ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

o intrusismo na narrativa

Posted: Martes, Abril 17th, 2012 @ 5:46 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en o intrusismo na narrativa

O grande mal do século XXI, na narrativa, non outro senón o mesmo que caracterizou as décadas finais do XX: unha preguiza, descoido ou desatención á hora de redactar que me resulta inaturábel. Sinxelamente. Inaturábel. Cal é a súa causa? Desde  a miña óptica, e sen exclusividade, nin moito menos, o primeiro onde hai que […]

a lección de María

Posted: Martes, Marzo 27th, 2012 @ 6:24 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en a lección de María

María é boa alumna, e boa lectora, nunca se nega a a ler nada e sempre ten interese por ler. María, xa o comentei nesta Ferradura, deixoume fondamente preocupado. Estaba lendo a Celso Emilio Ferreiro ( Longa noite de pedra) e díxome que non o entendía. Antes de continuar, pouco, e anecdótico, tiña lido María […]

mito, BNG e medias

Posted: Venres, Novembro 25th, 2011 @ 5:36 p.m. in manipualción informativa, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en mito, BNG e medias

Ando mirando cousas sobre o mito.  Curiosamente é un tema no que teño as ideas moi claras. Ainda que foi algo moi pouco tratado alá desde os inicios do XX, e con ser un tema extraordinariamente importante tanto no eido literario como no filosófico. Dous eidos extraordinariamente importantes no relativo ao coñecemento humano, e sen […]

na hora da verdade

Posted: Mércores, Novembro 2nd, 2011 @ 7:46 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en na hora da verdade

1 -Papá, veña, que hai que botar as vacas, que son moito horas! -Cala e senta rapaz, que o libro das corenta páxinas está aberto e non se pode deixar a medias. As vacas xa xa comerán, agora ou máis tarde, leite pró almorzo hano dar igual… 2 A pregunta xa non é cando rematará […]

máis literatura, menos PP e LVG

Posted: Venres, Setembro 10th, 2010 @ 11:57 a.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en máis literatura, menos PP e LVG

Non o dubiden, o xogo perverso coa lingua, se non é de orixe literaria, debe ser condenado. Xa o dixo o outro, hai quen entende a lingua non como nobre instrumento de comunicación senón como vil instrumento de engano. Porén, é para máis, quen precisa a lingua como vil instrumento de engano… é porque non […]

ladrillos, Quixotes e unha pregunta insidiosa

Posted: Xoves, Maio 6th, 2010 @ 10:39 a.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en ladrillos, Quixotes e unha pregunta insidiosa

Desde que son docente, cada ano non paro de tentar novas estratexias á hora de impartir aulas de literatura. Sobre todo, a lingua permite un abano moi amplo de recursos pedagóxicos. No remol deste artigo de Rosa Montero, lembro como alá por finais dos 80, adoitaba comezar as explicacións pola literatura actual porque o alumno […]

tempo de ilusión

Posted: Mércores, Abril 28th, 2010 @ 10:34 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, manipualción informativa, MENTIRAS NOS MEDIOS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en tempo de ilusión

Andamos todos, ou case todos, cun trebello no pulso que nos indica cando temos que facer as cousas. A nosa dependencia do tempo é tan absoluta que da puntualidade depende boa parte da nosa satisfacción vital; o mesmo feito non ten o mesmo valor se o fas dez minutos despois de que vencera o prazo. […]

inseguranza (cine e literatura)

Posted: Martes, Abril 27th, 2010 @ 6:12 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, sétima arte | Comentarios desactivados en inseguranza (cine e literatura)

Lendo esta segunda entrga de O Brindo de ouro, atopo que o clima de inseguranza en que viven as personaxes é tal que ameaza a estabilidade da lectura. Cando menos polo momento, e ando perto da metade da novela, son poucas as seguranzas das que poden botar man as personaxes para tirar para adiante. Seméntanse […]

novela, vida, lectura

Posted: Mércores, Febreiro 10th, 2010 @ 4:26 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en novela, vida, lectura

Hai novelas que reflicten, coma fotogramas ou fotografías, o que é e como é a vida. E hai  lectores que se apaixonan desa maneira de contar. Son lecturas simples, accesíbeis e inmediatas. Tamén hai unha literatura, chamémoslle, do non inmediato. Unha literatura que responde aos mesmos interrogantes antes vistos. Mais faino mediante a interposición dunha […]

a Idade Media e a desalienación intelectual

Posted: Martes, Novembro 17th, 2009 @ 12:01 p.m. in Sen clasificar | Comentarios desactivados en a Idade Media e a desalienación intelectual

A Idade Media, xa de pequeno, era para min un  tempo fascinante. Atraíame con esa atracción irracional, visceral, abismal. E cáusame unha fonda tristura dicir o que vou dicir, que non é outra cousa que esta: unha significativa parte do que sei da Idade Media tiven que aprendelo por min mesmo, non mo transmitiu o […]