ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

crítica de O ÚLTIMO DÍA DE TERRANOVA

Posted: Xoves, Decembro 3rd, 2015 @ 7:40 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | 2 Comments »

MANUEL RIVAS, DE NOVO Título: O último día de Terranova Autor: Manuel Rivas Editorial: Xerais Quédanos a esperanza de que Manuel Rivas non quixo titular “o derradeiro día de Terranova”, e quizá fique algo da mítica Terranova en calquera outra libraría, en calquera outra xeografía, habitada polos libros, que dera resisitido o terríbel ataque da […]

recuperando literatura: TODO É SILENCIO

Posted: Martes, Setembro 9th, 2014 @ 5:21 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA | Comentarios desactivados en recuperando literatura: TODO É SILENCIO

Hoxe recuperamos a novela de Manuel Rivas Todo é silencio. E quero sinalar algo moi importante: hoxe por hoxe, recuperar literatura antóllaseme algo especialmente útil. Non o digo por enxalzar o que fago nesta Ferradura, senón en propio interese do lector, ao cal a voráxine do impacto editorial brevísimo no tempo priva de lecturas realmente […]

o PP e as tentativas de canonización literaria

Posted: Sábado, Outubro 19th, 2013 @ 11:32 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en o PP e as tentativas de canonización literaria

A relación do PP coa literatura é historicamente a crónica dunha incomprensión. A literatura remove conciencias e iso non lles entra na cabeza ás xentes do PP, que precisamente non saben nin queren atopar razóns nese/para ese remover de conciencias. Historicamente o PP, a dereita, fica á marxe desde a súa incomprensión, a menos que […]

o sabor dos libros

Posted: Xoves, Xuño 20th, 2013 @ 8:23 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en o sabor dos libros

As cousas pasan así. Se Carlos G. Reigosa me obrigou a trasnoitar varios noites desta semana-non é demasiado o que ten que dicir, de información para min nova, n´A Galicia máxica de García Márquez, mais cóntao tan ben!- e van agora e entran na miña cas catro títulos novos de Espiral Maior. Claro, é motivo […]

a narrativa bravú e o neocostumismo urbano

Posted: Xoves, Abril 4th, 2013 @ 8:16 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | 2 Comments »

Narrativa bravú e neocostumismo urbano ou semiurbano son dous conceptos que asimila o libro de texto ese de xa teño falado -e tampouco será esta a derradeira vez. Concretamente di, comeza así: “A narrativa enmarcada nun neocostumismo -algúns críticos sitúan esta dirección canda a chamada narrativa bravú, que procura centrar o seu interese na dialéctica […]

as marabillas do mundo a redor de Manuel Rivas

Posted: Luns, Decembro 3rd, 2012 @ 1:57 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | 2 Comments »

Título: As voces baixas Autor: Manuel Rivas Editorial: Xerais É, a nova novela de Manuel Rivas, unha obra de madurez, non porque se escriba desde a idade onde a experiencia é de cabelos albos, senón porque representa unha madureza formal que é o vértice, o eixo que fai posíbel que a redor del xire todo […]

As voces baixas: momentos selectos

Posted: Martes, Outubro 30th, 2012 @ 6:35 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en As voces baixas: momentos selectos

Hai 36 páxinas antes do primeiro, 122 entre o segundo e o terceiro, restan 47 para o remate. Todas igual de intensas. Non é doado escoller, Manuel Rivas mantén o clima da narración con auténtica mestría, ese clima que preña sempre as súas obras: comprensivo, reivindicativo, épico, humilde, lírico, orgulloso. Porén estes tres fragmentos chegáronme […]

a realidade e a ficción, entre Manuel Rivas e A.N. Feixó

Posted: Domingo, Outubro 28th, 2012 @ 8:26 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en a realidade e a ficción, entre Manuel Rivas e A.N. Feixó

Son aínda ben delas, as cousas que me quedaron no tinteiro unha vez rematada a críticia: 1072 palabras, máis grande do habitual nas miñas. Unha delas, por exemplo, que nin mentei porque xa sabía que de facelo me iría o tamaño en desmesura, é o uso de fotografías. O uso de fotografías para ilustrar a […]

primeiro contacto con As voces baixas

Posted: Mércores, Outubro 24th, 2012 @ 5:54 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | 1 Comment »

Xa aviso: primeiro contacto, si, mais no primeiro contacto devorei a metade da novela. Aínda sabendo que a mina obriga como crítico é ir tomando notas segundo vou lendo, entra tan tan dentro esta As voces baixas que o único en que pensaba era en pasar páxinas. É só desde esta mañá que me impuxen […]

sobre INDETERMINACIÓNS e EXTREMISMOS

Posted: Xoves, Outubro 18th, 2012 @ 6:06 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en sobre INDETERMINACIÓNS e EXTREMISMOS

Non, non son boas a indeterminacións, non é bon non saber con quen falas, non é bon  non saber quen tes á túa beira. Non é bon, recoñézoo. A min pásame, cando non teño un título planificado para ler determinada semana…remato por facer dúas ou tres lecturas. Xa me aconteceu a semana pasada, comecei cos […]