ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

plan de fomento da lectura

Posted: Luns, Setembro 21st, 2015 @ 5:33 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 1 Comment »

No remol do publicado por Brétemas, e como é tema de para min moito interese, quero reflexionar un pouco e facer un par de aclaracións. Observarám que Brétemas titula “Plan do fomento do libro” e é de precisar, en primeiro lugar, que libro e lectura non son o mesmo. Enténdese evidentemente que detrás do fomento […]

Aprender a ler de forma literaria

Posted: Mércores, Maio 6th, 2015 @ 6:47 p.m. in CARA ADIANTE, CRÓNICA DA CRÍTICA, EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS | Comentarios desactivados en Aprender a ler de forma literaria

Boto man deste artigo e cópiolle o título porque tenche as súas implicacións. “Aprender a ler de forma literaria”, nada menos nin nada máis e con toda a xusta razón. A fin de contas non é tan complicado, apréndese a ler de forma literaria…lendo. Só cómpre iso, ler. É tan sinxelo como iso, ler. Claro […]

que lugar ocupa o libro na túa vida?

Posted: Luns, Abril 20th, 2015 @ 6:29 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS | Comentarios desactivados en que lugar ocupa o libro na túa vida?

As cifras son alarmantes. O ano pasado, en España vendeuse o 10% menos de libros e publicouse un 3% menos.Aínda así é, despois do Reino Unido e Estados Unidos, o terceiro expotador mundial. Aínda así porque en España é moi pouca a xente que le, só len menos en Portugal e Italia. Teñen todos os […]

lectores públicos

Posted: Xoves, Decembro 18th, 2014 @ 6:25 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en lectores públicos

Avánzolles que non teño ningunha esperanza de que estas palabras cheguen a ollos con suficiente poder como facer algo positivo ao respecto. Son tantas veces xa as que levo escrito sobre a lectura, e son tantas as que aínda escribirei! Poucas habilidades aprende o ser humano tan importantes como a capacidade de extraer información de […]

Risco, Castelao, e o drama de min

Posted: Luns, Agosto 18th, 2014 @ 9:04 p.m. in CARA ADIANTE, VARIA NATURA | Comentarios desactivados en Risco, Castelao, e o drama de min

Escribiu Risco, Vicente Risco, n´O porco de pé, unha farsa, un xoguete cómico, unha enorme retranca sobre o poder e o papel da ignorancia na sociedade. Non foi o único da Xeración Nós, Castelao tamén deixou constancia do tema, n´ Os dous se sempre de xeito moi directo, sen deixar de figurar no resto da […]

os retos na dinamización lectora

Posted: Xoves, Maio 29th, 2014 @ 6:13 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA, EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en os retos na dinamización lectora

Ler o Harry Potter, ou ler Gloria Fuertes está ben, non se pode negar. Claro que un preferiría outra Gloria, Gloria Sánchez, e a Fernández Paz ou Xabier Docampo en lugar da J, K. Rowling. Afacer as mentes a ler resulta moito máis doado se se fai desde as preferencias lectoras do alumno. E onde […]

recuperando literatura: “sobre a lectura seguido de Dïas de lectura”

Posted: Martes, Maio 13th, 2014 @ 5:08 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en recuperando literatura: “sobre a lectura seguido de Dïas de lectura”

  SOBRE A LECTURA E UN LIBRO DE CARLOS LEMA Título: Sobre a lectura seguido de Días de lectura Autor: Marcel Proust. Tradución, introducción e notas de Carlos Lema Editorial: Trifolium Anda o mundo tan indigado resolvendo crises e fusións bancarias, tan atento a se os países logran colocar as súas débedas ou lles rebaixan […]

guión, libre e vertixinoso, para unha historia da ignorancia ( co libro e a lectura de fondo)

Posted: Mércores, Abril 23rd, 2014 @ 8:18 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en guión, libre e vertixinoso, para unha historia da ignorancia ( co libro e a lectura de fondo)

  O coñecemento do mundo resulta esencial para o desenvolvemento da vida humana. Vivimos no mundo, sinxelamente, e descoñecer onde vivimos revélase como o mellor método que leve ao suicidio que supón desnortamento vital. Nun primeiro momento da historia da humanidade, o coñecemento do mundo fíxose a través do mito. O mito, a fábula mediante […]

o bombazo do día ou a carnalización da lectura

Posted: Xoves, Abril 10th, 2014 @ 5:35 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 2 Comments »

O acontecer diario deixa moitas noticias, comentalas é de por si un dos exercicios máis saudábeis mentalmente que se poden recomendar. Mais hoxe non vou parar mentes na petición de dimisión, a necesidade da dimisión do Director Xeral de Política Lingüística, nin do recoñecemento a a Aurora Marco, o libro  de Yolanda Castaño, o Culturgal, […]

Os Gotten e os libros intelixentes

Posted: Luns, Marzo 31st, 2014 @ 5:56 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en Os Gotten e os libros intelixentes

Ás veces, cos libros, pasa coma na  Biblioteca da Iguana da Xosé Miranda coas palabras, que desparecen, aparecen e transmútanse. A fin de contas, un libro vén sendo un mar de palabras ordenadas. E a min pasoume onte. Chegado de Ourense ás 12 pasadas, a onde fora por ver o partido de fútbol que xogaba […]