ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

leccións para Feixó

Posted: Xoves, Abril 11th, 2013 @ 7:42 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en leccións para Feixó

Escribía onte no feisbu que Feixó volveu soltar iso de que “non admite leccións”. E que a min iso xa me indica que debo desconfiar del, porque algo que a vida nos ensina a todos é que nunca, nunca, nunca se pode deixar de aprender , e quen deixe ou é porque está morto xa […]

Feixó e as chulerías do déficit

Posted: Venres, Marzo 1st, 2013 @ 7:23 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en Feixó e as chulerías do déficit

Anda Feixó chuleándose de pechar 2012 cun déficit do 1,19. Mais igual on son as cousas como para presumir tanto. -Pechouse 2011 cun déficit do 1,61. 4,7 acumulado desde 2009. -Pechárase 2010 cundéficit do 2,38 -Que en 2009 fora de …, abonde lembrar que no 2008,  co bipartito e xa entrados da crise, fora de […]

espectáculos e corrupcións presenta: tá bonita a cousa

Posted: Domingo, Febreiro 3rd, 2013 @ 8:24 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en espectáculos e corrupcións presenta: tá bonita a cousa

A cousa está bonita, como no máis choqueiro dos esperpentos imaxinábeis. Protagonistas e feitos: 1) Bárcenas tensa a corda, vese apurado e presiona para saír indemne 2) A maneira de presionar consiste en airear interioridades do partido para o que traballo e polo que se sente abandonado 3) As interioridades amosan unha corrupción sen límites, […]

propósitos e enmendas

Posted: Martes, Xaneiro 1st, 2013 @ 8:49 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en propósitos e enmendas

2012+1. Xa. 2012 despediuse cunha chuviñada xeitosa. 2013 naceu con ceo atoldado. E anoite será igualmente negra. Hai un ano escribín propósitos nesta Ferradura, naquel aninovo de número capicúa. Hoxe non quero. Polo menos non vou asegundar eses propósitos de ser boíño, de ser ban mandado e non dar problemas. Iso nunca. Porque cando iso […]

as cousas claras… e os touros para wert,que é o que sabe facert

Posted: Xoves, Decembro 13th, 2012 @ 3:35 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, LINGUA | Comentarios desactivados en as cousas claras… e os touros para wert,que é o que sabe facert

Nin todo o mundo ten porque ser culto, nin se pode agardar que de cando ne vez meta a zoca na lama. Mais o que non é de recibo é que un Ministro de Educación teime no paletismo imbécil da burramia máis orelluda e malintencionada. Teime. Paletismo. Imbécil. Malintencionada. Raxoi, Werth, Feixó, Susi Vázquez Teime, […]

a realidade e a ficción, entre Manuel Rivas e A.N. Feixó

Posted: Domingo, Outubro 28th, 2012 @ 8:26 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en a realidade e a ficción, entre Manuel Rivas e A.N. Feixó

Son aínda ben delas, as cousas que me quedaron no tinteiro unha vez rematada a críticia: 1072 palabras, máis grande do habitual nas miñas. Unha delas, por exemplo, que nin mentei porque xa sabía que de facelo me iría o tamaño en desmesura, é o uso de fotografías. O uso de fotografías para ilustrar a […]

Feixó, desde dentro

Posted: Mércores, Outubro 17th, 2012 @ 5:31 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en Feixó, desde dentro

Páxina 6, pola dereita, de aí é de onde examino a sinatura de A. Núñez Feijoo. Adianto, a miña formación como grafólogo é puramente autodidacta. Aínda así. Circula por aí unha análise grafolóxica. Un tanto, ou moito, apresurada. Nótase na categorización dos períodos breves. No seu amoreamento. Na necesidade de dicir moitas cousas en pouco […]

en África non hai tolos

Posted: Mércores, Outubro 10th, 2012 @ 6:14 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 3 Comments »

Vin o outro día como Gonzo, en El Intermedio de La Sexta, falaba, para toda España, en galego. E non morreu ninguén por iso. Vin tamén como poñían a parir o goberno Raxoi, por aquilo de que os sen papeis veñen de turismo sanitario. Vin e penso. Penso que en África non hai tolos. Que […]

o debate de onte, o de hoxe e o de mañá

Posted: Martes, Outubro 9th, 2012 @ 5:45 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en o debate de onte, o de hoxe e o de mañá

Ao que se viu/escoitou onte, chamarlle debate é como pretender cun vaso de auga alagar o deserto. Ou como crer que as análises da prensa de hoxe responden a meditacións valorativas non mediatizadas sobre o que se escoitou/viu. Iso hai que dicilo antes de nada. Porque por debate débese entender outra cousa, débese entender por […]

porque Feixó non sabe que as vacas sempre teñen nome de muller?

Posted: Martes, Setembro 25th, 2012 @ 6:27 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en porque Feixó non sabe que as vacas sempre teñen nome de muller?

Pouco a pouco van mudando as follas do almanaque, e as das árbores inexorabelmente caendo a non ser que sexan perennes. Como perenne parece ser a desmemoria da sociedade, inoculada intravenosa desde os púlpitos mediáticos en persecución de novas formas de distraer a opinión pública e xeneralizar o esquecemento que faga imposíbel calquera acto de […]