ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

o libro máis perdido da historia e a música das esferas

Posted: Venres, Maio 2nd, 2014 @ 6:17 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en o libro máis perdido da historia e a música das esferas

Aquela vez, desde que Vicente Araguas puxo no correo o paquete con aquel libro, pasaron case dez nos até que entrou na miña casa. Non lembro o título e non o teño agora comigo e non me preocupei de saber se algún outro se perdera durante máis tempo. Púxenme a elo e acabouse. Mais hoxe […]

os candados da realidade

Posted: Venres, Marzo 28th, 2014 @ 6:55 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en os candados da realidade

Deambulo pola semana mentres trato de establecer o tema en que asentará esta anotación. Quédanme sobre todo as palabras dun alumno meu, Damián, 2º ESO, despois de ler o Recinto gris de Ledicia Costas. A Damián gustáralle moitísimo, non perdeu ocasión de dicirmo e despois de contarllo á María Xosé, a miña compañeira de departamento: […]

os egos e as mafias na cultura

Posted: Luns, Marzo 10th, 2014 @ 3:33 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | 1 Comment »

A cultura, e dentro dela a literatura,  presta múltiples servizos á hora da conformación da personalidade; concretamente é daspoucas cousas que contribúen á (re) configuración da personalidade xa en edultos. Mais tamén é un nicho moi propicio para a o cultivo de egos desmedidos. Exemplos hai moitos máis dos que cabería desexar.  A min non […]

mafias culturais e mafias anticulturais

Posted: Xoves, Febreiro 20th, 2014 @ 7:29 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en mafias culturais e mafias anticulturais

Se as mafias en si son un dos fenómenos máis preocupantes da sociedade porque inutilizan calquera forma política en nome dunha fidelidade que só ten algunha semellanza coa ditadura, e ademais tal fidelización lógrana desde a intimidación e o impedimento de calquera tipo de comportamento individual previamente non aprobado pola chefía mafiosa. As mafias culturais […]

relacións entre a xustiza e a literatura, coa sociedade como testemuña

Posted: Martes, Febreiro 4th, 2014 @ 7:14 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 1 Comment »

A sociedade, e sobre todo os axentes sociais, deberían preocuparse máis polos temas que son tratados na literatura e como estes son tratados. Tanto a súa ausencia como a súa presencia son tremendamente significativos, pois expoñen as relacións que a sociedade mantén tanto coas cousas, como coas persoas e os entes por estas creados. Mais, […]

aínda seguimos aquí ( os libros e a literatura)

Posted: Venres, Decembro 20th, 2013 @ 3:22 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS | Comentarios desactivados en aínda seguimos aquí ( os libros e a literatura)

Se a literatura é o grande milagre da humanidade, créanme que máis milagre é que sobreviva neste contexto de imbecilidade, da demencia das mentes opacas, de vulgaridade transformada en obxecto de culto que nos rodea. Pode entenderse esta anotación á luz da que onte escribía formulando preguntas que xogaban con títulos de libros. Pode. Porque […]

a poesía e a revolución

Posted: Xoves, Novembro 28th, 2013 @ 7:46 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en a poesía e a revolución

Platón xa viu os perigos da poesía, e non dubidou en arrecantala. Desde entón a hoxe, a poesía, en concreto, a literatura e a cultura, hiperonimia in extenso crecente, non deixan de ser albo preferido da política e da relixión, constituíndose nos seus encarnizados detractotes. E por que?. Que mal fan a poesía, a literatura […]

sobre a boa literatura, o best-seller e a supervivencia

Posted: Mércores, Setembro 25th, 2013 @ 6:37 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en sobre a boa literatura, o best-seller e a supervivencia

A equiparación entre best-seller e boa literatura non sempe é posíbel, máis ben poucas veces é factíbel. Porén tampouco se pode rexeitar así polas boas, ás veces pasa. Para que iso aconteza ten que se producir que a boa literatuta sexa accesíbel a un grande número de lectores, ou que un grande número de lectores […]

a política e a literatura como discursos deshumanizantes ou humanizantes

Posted: Xoves, Setembro 5th, 2013 @ 5:49 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en a política e a literatura como discursos deshumanizantes ou humanizantes

As fronteiras que delimitan sensación, emoción e sentimento son tan difusas que levan a que os estudos non poidan ser tampouco suficientemente claros. Se comprobamos unha defiición -unha definición non especializada, que sempre é mais restrinxida-  de  sensación, axiña comprobamos que aparecen  outros conceptos relacionados: impresión, emoción ( a seguinte palabra da nosa listaxe) e […]

proselitismo, demagoxia social e literatura

Posted: Xoves, Xaneiro 10th, 2013 @ 6:41 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en proselitismo, demagoxia social e literatura

Proselitismo, que palabra máis fea! Na miña memoria persoal quedan os esforzos do OPUS por inserirme entre os seus membros, a arañeira de discursos cos cales Fermín tentaba convencerme ( e non o facía de mala fe). Para moit+s esta palabra, proselitismo, está asociada a cousas semelllantes. Os esforzos da ditadura pr convencernos das súas […]