ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

as cousas como son, malditismo e novela negra

Posted: Sábado, Novembro 10th, 2012 @ 12:19 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en as cousas como son, malditismo e novela negra

Veño de ler un artigo sobre a novela negra, sobre a novela negra galega. Con moito interese, porque acabo de ler A punta de pistola ( Fran Alonso, Xerais), que é unha novela na cal hai doses de xénero negro. Cantas? Ata que punto é de xénero negro? Levo xa feitas varias reflexións sobre iso, […]

a historia, A PUNTA DE PISTOLA

Posted: Xoves, Novembro 8th, 2012 @ 5:59 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 2 Comments »

O marco non dá para máis, obriga, obriga a consumir cada segundo a punta de pistola, coma se fora o último, coma se fora o último a carón dos demais que están vivindo canda ti, coma se fora o último antes do seguinte, antes da seguinte confluencia, antes da seguinte diverxencia. O marco non dá […]

o desacougo de Fran e a bomba cultural

Posted: Domingo, Febreiro 5th, 2012 @ 9:19 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en o desacougo de Fran e a bomba cultural

Non é para menos. Aquí, padecendo a beatificación da realeza, mentres fóa se le algo ben distinto. Nin é o único.  Veño de rematar a crítica de Crac, e é boa testemuña do que escribo. Que foi rematar a crítica e  poñerme a petiscar no Transición de Fran Alonso. Só lin petiscos, o suficiente para […]

crítica de Ninguén, texto enriquecido

Posted: Luns, Novembro 7th, 2011 @ 5:48 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en crítica de Ninguén, texto enriquecido

Como queira que na publicación ( Galicia Confidencial) non saíron as ligazóns, velaquí a versión enteira, á que engado en limiar as notas que tomara para unha anotación sobre títulos alternativos ao que finalmente escollín para a crónica: “Vai por ti Ninguén”. “Vai por ti, Ninguén” ten a virtude de se referir tanto á novela […]

arquitectura narrativa de Ninguén

Posted: Venres, Outubro 28th, 2011 @ 5:29 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | 2 Comments »

Dixen, nunha anotación anterior, que me gustaría ter tempo para facer un estudo comparado da tratamento da soidade en Males de cabeza e Ninguén. Sen esquecer a implicación que niso ten a arquitectura narrativa en ambos casos. Mais por agora ímonos contentar coa correspondente a Ninguén Dixen tamén que a literatura de Fran Alonso é […]

Proust, cabrón, isto vai para ti…

Posted: Martes, Outubro 25th, 2011 @ 5:36 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CHISTES MULEIRO-PARROTA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 1 Comment »

Para que escribiches Na procura do tempo perdido, se ti sabías que esa procura é tempo perdido. Sabíalo ben sabido porque ti experimentáchelo en experiencia propia, toda a túa vida foi a fracasada tentiva de apreixar o tempo, de retorcer a  liña temporal deica mirala fronte túa coma se estivera a carón. O único que […]

a narrativa inversa de Fran Alonso

Posted: Mércores, Outubro 19th, 2011 @ 11:36 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | 1 Comment »

Comecei onte a lectura de Ninguén, título co que Fran Alonso regresa aos trinques. Non sei aínda se definila como novela ou non. En todo caso, o xénero é o de menos, se a literatura é boa, e eu non dou resistido a tentación de escribir esta anotación, así de entrada. O propio Fran Alonso, […]