ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

cultura, cultura política

Posted: Martes, Xuño 11th, 2013 @ 6:41 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en cultura, cultura política

Por moito que un queiran, por moito que traten de arredar a cultura deica convertela nunha illa, nun gheto vivencial propio de xentes raras (das que tantas veces se insinúa viviren en desconexión coa realidade), o único certo é que quen manifesta desconexión coa realidade son aqueles que pretenden afastarse da cultura e afastar a […]

falemos de María

Posted: Mércores, Febreiro 6th, 2013 @ 6:51 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en falemos de María

Liberdade, sen liberdade de pensamento nin liberdade de expresión, non é liberdade senón fraude. Vida sen liberdade non é vida senón días prestados para maior proveito de quen pode comprar a liberdade. Porque a liberdade cómprase, diso non hai dúbida. Que llo vaian dicir a Bárcenas. Que llo digan a Méndez e os que estafaron […]

outro gazapo do PP coa lingua

Posted: Martes, Xullo 17th, 2012 @ 10:59 a.m. in LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en outro gazapo do PP coa lingua

Que o PP odia a cultura nótase nos deu desprezo pola lingua. Aínda foi onte o caso do Códiche de Mariano “El Corto”. Aínda foi onte o da CosPPedal, que tamén lles comentei aquí, nesta ferradura, o do saqueo. E na lembranza temos as Carmiñas Buranas, dos tempos de Fraga. E chegan agora os Negreira boys […]

o segundo roubo do Códiche, a linguaxe belicista na prensa/petición

Posted: Luns, Xullo 9th, 2012 @ 6:13 p.m. in LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en o segundo roubo do Códiche, a linguaxe belicista na prensa/petición

Máis dunha vez teño escrito sobre o uso nos media de linguaxe belicista, tan frecuente, e gratuíta pois non resulta imprecindíbel. Co asunto da recuperación do Códice Calixtino, isto volveuse poñer de manifesto. O Códice Calixtino, que desde agora deberiamos chamar Códiche, en lembranza da incultura do Presi Raxoi. E nin tampouco, neste asunto, é […]

cultura, crise e culpabilidades

Posted: Venres, Outubro 14th, 2011 @ 1:02 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en cultura, crise e culpabilidades

Vou farto de escribilo. Moito se debate, nestes tempos, a cerca da economía, nestes tempos nos que a empresa privada ousa poñerlle nota aos países, nestes tempos ESPAÑA SA, FRANCIA SA, GRECIA SA, REINO UNIDO SA…, nestes tempos inflados de desemprego, nestes tempos de regresión nas condicións laborais, nestes tempos en que o capitalismo reclama […]

Ledicia e esperanza

Posted: Domingo, Xullo 11th, 2010 @ 11:45 a.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en Ledicia e esperanza

Día como hoxe, despois da mani de onte en Catalunya, é día de ledicia e esperanza (moito máis nesta euforia españolista en que está derivando o mundial furboleiro- polo correo chegoume un horripilante desfile de nenos disfrazado de garda civil…) para os epíritos, espíritos humaqnistas e valentes, que aínda cremos no progreso e nunha sociedade […]

anecdotario e futbolario

Posted: Mércores, Xullo 7th, 2010 @ 3:53 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en anecdotario e futbolario

Mentres escribo estou escoitando o empalagoso canto españolista con que os mass regan os nosos oídos. A este paso, vai facer o fútbol o que non conseguiron tantas guerras politiqueiras, a ocupasción definitiva de España polos ideais dos RRCC. Antes de pasar a relatarlles o suceso anecdótico que hoxe vivín, non quero continuar sen deixarlles […]

o camiño por andar

Posted: Venres, Xuño 25th, 2010 @ 10:15 a.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en o camiño por andar

Unha análise social medianamente fonda sen dúbida ha concluír que vivimos unha sociedade na que os interlocutores sociais están moi desacreditados. Prensa e partidos políticos son dous peares básicos da democracia, porén tanto uns como outros viven momentos de credinilidade moi baixa. Hoxe esperto lendo esta reportaxe, na que se fala dunha vella teima miña […]

políticos e medios de m…

Posted: Venres, Marzo 12th, 2010 @ 6:18 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en políticos e medios de m…

A hipocrisía dos medios de comunicación españois, por moi afeito que un está, non deixa de abraiarme. Escandalízanse porque unha muller, inmigrante, se fixo pasar por vítima do 11-M. Vén no El InMundo de onte, primeira plana, dedícanlle editorial e artigo ( onde se contrapón, versión escarnio laig, esta actitude a dun militar), páxinas 4 […]

a mentira dialéctica

Posted: Mércores, Febreiro 10th, 2010 @ 11:27 a.m. in MENTIRAS NOS MEDIOS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en a mentira dialéctica

O malo das plumas mercenarias, o malo son moitas cousas as que poñen a un enfermo. Por exemplo, tanto reclamar diálogo sobre as Bases do contradecretazo señorito ( xa sabemos o que para eles significa a palabra diálogo: monólogo autoritario) e agora van  néganse a dialogar e os lambecús francotiradores nin pío. Por exemplo, que […]