ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

non estamos sós, crítica da máquina de fazer espanhóis

Posted: Xoves, Setembro 16th, 2010 @ 10:41 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en non estamos sós, crítica da máquina de fazer espanhóis

Se polos xuíces fora desaparecerían todas as linguas do muno ( se cadra, así evitaban máis acusacións de usaren unha lingua de sintaxe escurantista, absolutamente esquizofrénica). Poñer a lingua ao amparo dos xuíces, é como agardar que chova no deserto. Non atopan que o galego estea en perigo, e permiten que só o 12% das […]

cando saen os pallasos?

Posted: Xoves, Xuño 10th, 2010 @ 4:26 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en cando saen os pallasos?

Viña conducindo, viaxe de regreso antes de, esta mesma tarde, logo dunha paradiña na casa para escribir isto, seguir viaxe a Compostela, que mañá teño xornda dos Clubs de Lectura, onde contarei a miña experiencia, que, en remuno, me permite dicir coa cabeza moi alta: os meus alumnos len (e moito). É, o conto, que […]

avaliación de diagnóstico e outras cousas

Posted: Venres, Xuño 4th, 2010 @ 10:12 a.m. in Sen clasificar | Comentarios desactivados en avaliación de diagnóstico e outras cousas

Veño de coñecer os resultados da, xa aquí comentada, Avaliación de Diganóstico. E non paro de alucinar. Polo que respecta ao centro onde traballo, os resultados son moi bos, moi-moi bos. Estamos por riba dameid galega en todo. Para min era algo agardado. Hai máis de 1o anos que poderei o claustro de porfesores  do […]

especulando a actualidade

Posted: Xoves, Maio 27th, 2010 @ 7:58 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en especulando a actualidade

– o primeiro que che vén aos ollos é o cesamento do Secretraio Xeral de Educación, e hai que concordar con co deputado socialista afirmando que a quen tiña que cesar Feixó o Atrasador…era o outro Vázquez -e sería por non estar de acordo co decretazo señorito? E sería por non ter elaborado o famoso […]

LVG entrevista a un idiota

Posted: Domingo, Maio 23rd, 2010 @ 11:40 a.m. in LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 1 Comment »

“O decreto do plurilingüismo xa non ten volta atrás”. Para empezar, tolleremos as ás de quen se sinta mobilizado por esta problemática. E non é certo. Nesta vida todo ten remedio menos a morte. “fóra do ensino hai ámbitos nos que pode acadarse consenso cos tres grupos políticos”. Si, mais ningún ten a trascendencia do […]

a ironía ao sol

Posted: Venres, Maio 21st, 2010 @ 10:37 a.m. in LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en a ironía ao sol

En días tan soleados coma hoxe, parar mentes na política xa parece un crime. Feixó o Atrasador pedindo eleccións anticipadas a nivel estatal, cando o propio Feixó é un político simplón, torpe e, iso si, moi engreído, moi pagado de si  mesmo, practicante dunha política de confrontación social xustificadora de paranoias elitistas. Viron ironía? O […]

El País, La Voz de Galicia e a censura

Posted: Xoves, Maio 20th, 2010 @ 10:32 a.m. in LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 3 Comments »

É, para esta Ferradura, unha honra poder servir de plataforma desde a cal difundir as palabras secuestradas de Silvio Rodríguez. Aló polo 15 deste mes, Silvio enviaba un artigo a El País, a raíz da Plataforma para democratizar Cuba, montada por Vargas LLosa, Rosa Montero, Almodóvar. Poñamos, de paso, a respota de Willy Toledo. Resposta […]

máis impresións

Posted: Martes, Maio 18th, 2010 @ 7:32 p.m. in LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 4 Comments »

*A inquedanza feixoana, o nerviosismo, debe ser grande, bastante grande. Dáme por pensar que nunca até agora se sentiu tan só, e que GB máis que un acompañante na cruzada contra o galego…é un lastre social que hipoteca o PP de tal xeito que non lle deixa saída…despois de sinalarlle un camiño que toda a […]

fábula desfabulada

Posted: Sábado, Maio 15th, 2010 @ 10:59 a.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA, VARIA NATURA | Comentarios desactivados en fábula desfabulada

Certo día aí atrás que foi antonte ou así, atopábase Aym en concorrencia plenaria cando, porque estas cousas pasan, nun súpeto sentiu que o roubaran. Como persoa de proceder racional que se ten, Aym, repasou unha a unha as súas pertenzas, achando que, efectivamente así fora. Fresco aínda quedara, no seu peto, o rastro da […]

mentecatoineptomaltratadorcatroollos

Posted: Venres, Maio 14th, 2010 @ 6:14 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en mentecatoineptomaltratadorcatroollos

Serían por aí as 14,30 cando aos meus oídos chegou a voza afectada (de neno ao que lle veñen de rifar), plumífera( pre-mulleiril), como castrati repudiado inxustamente…do ppetimetre que seica é conselleiro de educación ( así, minúsculas)… Os esforzos da RG por deixar en bon lugar a Xavier Vázquez O Inepto…supoño que o PP os […]