ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

valor do exemplo Manuel Faltita

Posted: Mércores, Abril 24th, 2013 @ 8:00 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en valor do exemplo Manuel Faltita

“Se neste pais non te chaman facha, non es ninguén”. Dío Manuel Faltita, póñollo así porque seguro que non se incomoda, total el é defensor do dereito individual, non do colectivo, e como eu teño todo o dereito do mundo pois vou e fágoo. Dereito e razón tamén, porque a este defensor do dereito individual, […]

culpa, lectura, honradez

Posted: Luns, Febreiro 18th, 2013 @ 2:33 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en culpa, lectura, honradez

Asusta, moito, moito, que a xente poida crer que a corrupción é algo inherente á clase política. E aínda maís, que a corrupción sexa algo inherente á propia consubstancialidade humana. Que a corrupción sexa un mal necesario. Para os que cremos na persoa, no xénero humano, esta concepción que o PP loita por instalar na […]

DECLARACIÓN UNILATERAL DE INDEPENDENCIA!

Posted: Venres, Setembro 21st, 2012 @ 5:25 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en DECLARACIÓN UNILATERAL DE INDEPENDENCIA!

Lembremos as 10 estratexias de manipulación mediática de Chomsky. Todo parte destas catro palabras: DECLARACIÓN UNILATERAL DE INDEPENDENCIA. Calquera declaración de independencia sempre é/foi unilateral. Porque se a outra parte acepta a proposta de independencia hai que falar de acordo e entón desaparece calquera unilateralismo, ou non? Porén as forzas centralistas, a través dos media, […]

perante a chegada do segundo prestige, aviso para incautos

Posted: Venres, Decembro 30th, 2011 @ 9:21 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en perante a chegada do segundo prestige, aviso para incautos

Hai nove anos, nove. Naquel 2002. O que o hoxe preside o goberno do estado español, daquela metía a gadoupa deica o fondo cos famosos hilitos de plastilina. Chamoume a atención que durante a campaña electoral non se lle lebrara con insistencia e convicción. Éme moi difícil entender, moi difícil, que non se fixera. A […]

cando Franco volveu resucitar

Posted: Mércores, Decembro 28th, 2011 @ 4:34 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en cando Franco volveu resucitar

Hai unha cousa que me indigna. Que foi moita a xente que perdeu a vida, que perdeu todos os seus haberes, que perdeu o seu traballo, que foi encarcerada, que foi obrigada a marchar ao exilio, que foi socialmente marxinada e perseguida a causa de ter outras ideas… Hai esa cousa que me indigna e […]

da indignación á non-historia

Posted: Mércores, Decembro 7th, 2011 @ 6:41 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, MENTIRAS NOS MEDIOS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 2 Comments »

Se digo que non me sae da cabeza o da campaña orquestrada contra o independentismo galego, despois da longa anotación anterior, a ninguén sorprenderá. É así, a tal punto, que me custa tarballo desenvolver os actos cotiáns, como se foran dúas cousas distintas, dous mundos distintos.Máxime hoxe, despois da “broma” de Lugo. Ser, será borma, […]

o sentidiño e o noxo

Posted: Xoves, Decembro 1st, 2011 @ 6:19 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en o sentidiño e o noxo

Nas pasadas eleccións, o PP utilizou o reclamo do sentido común para achegar votos seus ás urnas. Idependentemente do paradoxo de que reclame sentido común o partido que menos o utiliza, esta sociedade, esta cultura, inza de exemplos onde o sentido común brilla pola súa ausencia…e sempre con finalidade partidista e de control social. Un […]

censura: o que non nos queren dicir do estudo do CIS

Posted: Mércores, Novembro 9th, 2011 @ 9:14 a.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en censura: o que non nos queren dicir do estudo do CIS

Revisei o estudo do CIS, pregunta a pregunta. Del extráense conclusións que os medios nin mentan. chamativas conclusións. Por exemplo estas: 1) A política interésalle POUCO ou NADA ao 66, 7 % dos españois. 2) O 45,1% nunca fala de política cos amigos, familiares etecé… (Porque será?) 3)O 78, 2% dos españois considera mala ou […]

Proust, cabrón, isto vai para ti…

Posted: Martes, Outubro 25th, 2011 @ 5:36 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CHISTES MULEIRO-PARROTA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 1 Comment »

Para que escribiches Na procura do tempo perdido, se ti sabías que esa procura é tempo perdido. Sabíalo ben sabido porque ti experimentáchelo en experiencia propia, toda a túa vida foi a fracasada tentiva de apreixar o tempo, de retorcer a  liña temporal deica mirala fronte túa coma se estivera a carón. O único que […]

existe un verdadeiro interse pola educación?

Posted: Sábado, Setembro 17th, 2011 @ 2:50 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS | Comentarios desactivados en existe un verdadeiro interse pola educación?

A calidade no esnino dunha comunidade é un índice moi claro da calidade de vida e da propia autoestima desa sociedade. Desde onde se interpretan as súas posibilidades de futuro. En xogo está a capacidade do cidadán para o seu desenvolvemento como persoa, para a súa realización como persoa. Esta pregunta debe ser central na […]