ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

as mafias da cultura galega

Posted: Luns, Febreiro 24th, 2014 @ 9:38 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en as mafias da cultura galega

Dicir que non existen é mentir. Das tres acepcións que a RAG dá, é obvio que as dúas primeiras se auto exclúen porque aquí non falamos de organizacións criminosas. Mais a terceira si é válida: “Grupo que protexe os seus propios intereses utilizando medios ilícitos ou inmorais” Hóubooas, hainas e haberaas. Desde sempre, desde a […]

mafias culturais e mafias anticulturais

Posted: Xoves, Febreiro 20th, 2014 @ 7:29 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en mafias culturais e mafias anticulturais

Se as mafias en si son un dos fenómenos máis preocupantes da sociedade porque inutilizan calquera forma política en nome dunha fidelidade que só ten algunha semellanza coa ditadura, e ademais tal fidelización lógrana desde a intimidación e o impedimento de calquera tipo de comportamento individual previamente non aprobado pola chefía mafiosa. As mafias culturais […]

para que carallo nos quere España?

Posted: Xoves, Decembro 6th, 2012 @ 8:31 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 2 Comments »

Noutras ocasións teño escrito a redos do que eu, como galego lle debo a España: Supostamente lle debo. Porque, en realidade, o pouco de bo que lle podo recoñecer (a participación na cultura castelá) queda esmagado polos aspectos negativos, onde salienta un: pouco lle podo agradecer a España por deixarme “participar” na súa cultura se […]

antes de que me permee a furia

Posted: Sábado, Novembro 24th, 2012 @ 12:40 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en antes de que me permee a furia

Está de moda falar/escribir sobre sociedades intervidas. Véxanse senón as “queixas” reiteradas de que Europa condiciona o desenvolvemento de España, Portugal, Grecia, Italia… Porque é moi estreita a marxe de decisión propia. Ben pois as mesmas persoas que emiten esas queixas deberían entender á perfección as queixas de cataláns, galegos e bascos, porque o problema […]

o valor dunha cultura, desde un feito cotián

Posted: Mércores, Outubro 31st, 2012 @ 7:04 p.m. in Sen clasificar | Comentarios desactivados en o valor dunha cultura, desde un feito cotián

Amenceume hoxe o día murcho, debaixo dunha mesta manta en xeito de néboa teimuda, desanimándome de pasar pola piscina e así comezar o día repleto de endorfinas, porén se onte tiña a caldeira unha peza rota e a auga saía fría…hoxe pola mañá non ía estar arranxada. Ese tempo antes de marchar traballar empregueino en […]

por qué o PP odia a república e os españois deberían agardecela

Posted: Luns, Outubro 29th, 2012 @ 10:21 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en por qué o PP odia a república e os españois deberían agardecela

Que España se dirixe cara a un novo réxime político parece cada máis incuestinábel. E desexábel, porque a república é un réxime moito máis razoábel  e moderno que a monarquía. Porque a estas alturas seguir mantendo unha familia real que goza de privilexios especiais, tan especiais que inclusive as infantas non teñen obriga de saber […]

o valor do noso

Posted: Domingo, Abril 8th, 2012 @ 7:21 p.m. in VARIA NATURA | Comentarios desactivados en o valor do noso

Veño de percorrer a Península, de oeste a leste e viceversa, en auto, na semana pasada. Unha auténtica aventura. Máis significativa na volta, porque entrei na Galiza de día, mentres que na ida marchara pola noite e só pasou que, de súpeto, aparecemos sen horizontes ou cuns horizontes moi lonxanos, difuminados, perdidos na lonxura, iso […]

pola modernización da Galiza, corta con LVG

Posted: Sábado, Setembro 4th, 2010 @ 11:13 a.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 2 Comments »

Velaquí unha descrición, unha descrición realista e doída, de como se atopa Galiza hoxe, de como se atopa e das causas, resumo: -ocultar información para non preocupar (incendios) -prohibición do galego en nome da liberdade (lingua propia) -campo a ermo para modernizalo (modernizalo como o de Castela, ese ermo seco?) -privatización dos servizos (imaxe dun […]

a máquina de fazer españois

Posted: Xoves, Agosto 12th, 2010 @ 2:58 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en a máquina de fazer españois

E o título do libro do escritor portugués Valter Hugo Mae que ando lendo, do que xa teño falado e que volverei traer a esta ferradura. Mais non lles vou falar hoxe dos avatares do Sr. Silva, encerrado nun asilo indesexado, que durante seis día se nega a falar. Descoñezo aínd a razón, o motivo […]

as orixes galegas do mítico portugués

Posted: Venres, Agosto 6th, 2010 @ 3:34 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en as orixes galegas do mítico portugués

Non son poucos os que comentan, aventuran, falan, das orixes galegas do Luís Vaz de Camoes.Tales orixes galegas son certas. Comentouno JT Montalvao Machado (1892-1995) en Alguns Acontecimentos Esquecidos do Tempo do Rei D. Fernnando, nunha Assembleia Geral-ordinaria o 2 dw novembro do 79 ( recollida despois nos Anais da Academia Portuguesa da Historia, II […]