ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

pola dimisión e Alonso Montero

Posted: Luns, Maio 19th, 2014 @ 2:02 p.m. in LINGUA, NOTICIAS CENSURADAS EN la voz de galicia | Comentarios desactivados en pola dimisión e Alonso Montero

Inicialmente pensei titular esta anotación ” Informe dramático sobre Alonso Montero”, parodiando aquel Informe dramático sobre la lengua gallega -valoren vostedes a lingua en que está escrito. Porén mentres a lingua galega é algo moi serio e nela se expresou/expresa unha literatura/cultura, de moita grandeza… pois o actual rexedor dos destinos da RAG non pasa […]

o acoso psicolóxico, a carta branca dos políticos e o teorema do macaco infinito

Posted: Mércores, Abril 30th, 2014 @ 5:27 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en o acoso psicolóxico, a carta branca dos políticos e o teorema do macaco infinito

Puxo de actualidade un partido político, alá polos 90, do pasado século, teoría e práctica do desprezo a quen non participa do mesmo pensamento polítioo, social, e cultural que o goberno e partido político que o habitaba : PP. E tivo aplicados e entusiastas seguidores que, non contentos con iso, deron un paso máis, o […]

pasou así ( pasa así, tantas veces)

Posted: Venres, Marzo 14th, 2014 @ 9:49 p.m. in LINGUA | Comentarios desactivados en pasou así ( pasa así, tantas veces)

Unha muller, a súa filla e o mozo da súa filla agardaban diante do pequeno mostrador cando nós chegamos. A nai esforzábase en serlle simpática ao mozo da filla e este esforzábase en caerlle ben á nai porque a filla era a súa moza  e xa se sabe. Chocoume que a filla sempre empezaba falando […]

Martita Riverita e os malos escritores

Posted: Venres, Febreiro 7th, 2014 @ 7:33 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en Martita Riverita e os malos escritores

A min igual me gustaba FACHADOLIDE en lugar de Valladolid, si, mais  na vida sempre hai que saber respectar porque do contrario a sociedade convértese nunha selva contraria a calquera principio de civilización.  “Que no me toque mucho las narices, que empiezo a decir Rianjo”, soltou na rede social esa onde tanta xente se arrepinte […]

a orixe da inxustiza

Posted: Mércores, Febreiro 5th, 2014 @ 7:27 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en a orixe da inxustiza

Se cadra hai algo de depravado en min. Mira que non haberá atractivos temas por aí adiante, e eu vou recuncar nun tan cinsento como é a linguaxe xudicial, que en definitiva ven sendo como pegarlle un repaso a certas cousas da vida xudicial. E escribo esta anotación, coma a anterior, porque a lectura desta […]

conto lingüístico sobre a morte por democracia

Posted: Martes, Setembro 24th, 2013 @ 9:22 p.m. in LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en conto lingüístico sobre a morte por democracia

Chegaron na solporecida, coma os que chegan seguros de si mesmos e de que o asunto hai que resolvelo con decisión e no menor tempo posíbel. Eran conscientes de que algúns non vían con bos ollos aliviar definitivamente as dores da nai cunha píldora que lle procurara o eterno descanso. Ferreiro, por exemplo, era destes, […]

lingua, política e medo

Posted: Venres, Setembro 13th, 2013 @ 1:46 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en lingua, política e medo

  Escribo esta anotación nunha paréntese do texto para a presentación de hoxe, en Esteiro, do libro da María Xesús. Porque me entrou medo. Explícome. Cando escoito ou leo as manifestacións orais, as mensaxes, os textos que determinadas persoas do Parido Popular emiten, cáeme a alma ao chan. Non porque esgriman posicións políticas contrarias á […]

dime que te emociona e direiche quen es

Posted: Martes, Setembro 3rd, 2013 @ 5:49 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, LINGUA | 1 Comment »

Estaremos de acordo en que a emoción, a capacidade emotiva, é algo moi querido ao ser humano. Desde sempre, xa os antigos gregos se fixaran niso. A catarse, no fondo non é máis que un tipo de emoción, e o propio Aristóteles o sabía. Tamén, desde sempre foi combatida, pois está moi próxima á paixón […]

insidias, libros, e pecados

Posted: Martes, Xuño 4th, 2013 @ 6:02 p.m. in LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en insidias, libros, e pecados

Ou algo máis ca insidias, bastante máis. Comezaba o día, ía cara ao traballo, e no faladoiro ese que teñen pola mañá na Radio Galega, despois das noticias, a iso das 8,30, os faladores falaban da visita do presidente Mújica. Que facían? Recoñecer que é un presidente distinto, con moitas razóns por detras, e desvinculalo […]

a cultura non é o que me saia dos collóns

Posted: Martes, Maio 7th, 2013 @ 8:13 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en a cultura non é o que me saia dos collóns

…”teño moi claro que non por falar un idioma ou outro se é mellor ou peor.” Deica aquí concordo. Mais despois segue: “Cada pai educa os seus fillos como cre convinte e non polo feito de vivir en Galicia se ten que educar os fillos en galego. Non é a vergonza da lingua porque todas […]