outro!, e por iso falaba doutra vida –neste mundo- que cualificaba de superadora e verdadeira. (22) …………………. Carlos Marx aparecéuseme de […]