ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Aprender a ler de forma literaria

Posted: Mércores, Maio 6th, 2015 @ 6:47 p.m. in CARA ADIANTE, CRÓNICA DA CRÍTICA, EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS | Comentarios desactivados en Aprender a ler de forma literaria

Boto man deste artigo e cópiolle o título porque tenche as súas implicacións. “Aprender a ler de forma literaria”, nada menos nin nada máis e con toda a xusta razón. A fin de contas non é tan complicado, apréndese a ler de forma literaria…lendo. Só cómpre iso, ler. É tan sinxelo como iso, ler. Claro […]

hai delito

Posted: Luns, Febreiro 25th, 2013 @ 8:32 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en hai delito

Agora, con tanta xente que mal chega a fin de mes. Agora, con tanta xente que pasa fame ou recolle comida da que tiran os hiper. Agora, que a sanidade e a educación públicas están camiño de desaparecer, mentres as privadas viven na opulencia pública. Agora, que abres o xornal e che salta o caso […]

humor indigando contra a gripe española

Posted: Venres, Febreiro 8th, 2013 @ 6:56 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en humor indigando contra a gripe española

Anda o PP todo revolucionado pola petición de dimisión en Change.org, dimisión da cúpula do PP, dimisión de Raxoi e convocatoria de eleccións . Un millón de asinaturas nunha semana, 200.ooo o primiero día. A petición que máis rápido medrou en todo o mundo. Baten récords, e non é doado contrarrestar a súa validez porque […]

falemos de María

Posted: Mércores, Febreiro 6th, 2013 @ 6:51 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en falemos de María

Liberdade, sen liberdade de pensamento nin liberdade de expresión, non é liberdade senón fraude. Vida sen liberdade non é vida senón días prestados para maior proveito de quen pode comprar a liberdade. Porque a liberdade cómprase, diso non hai dúbida. Que llo vaian dicir a Bárcenas. Que llo digan a Méndez e os que estafaron […]

rap e liberdade

Posted: Venres, Abril 6th, 2012 @ 11:01 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en rap e liberdade

Os mozos, pola tarde, facían un jam session rap. Unha idea do jazz, que os mozos incorporaron ao rap. Nada novo. Mais esta tarde, no Passeig Jaume I demos cuns mozos que facían unha jam rap como espectáulo, no que animaban á participación do público. Saudei a iniciativa, aqueles mozos realizan unha animación sociocultural , alén da jam, […]

en castellà si es vol cobrar

Posted: Sábado, Xaneiro 14th, 2012 @ 8:50 p.m. in LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en en castellà si es vol cobrar

Viva a democracia. Repitan comigo: Viva a democracia! Vivan a democracia e o pluralismo Viva a democracia, fóra a imposición e o fascismo! (Repitan comigo. É a maneira de crer que vivimos nunah democracia, nunha democracia pluralista que deixou atrás o fascismo)

nova definición de liberdade, porque o mundo avanza

Posted: Martes, Outubro 5th, 2010 @ 7:02 p.m. in LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en nova definición de liberdade, porque o mundo avanza

A RAE non é precisamente moi dada ás  revisións. O que pasa é que, seguindo o PP na súa actitude, igual ten que estudar modificar a definición de liberdade. Aínda non hai nada que a Raxoi lle volveu saír pola boca. Na nova definidión de liberdade: -un cativo de Coruña, aínda que os seus pais […]

radicalización vixiada

Posted: Xoves, Xullo 1st, 2010 @ 11:30 a.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en radicalización vixiada

Chégamepolo correo esta noticia, na que se fala da vixianza a que vai ser sometido calquera cidadán sospeitoso de radicalización violenta. E seguiranlle chamando democracia a esta pallasada! O peor non é, en si, a falta de liberdade (individual e colectiva) para poder opinar, aspecto fulcral en calquera democracia. O peor, na miña opinión, é […]

o camiño por andar

Posted: Venres, Xuño 25th, 2010 @ 10:15 a.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en o camiño por andar

Unha análise social medianamente fonda sen dúbida ha concluír que vivimos unha sociedade na que os interlocutores sociais están moi desacreditados. Prensa e partidos políticos son dous peares básicos da democracia, porén tanto uns como outros viven momentos de credinilidade moi baixa. Hoxe esperto lendo esta reportaxe, na que se fala dunha vella teima miña […]

a mala educación e a falta de liberdade

Posted: Xoves, Marzo 25th, 2010 @ 11:32 a.m. in LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en a mala educación e a falta de liberdade

Chamamos lingua propia, chamámoslle lingua propia ao galego, porque foi a única lingua creada pola sociedade galega. A única. Creámola nós, ese nós histórico que vós odiades, porque nel só estamos nós e vós sodes uns lementos estraños que agora pretenden ser da familia tanto como nós somos. A ver se lles entra na cabeza […]