ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Manuel Rivas ,MIguel Sande e a nova lectura

Posted: Luns, Novembro 14th, 2011 @ 5:51 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en Manuel Rivas ,MIguel Sande e a nova lectura

A) As cantigas medievais están ecritas en códices e cancioneiros. B) A xente que vai aos enterros das palabras viaxa en autobuses vermellos Hoxe pola mañá contáballes, aos meus alumnos, que o reto meirande non é afacelos a ler novelas ou poesía ou teatro. O reto meirande é ensinalos a ler segundo as condicións da […]

as mellores novelas de 2010

Posted: Mércores, Outubro 5th, 2011 @ 11:01 a.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | 5 Comments »

Cómpre, para empezar, situar o 2010 como o dunha colleita narrativa excepcional. Volve Freixanes, máis de tres lustros desois. Coincide con Manuel Rivas. O encontro é para ter en conta e inclusive para reflexionar a cerca das respectivas andaduras. Por fin publícase unha novela detectivesca que ten como  centro o mundo do nacionalismo galego, a […]

a brétema, as palabras e os delirios

Posted: Domingo, Decembro 26th, 2010 @ 12:36 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | 2 Comments »

Incomódame fondamente toda a polémica a redor de Brétema. Marina Mayoral fai moi ben preocupándose pola súa obra, moi ben. Mais de aí a considerarse dona do topónimo Brétema vai un mundo. E considero moi inxusto que Rivas renuncie á súa Brétrema, moi inxusto e significativo  de humildade e bon talante por riba de Marina, […]

dúas excelentes ideas

Posted: Xoves, Novembro 11th, 2010 @ 6:59 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en dúas excelentes ideas

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/hza4zvhKPz4″ width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /]O booktrailer de Todo é silencio: E mais a redelibros. Unha idea fantástica. O mundo non para. A cabesiña tampouco. En galego existimos porque en galego somos. Nin Feixó e os seus boys acabrán con nós, nin tampouco LVG

Balzac, Rivas e o fracaso Borges

Posted: Luns, Outubro 25th, 2010 @ 5:07 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en Balzac, Rivas e o fracaso Borges

“Balzac hoxe escribiría algo así”. Remato deste xeito a crítica que subín nunha anotación anterior. Logo de escribir todo anterior, sentía que a crítica non estaba completa sen ese engadido. Digo que Balzac escribiría lago así porque a súa obra, inmensa, inmensa, inmensa, ten como eixo central a figura humana; toda ela non é senón […]

Wikeleaks desvela probas de torturas aos galegofalantes

Posted: Domingo, Outubro 24th, 2010 @ 12:59 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, MENTIRAS NOS MEDIOS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en Wikeleaks desvela probas de torturas aos galegofalantes

Chegando ao primeiro cruzamento: Wikeleaks desvela probas de torturas aos galegofalantes. Observen, na foto, o beatífico sorriso de Vázquez Abad o Incompetente. Somos modernos, pensa. Tan modernos que xa nin nos cómpren metralladoras, nin camuflaxes aparatosas, que para iso están os infantes da prensa, que son uns tipos caralludos, non caralludos non, de cojones que […]

paquete crítico da novela de Manuel Rivas Todo é silencio

Posted: Venres, Outubro 22nd, 2010 @ 8:04 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | 2 Comments »

Anotacións anteriores: -sobre a densidade/solidariedade das palabras de Manuel Rivas -ten que ver coa anterior, con Rivas e a sáu escrita –dramatis personae –subliñados (1) –subliñados (2) –títulos para os capítulos Crítica, a non tardar aparecerá na ANT dixital: AS ÁNCORAS DA VIDA E A PODREMIA Título: Todo é silencio Autor: Manuel Rivas Editorial: Xerais […]

subliñados do Todo é silencio de Manuel Rivas

Posted: Martes, Outubro 19th, 2010 @ 6:10 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en subliñados do Todo é silencio de Manuel Rivas

Aclaro, non fun sistemático, partindo da crenza de que quedaría moito máis por suliñar, na novela, do que fora subliñado, porén non me dei negado a salientar certos momentos. Xa subín unha anotación. Hoxe complétoa: (comentando como Lucho Malpica facía de Cristo) –Versosímil! Só falta que o maten. -E que cántico máis espantoso – dixo […]

dramatis personae en Todo é silencio de Manuel Rivas

Posted: Luns, Outubro 18th, 2010 @ 10:38 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en dramatis personae en Todo é silencio de Manuel Rivas

–Mariscal: contrabandista, certa cultura que se nota na preocupación por como fala.” Con cada dito do Mariscal, queda o campo para un” (11). Ex-seminarista. Personaxe que vai medrando segundo medra a novela porque o coñecimento del é meirande. Personaxe moi complexa. Casado con Guadalupe, perruqueira porque quería ter un oficio, chega prima donna cando morre, […]

a historia, a historia non contada e a historia mentida

Posted: Domingo, Outubro 17th, 2010 @ 1:24 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 1 Comment »

Veño de rematar de ler Todo é silencio. O que vou escribir ten que ver con ela, naturalmente. Con esa ficción novelesca en pretensión de que reflexionemos sobre a vida, sobre a vida que vivimos, concretamente. Reflexionar, e se chegas a algún acordo, moito mellor. Pouso o libro e abro o correo. No correo, Comandante […]